Novas recentes
Incluirá concursos de poldros, eguas e sementais de Pura Raza Española, Pura Raza Árabe, Pura Raza Galega e cruzados // Carmina Bustelo afirma que o espectáculo de doma paraecuestre demostra “que non existen barreiras na hípica” // O Concello de Padrón acollerá a tradicional Feira Cabalar o vindeiro 17 de abril, Domingo de Pascua, toda unha mañá de eventos e exhibicións arredor do cabalo. A Feira Cabalar, unha das citas máis atractivas da programación, celebrarase no Campo da Barca cun programa de actividades que conta coa colaboración da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega e Concursos Hípicos…
Anuncio de adxudicación das autorizacións de uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua dos anos 2022 e 2023. O anuncio pode consultarse picando neste enlace.
O cambio de pavimento con pedras de cantería compleméntase coa renovación de acometidas e pluviais Continúan agora coa mellora nas redes de abastecemento e saneamento na rúa Traviesas A Consellería de Emprego e Igualdade financia con 346.946 euros a formación de 20 persoas dos tres concellos da comarca do Sar O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, supervisaron o remate das obras realizadas polo alumnado do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2021, que veñen de colocar unha nova pavimentación na rúa Ferreiros e a súa comunicación ata a rúa…
Un tributo a Queen e o arranque da xira da Panorama inclúense nun completo programa musical para todas as idades // Ás competicións de xadrez, tenis, fútbol ou chave, únense a Carreira Popular, a Clásica ciclista e a velada de boxeo // “Padrón ten ganas de Pascua, que é un motor económico para o municipio, e nós organizámola con moita ilusión”, di o alcalde, Antonio Fernández // Padrón recupera as Festas de Pascua tras dous anos de parón obrigado pola pandemia cun programa que se desenvolverá ao longo de case todo o mes de abril e dirixido a todo tipo…
Anuncio de licitadores admitidos e excluídos e de realización do acto público de apertura dos sobres B denominados "Oferta económica" no procedemento convocado polo Concello de Padrón para a adxudicación das autorizacións do uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua 2022-2023. O anuncio pode consultarse picando neste enlace.
A Carreira Popular de Pascua abre a inscrición para a súa 41 edición, que se desputará o 16 de abril
Repartirá medallas entre todas as persoas participantes, trofeos para os primeros clasificados e premios en metálico para os mellores clubes // A saída tomarase de xeito gradual dende a Praza de Macías a partir das 10.45 horas // Contará con doce categorías para todas as idades e poden participar atletas federados ou non // A proba absoluta iniciarase ás 12.00 e cubrirá un circuíto de 13,3 quilómetros // A Carreira Popular de Pascua abre hoxe, e ata o 13 de abril, a inscrición para a súa 41 edición. A proba, na que competirán atletas de todas as idades, desputarase o…
As tertulias clandestinas, gratuítas, desenvolveranse o sábado pola mañá no convento de Herbón // Seis restaurantes de Padrón ofrecen os menús lampreeiros a un prezo único de 40 euros // As oitavas xornadas gastronómicas da lamprea de Padrón continúan a vindeira fin de semana cunha nova edición das tertulias clandestinas, conversas informais que xirarán arredor do aprezado manxar do río Ulla, e os menús lampreeiros que poderán degustarse en seis restaurantes da vila. As tertulias clandestinas da lamprea desenvolveranse o sábado a partir das 10.45 horas no convento franciscano de Herbón, precisamente o lugar que inspirou esta iniciativa de charlas…
O alcalde, Antonio Fernández, visitou hoxe a zona coa directora xeral de Administración Local // Os traballos de soterramento do cableado e os novos pavimentos e luminarias foron financiados cunha achega da Xunta de 38.600 euros // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, inspeccionou hoxe as obras de mellora ambiental desenvolvidas no lugar da Ponte na compaña da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e que supuxeron un investimento de 38.600 euros aportados pola Xunta de Galicia. Os traballos dedicáronse á limpeza, á recuperación e ao acondicionamento da contorna da ponte que une Padrón con Pontecesures, xunto a…
As inscricións chegaron de moitas partes de Galicia, dende Baiona a Pontedeume // Novidosas propostas para cociñar o manxar do Ulla conquistaron aos comensais // Éxito de participación tamén nos concursos gastronómicos de menores, que elaboraron burguers de lamprea // As oitavas xornadas gastronómicas da lamprea de Padrón iniciáronse a pasada fin de semana con gran éxito de público nas distintas actividades. A cata maridaxe pendurou o cartel de prazas esgotadas ao pouco de facerse pública a convocatoria e tamén gozaron de gran predicamento os obradoiros de cociña para persoas mozas e miúdas. A grande aceptación que tivo a degustación…
Aprobada por Turismo, a declaración deberá ser ratificada agora polo Consello da Xunta // O alcalde, Antonio Fernández, apela ao traballo ben feito e confía en que a gran celebración padronesa acade o recoñecemento que merece // A Xunta de Galicia vén de comunicarlle ao concello de Padrón a decisión que tomou onte o Consello de Turismo de Galicia de apoiar a súa proposta para declarar a Pascua como Festa de Interese Turístico de Galicia. Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e conselleiro de Turismo, felicitou ao alcalde de Padrón, Antonio Fernández, por este primeiro paso de cara á lograr a…