Novas recentes

Roteiros en bicicleta, xogos na piscina, multideporte e subida ao Santiaguiño do Monte, actividades centrais // A excursión ao Aquapark de Cerceda e ao parque multiaventura Galipark de Rois complementan o programa de conciliación //   Un total de 60 nenos e nenas participan na segunda quenda do Campus Deportivo organizado polo Concello de Padrón que arrincou este mércores, día 13, e que se prolongará ata o venres, 29 de xullo. Entre as actividades programadas ao longo destas dúas semanas atópanse os roteiros en bicicleta polo municipio de Padrón e a súa contorna. Estas saídas fanse cada mércores e requiren…
O programa musical, enmarcado nas Festas do Santiaguiño do Monte, celebrarase do 21 ao 25 de xullo en diferentes escenarios  ||   Vella Escola e Esperanza Mara darán o pistoletazo de saída ao cartaz con ‘Ópera Breaks’, un espectáculo que funde ópera, breakdance, beatbox e DJ  ||   A música tradicional galega virá da man de Roi Casal e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre  ||   Monolious DOP, Sebastian Black, Astray, o DJ Marcos Magán e o Gran Derbi Asnal figuran no programa  ||     O Concello de Padrón celebrará este xullo por primeira vez o Santiaguiño Fest Week,…
A vila padronesa celebrará o Día do Peregrino na igrexa de Santiago o vindeiro mércores 20 de xullo // O alcalde, Antonio Fernández, destaca o labor do presidente da Xunta na promoción do Xacobeo // O Concello de Padrón distinguirá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como Peregrino de Honra. O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, entregaralle esta distinción o vindeiro mércores, 20 de xullo, nun acto que se desenvolverá na igrexa parroquial de Santiago para celebrar o Día do Peregrino. Con esta efeméride, Antonio Fernández lembra que Padrón lle rende homenaxe aos milleiros de camiñantes que visitan a vila…
As inscricións realizaranse entre o 11 e o 21 de xullo, ambos os dous días inclusive  ||   Haberá premios de 100 €, 80 € e 60 € máis trofeo para os tres primeiros clasificados  ||   Establécese un premio especial á mellor morfoloxía dotado con 50 € e trofeo  ||   O Concello gratificará con 40 euros ao dono de cada animal participante e con 20 euros a cada xinete  ||     O Concello de Padrón vén de facer públicas as bases que rexerán o Gran Derbi Asnal 2022, unha cita senlleira que reúne edición tras edición a…
Participaron representantes de 18 países nas sesións de traballo celebradas en Cracovia no marco do programa Europe for Citizen / Antonio Fernández Angueira considera que a integración dos migrantes representa un desafío das capacidades institucionais de integración a nivel europeo /   O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, considera que a inmigración representa un desafío do desenvolvemento das capacidades institucionais a nivel europeas a medio e longo prazo. Así o manifestou durante a súa intervención esta fin de semana en Cracovia nun encontro europeo que xuntou a representantes de 18 países dentro do programa Europa for Citizen. Fernández Angueira…
As instalacións permanecerán abertas ata o 4 de setembro, en horario de 14.00 a 21.00 horas, de luns a domingo  || Establécense bonos de 20 entradas a 30 euros, para o público xeral, e de 10 euros para familias numerosas, xubilados, pensionistas e rapaces e rapazas de 14 a 17 anos || O Concello programa 3 sábados especiais para nenos e nenas de 4 a 12 anos das distintas parroquias, con servizo de autobús ||   As instalacións da piscina municipal descuberta da Escravitude (Padrón) abren hoxe as súas portas e o farán ata o 4 de setembro, en horario…
A actividade de conciliación desenvolverase no Convento de Herbón e terá temática medieval  || Os menores adentraranse nas diversas actividades da man de dous personaxes singulares: Frei Estradón e o Bardo Bernardo  || O programa, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, desenvolverase do 4 ao 17 de agosto  ||   O Concello de Padrón ven de abrir as inscricións para o Campamento Urbán 2022, que se desenvolverá do 4 ao 17 de agosto nas instalacións do Convento de Herbón. Nesta ocasión, o programa de conciliación dirixido a nenos e nenas do municipio de 6 a 12…
O peche comezará ás 08.30 do xoves 30 de xuño e está previsto que remate o venres, 1 de xullo, á 16.00 horas   O Concello de Padrón anuncia o peche ao tráfico da estrada AC-299 á altura da Trabanca, con motivo das obras de acondicionamento da vía. O corte comezará mañá, xoves 30 de xuño, ás 08.30 horas e permanecerá pechada ata o venres, 01 de xullo, ás 16.00 horas. O corte de tráfico afectarán á zona que vai desde Casa Pérez ata a Ponte do Carme. Deste xeito, os usuarios que circulen cara Padrón desde Rois pola AC-299…
O alcalde, Antonio Fernández, destaca a singularidade e importancia deste espazo verde // A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subliñou que Galicia conta con 182 pezas excepcionais do patrimonio natural de ata 79 especies diferentes // O municipio padronés conta con 9 destes elementos, 5 deles no xardín botánico-artístico //   A conselleira Ánxeles Vázquez e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presentaron hoxe no xardín botánico-artístico o libro Árbores e formacións senlleiras de Galicia, un volumen publicado pola Xunta que recolle 182 pezas excepcionais do patrimonio natural de Galicia de ata 79 especies diferentes, situados tanto…
A Escola de Música Municipal de Padrón pechou onte pola tarde o presente curso escolar cun festival. Polo escenario do auditorio municipal pasou unha representación dos máis de sesenta alumnos e alumnas que se formaron ao longo dos pasados meses amosando o traballo realizado nas distintas disciplinas.  Para moitas das rapazas e dos rapaces a de onte foi a primeira que se subían a un escenario e que actuaban ante o público. A emoción, os nervios e a ilusión estiveron presentes durante todo o acto. O alumnado veu recompensado o seu bo facer cos aplausos dun público entregado, entre os…
Páxina 29 de 68

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…