O domingo 31 de marzo de 2024 desenvolverase a tradicional e centenaria Feira Cabalar da Pascua do Concello de Padrón, unha cita imprescindible no calendario de feiras en Galicia e que congrega a multitude de gandeiros, afeccionados e visitantes. Para participar nos concursos morfolóxicos é preciso anotarse antes do 23 de marzo ás 11.00 horas, remitindo a ficha de inscrición cuberta e asinada ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Repartiranse un total de 3.370 euros en premios nos concursos morfolóxicos organizados pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, que se desenvolverán a partir das 10.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17.00 h, terá lugar o espectáculo ecuestre con cabalos de pura raza española, lusitanos, ponis shetland e cabalos de pura raza galega, coa colaboración da sección de doma de Alta Escola de Galicia da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
PROGRAMA DE CONCURSOS E EXHIBICIÓNS
Domingo de Pascua. 31 de marzo
09.30 horas.- Retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos de todas as razas (inscrición realizada previamente).
10.00 horas.- Concurso morfolóxico puntuable para a “XXIII Copa Galicia PRG”, sección sementais maiores de tres anos, inscritos no libro de rexistro xenealóxico da raza.
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
10.30 horas.- Concurso morfolóxico puntuable para a “XXI Copa Galicia PRG”, sección eguas maiores de tres anos, inscritos no libro de rexistro xenealóxico da raza.
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
11.00 horas.- Concurso morfolóxico de cabalos cruzados. Maiores de tres anos.
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
11.30 horas.- Concurso morfolóxico de eguas cruzadas. Maiores de tres anos.
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
12.00 horas.- Concurso morfolóxico de poldros Pura raza árabe (menores de 3 anos).
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
12.20 horas.- Concurso morfolóxico de poldras de Pura raza árabe (menores de tres anos).
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
12.40 horas.- Concurso morfolóxico de ponis (machos e femias xuntos). Poderán participar ponis de todas as razas, dándolle preferencia aos xoves presentadores (nenos e nenas).
1º premio ……………………….. 50 euros
2º premio ……………………….. 50 euros
3º premio ……………………….. 50 euros
4º premio ……………………….. 50 euros
5º premio ……………………….. 50 euros
13.00 horas.- Concurso morfolóxico de eguas de Pura raza árabe (maiores de tres anos).
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
13.30 horas.- Concurso morfolóxico de cabalos de Pura raza árabe (maiores de tres anos).
1º premio ……………………….. 150 euros
2º premio ……………………….. 90 euros
3º premio ……………………….. 80 euros
4º premio ……………………….. 70 euros
Nota.- Nas entregas dos premios de todas as categorías e concursos é obrigatorio recoller o premio co animal gañador do mesmo. De non facelo, a organización reservarase o dereito de non entregalo e cederá o importe do mesmo a unha entidade con fins sociais do concello). Farase ao remate de cada proba.
14.00 horas.- Presentación do espectáculo ecuestre da tarde e final da xornada matinal da Feira da Pascua de Padrón 2024.
17.00 horas.- Grande espectáculo ecuestre Pascua 2024, con cabalos de pura raza española, lusitanos, ponis shetland e cabalos de pura raza galega, coa colaboración da sección de doma de Alta Escola de Galicia da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
NORMAS DE PARTICIPACION NOS CONCURSOS CABALARES
Documentación sanitaria
1º.- Todos os équidos asistentes á Feira Cabalar deberán portar e ter ao día, obrigatoriamente, a documentación identificativa e sanitaria esixible na comunidade autónoma de Galicia para équidos. Os vehículos de transporte animal, tamén.
Seguro de responsabilidade civil dos participantes
2º.- A responsabilidade civil dos animais na feira e probas en concurso será por conta en todo momento do gandeiro, propietario e/ou presentador do animal participante ou asistente á feira da Pascua de Padrón.
Obrigas dos cabalos participantes
3º.- Os animais deberán estar atendidos en todo momento polo seu propietario.
4º.- O acceso á pista das exhibicións estará libre en todo momento. E estará prohibido o paso para ao público.
5º.- Os animais participantes nos concursos morfolóxicos deberán presentar a documentación dos mesmos á hora da inscrición na mesa do xurado (non valen fotocopias).
Para poder repartir os premios en concurso, deberá haber polo menos o dobre de participantes que de premios a disputar en cada unha das seccións, categorías e probas. De non ser así, só optarán aos premios que cubran o número de participantes inscritos, sendo o mínimo de dous participantes por premio establecido.
6º.- É obrigatorio recoller o premio co cabalo ou coa egua gañador/a do mesmo. De non ser así, non se entregará.
Os premios indicados no cartel da Feira estipulados para cada categoría en concurso pagaranse mediante transferencia bancaria ou cheque e aplicaráselles a retención do IRPF establecida pola Axencia Tributaria en cumprimento das obrigas fiscais. Do mesmo xeito aplicaráselle a devandita retención aos xuíces e demais persoal colaborador.
Composición do xurado
7º.- O xurado estará composto por dúas (2) persoas cualificadas no ámbito equino de contrastada traxectoria. Na proba puntuable para o Campionato Galego de Pura Raza Galega “Copa Galicia PRG”, estará formado por un (1) xuíz oficial de P.R.G.
8º.- O non presentarse o participante na pista dos concursos á terceira chamada por megafonía do xurado en pista para concursar, quedará fóra de concurso.
Benestar animal
9º.- Os animais deberán ser debidamente presentados en limpeza e presenza nos concursos, podendo ser desestimados polo xurado á consideración dos mesmos.
10º.- Calquera maltrato animal estará penalizado coa expulsión das probas e será denunciado polo comité organizador.
Reclamacións á mesa do xurado
11º.- En caso de disconformidade por parte dos participantes nos concursos morfolóxicos ante o veredicto dos membros do xurado, poderán presentar reclamación por escrito previo depósito de 90 euros (en efectivo) na mesa do xurado e presentación do DNI (orixinal). O xurado contestaralle nun prazo non superior a 15 días ao afectado. De non ser positiva a favor do afectado/a a resolución da reclamación, o xurado cederá o importe da fianza fixada para as reclamacións a unha entidade de fins benéficos do municipio ou a Cáritas. De ser favorable – e polo tanto a favor do reclamante-, o xurado procederá á devolución da mesma e á rectificación e reposición pública do trofeo e/ou medalla e importe do premio segundo fallo ditado correspondente.