Novas recentes

Dúas escape room chamadas “Rexeita o maltrato” polo casco vello de Padrón abrirán a programación especial do CIM Terras de Iria para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A primeira sesión terá lugar mañá martes 22 de novembro, de 10:30 horas a 12:30 horas, e estará protagonizado polo alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Macías o Namorado. “Durante os primeiros 20 minutos da actividade, os equipos formados polo alumnado percorrerán as rúas de Padrón na procura de pistas para despois volver á praza de Macías, que é onde se desenvolverá a…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, entregou esta mañá no salón de Plenos da Casa do Concello os premios aos tres establecementos hostaleiros que gañaron o certame “Saborea Padrón 2021”. Uns hostaleiros que amosaron a súa satisfacción pola elevada participación rexistrada nesta edición con respecto a anos anteriores. O alcalde padronés felicitou aos tres locais máis votados pola veciñanza e agradeceu “a implicación dos dez establecementos que participaron nunha iniciativa que serve para dinamizar a nosa economía, como demostrou que houbo un 30% máis de participantes no concurso. Uns bos resultados que nos animan a seguir apostando por proxectos…
O Concello de Padrón vén de aprobar unha modificación das bases do “Nadal na rúa”, un concurso de decoración de nadal de balcóns, fiestras, escaparates, fachadas, xardíns e todo tipo de elementos exteriores e visibles dende a rúa de todo o municipio padronés. Se o certame estaba ata o de agora aberto tanto a particulares como a empresas, coa nova modificación tamén poderán participar asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos de Padrón. Iso si, todos os que desexen participar deberán anotarse de forma gratuíta na Oficina de Turismo de Padrón antes do 1 de decembro.…
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, visitaron esta mañá a Oficina Agraria Comarcal de Padrón, onde se está executando unha actuación de mellora integral que conta cun orzamento próximo aos 50.000 euros. Entre as actuacións que se están levando a cabo destacan a renovación da carpintería interior e de toda a pintura de paredes e teitos. Ademais, está previsto o cambio de todo o alumeado para lograr unha maior eficiencia enerxética no edificio. Ademais, estase executando unha reforma integral no aseo dos veterinarios xunto cunha reordenación dos espazos para habilitar…
O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte a unha persoa que na tarde de onte se fixo pasar por empregado municipal para tentar entrar en vivendas de Carcacía coa escusa de organizar un curso municipal de seguridade nas vivendas do rural. O Concello de Padrón informa de que ese curso non existe e que tampouco non hai ningún empregado municipal percorrendo o rural do municipio, polo que pide á veciñanza que estea alerta, non facilite a entrada á vivenda a persoas que non acrediten debidamente a súa identidade e que, ante calquera dúbida, se poñan en contacto coas forzas…
O Concello de Padrón, a través do CIM Terras de Iria, ten preparada unha ampla programación especial para a semana do 22 ao 27 de novembro para conmemorar o 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Un programa que inclúe dúas sesións teatrais, dúas escape-room para crianzas, un contacontos... entre outras actividades. A programación abrirase o luns 22 de novembro, ás 19:00 horas, co acendido do alumeado de cor lila nos monumentos máis emblemáticos do concello. O martes 23 e o mércores 24 de novembro, ás 10:00 horas, programaranse dúas escape-room lúdicas-educativas contra a…
O alumnado de educación infantil do CEIP Flavia (Padrón) participou durante a semana pasada no obradoiro “Na mestura está a igualdade”, organizado polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha iniciativa que durante o pasado mes de outubro xa percorrera as escolas infantís de Queiruga, A Ponte e Retén. Como nesas edicións anteriores, o alumnado do CEIP Flavia, dividido en varias clases, elaborou unha árbore na que estamparon as súas mans violetas amosando que desexan respecto e igualdade para todas as persoas.
O Concello de Padrón convoca unha nova edición do “Nadal na rúa”, un concurso de decoración de nadal de balcóns, fiestras, escaparates, fachadas, xardíns e todo tipo de elementos exteriores e visibles dende a rúa de todo o municipio padronés. Un concurso aberto tanto a particulares como a empresas, que para participar só deberán anotarse de forma gratuíta na Oficina de Turismo de Padrón antes do mércores 1 de decembro. A concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, explica que o obxectivo do certame é “promocionar e enxalzar a beleza do rueiro e do patrimonio arquitectónico da vila de Padrón…
A actriz Rocío González recolleu o XX Premio de Interpretación teatral Maruxa Villanueva, que lle foi entregado esta fin de semana pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso. Un acto de entrega que tivo lugar tras a exitosa posta en escena de “Liberto”, pola compañía Rebordelos, coa que se abre a programación do Outono Cultural 2021 de Padrón. Rocío González amosouse “moi emocionada” durante a súa intervención, que comezou agradecendo ao Concello de Padrón “por terme concedido este premio pero, sobre todo, por seguir apostando polo teatro e axudar dalgunha maneira á nosa profesión, que é ás veces algo…
As xornadas gastronómicas “Saborea Padrón”, que reúnen a dez establecementos con 11 propostas culinarias, darán comezo mañá venres 5 de novembro, entre as 20:00 e as 23:00 horas. Durante catro días (5, 6, 12 e 13 de novembro) o público poderá degustar as 11 tapas dispoñibles, a un prezo de 2,5 euros cada unha, e concursar elixindo a súa tapa favorita. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, agradece a participación dos hostaleiros locais e amosouse convencida de que “estas xornadas gastronómicas servirán para promover e poñer en valor a hostalería padronesa, que conta cunha grande calidade. Agardo que non so…
Páxina 36 de 66

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…