20 de marzo de 2024
O Concello de Padrón publica o anuncio de aceptación de renuncias e adxudicación ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convocado para a adxudicación das autorización de uso das parcelas das Festas da Pascua 2024-2027.
O anuncio pode verse picando nesta ligazón.
15 de marzo de 2024
O Concello de Padrón publica a aceptación de renuncias e as segundas adxudicacións das parcelas para as festas da Pascua 2024 ao 2027.
O anuncio pode verse na seguinte ligazón.
14 de marzo de 2024
O Concello de Padrón publica unha corrección de erros do decreto 220/2024, de adxudicación das autorizacións de uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua dos anos 2024 ao 2027.
O anuncio pode verse na seguinte ligazón.
O Concello de Padrón publica o anuncio de adxudicación das autorizacións de uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua dos anos 2024 ao 2027.
O anuncio pode verse na seguinte ligazón.
12 de marzo de 2024
O Concello de Padrón publica o aviso sobre a ubicación da parcela A-23, incluída na licitación das autorizacións para o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais no Concello de Padrón con motivo das Festas de Pascua 2024 a 2027.
O aviso pode verse na seguinte ligazón.
O Concello de Padrón publica o anuncio coa listaxe de licitadores/as admitidos/as e excluídos/as e a data de realización de acto público de apertura dos sobres B, denominados "oferta económica", no procedemento convocado polo Concello para a adxudicación das autorizacións de uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua 2024-2027.
A apertura dos sobres B realizarase o mércores 13 de marzo, a partir das 10.00 horas, no salón de sesións da casa consistorial.
A listaxe pode verse na seguinte ligazón.
5 de marzo de 2024
O Concello de Padrón publica un requirimento de subsanación de documentación no proceso de licitación de autorización de uso de parcelas do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das festas de Pascua nos exercicios 2024 a 2027.
Os licitadores que se citan teñen un prazo de tres (3) días hábiles para presentar a documentación requirida. O anuncio pode consultarse no apartado Servizos - Licitación Postos de Pascua ou premendo nesta ligazón.
23 de xaneiro de 2024
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o luns 22 de xaneiro o anuncio do Concello de Padrón de licitación das autorizacións de uso de parcelas do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais no Campo do Souto, Paseo do Espolón e rúas próximas durante as festas de Pascua nos exercicios 2024 a 2027.
A convocatoria está aberta á atraccións mecánicas e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda de comidas e/ou bebidas, roupa, complementos, bisutería, marroquinería, música, artesanía e similares, ademais da maquinaria agrícola para a exposición que se desenvolve coincidindo coas festas.
O prazo para a presentación de ofertas é de 30 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOP.
Toda a documentación desta licitación pode consultarse na páxina web municipal, no apartado Servizos - Licitación Postos de Pascua (nesta ligazón).