Novas recentes
O Concello de Padrón incorpora un auxiliar administrativo ao departamento de Urbanismo grazas á subvención cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e xestionada pola Xunta de Galicia destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Padrón accede a estas axudas para favorecer o emprego xuvenil e reforzar os servizos municipais mediante a incorporación de persoal administrativo. A contratación permitirá mellorar a capacidade de resposta do departamento de Urbanismo, un dos servizos municipais con maior carga de traballo e demanda veciñal, especialmente no relativo…
O Concello de Padrón recoñece como Peregrinos de Honra aos membros da familia Vidal pola traxectoria do Grupo Scala, unha iniciativa empresarial de raíz familiar que leva máis de catro décadas contribuíndo á promoción turística, gastronómica e patrimonial do municipio || O acto de entrega do galardón terá lugar o 30 de outubro, ás 19.00 horas, na Igrexa de Santiago de Padrón, e estará aberto á participación da veciñanza || O Concello de Padrón concédelle o premio Padrón, Berce do Xacobeo á familia Vidal (Grupo Scala), que inclúe o recoñecemento Peregrino de Honra 2026, pola súa implicación no desenvolvemento dun modelo…
A programación inclúe proxeccións, coloquios, obradoiros, música en directo e propostas para a veciñanza de todas as idades A exposición sobre José Gil, pioneiro do cinema galego, xa pode visitarse na Praza de Macías Manolo González recibirá o Premio FOCO á Traxectoria pola súa contribución á conservación, divulgación e recuperación da memoria audiovisual galega A mostra estrea DaCasa, unha nova sección dedicada ao talento da mocidade creadora da comarca, coa participación de Zeltia Iglesias, Laura Sixto e Telmo Portas Todas as actividades son de balde ata completar capacidade Tras o éxito do ano pasado, Padrón volverá converterse esta semana…
O Concello vén de acadar coa Deputación da Coruña dúas liñas de financiamento destinadas a fortalecer o equipo municipal, ampliar o Servizo de Axuda no Fogar e desenvolver durante 2026 diferentes programas de apoio social Entre outras medidas, adquiriranse reloxos de apoio e seguridade para reforzar a protección das profesionais do Servizo de Axuda no Fogar nos seus desprazamentos e na atención domiciliaria O Concello de Padrón continúa reforzando os seus Servizos Sociais co obxectivo de ofrecer unha atención máis próxima, áxil e adaptada ás necesidades da veciñanza. Para iso, solicitou á Deputación da Coruña dúas subvencións que permitirán consolidar…
A peza, composta por Antonio Hernández Carmona para banda, percorre musicalmente a lenda e o legado do trobador || O cuarto movemento estreouse na inauguración das XXII Xornadas Medievais do Trobador Macías || A cultura galega e a andaluza fusionáronse nun acto presidido polos alcaldes Anxo Arca e Luis Miguel Carmona || Anxo Arca inaugurou en Arjonilla La Posada del Trovador || Arjonilla agasallou a Padrón co poema sinfónico Macías o Namorado, unha obra para banda composta polo músico arjonilleiro Antonio Hernández Carmona que percorre a lenda e o legado do trobador. O cuarto movemento da peza…
O alcalde en funcións, Luis Mariño, asistiu ao acto de clausura celebrado este venres en Dodro Un cento de persoas dos municipios de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Valga e Catoira estiveron formándose durante nove meses O alcalde de Padrón en funcións, Luis Mariño, participou este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos concellos de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga recibiron durante nove meses formación, orientación e acompañamento para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Ao remate desta edición, o 38 % das persoas…
A nova edil asumirá tamén Economía e facenda, Persoal, Promoción do emprego e traballo, e Benestar animal Tomou posesión no pleno ordinario deste mércores para cubrir a vacante deixada pola finada Ana Castro O alcalde, Anxo Arca, acomete unha ampla reorganización das áreas e das tenencias de alcaldía do goberno municipal A Corporación gardou un minuto de silencio en lembrada da finada concelleira Ana Castro Yolanda Carbia Castro incorporouse ao Goberno municipal de Padrón tras tomar posesión como concelleira no Pleno ordinario da Corporación celebrado este 23 de setembro. A nova edil cubrirá a vacante producida polo pasamento…
As persoas empadroadas en Padrón poderán matricularse a partir do 9 de setembro e o prazo abrirase ao resto de maiores de 50 anos da comarca o día 23 As clases comezarán o 1 de outubro cunha ampla oferta de actividade física, formación, cultura e propostas creativas O programa mantén a súa presenza nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi Entre as propostas novidosas do curso inclúense adestramento de forza funcional e unha actividade sobre a influencia do mundo grecorromano na vida diaria As Aulas Sénior de Padrón preparan xa o curso 2026-2027 cunha ampla programación destinada a…
O programa incorpora como novidades unha escola deportiva de hockey e clases de bailes de salón e latino para persoas adultas O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns 7 de setembro o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais e nas actividades físico-deportivas programadas para o curso 2026-2027. Nesta primeira fase poderán formalizar a matrícula as persoas empadroadas no municipio, mentres que a partir do 16 de setembro as inscricións abriranse a todo o público. A programación municipal ofrece propostas para diferentes idades, desde actividades de iniciación para os máis pequenos ata modalidades deportivas para nenos, nenas…
O Concello licitou entre agosto de 2025 e agosto de 2026 quince actuacións por un total de 1,8 millóns de euros, a maioría delas destinadas á mellora da rede viaria, do saneamento e do abastecemento en zonas rurais O alcalde, Anxo Arca, destaca que este volume de investimento “evidencia o interese deste Goberno municipal polas aldeas e por seguir mellorando as infraestruturas e os servizos en todo o municipio” O Concello de Padrón mobilizou no último ano arredor de 1,8 millóns de euros en obras a través de quince actuacións licitadas entre agosto de 2025 e agosto de 2026…
Galego
Español



