-->

Festas de Pascua 2024. Programa

Programa das Festas de Pascua 2024 organizadas polo Concello de Padrón, que se celebrarán do 23 de marzo ata o 7 de abril (ver en pdf). 


23 de marzo. Sábado

09:00h XXXV Raid Cabalar Pascua 2024.  Proba puntuable para o Campionato galego. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois, con saída no Monte Santiaguiño.

 

Do 23 ao 31 de marzo

10:00h Campionatos galegos de Xadrez 2024. No Hotel Scala de Padrón celebrarase o Campionato galego da categoría absoluta, Sub-10, Sub-12, Sub-16, feminina e veteranos.

 

Do 25 ao 27 de marzo

16.00h XI Torneo de fútbol base Concello de Padrón. Categorías prebenxamín (25 de marzo), benxamín (26 de marzo) e alevín (27 de marzo).

 

Do 25 ao 30 de marzo

10.00h Campionato de tenis de Pascua 2024. Categorías absoluta, júnior e local. As finais disputaranse o sábado 30 de marzo.

 

26 de marzo. Martes

19:30h Teatro: ‘Papagena’. Ópera electrónica da Compañía Butaca Cero. No auditorio municipal.

 

Do 28 ao 30 de marzo

09:00h VI Torneo CD Sar Extramundi. Nas categorías benxamín (28 de marzo), alevín (29 de marzo) e prebenxamín (30 de marzo).

 

29 de marzo. Venres

19:00h Boxeo. Gran velada Clásica de Pascua. Celebraranse 10 combates de diferentes categorías, coa participación de 2 púxiles padroneses: Cristian Teira, que disputará o Campionato galego neoprofesional, e Nico Petardito Rodríguez debutará con 15 anos no boxeo afeccionado.

30 de marzo. Sábado

10:30h XLIII Carreira de Pascua. Carreira pedestre con participantes de todas as idades. Percorridos dende 100 m (categoria Sub-6) ata 13 km (absoluta). Haberá medallas para participantes de categorías escolares, trofeos para os e as tres mellores atletas de cada categoría competitiva e agasallos para todas as persoas participantes. Información e inscricións en www.deporticket.com

30 de marzo. Sábado

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

10.00h Gran salva de bombas de palenque anunciando o comezo das Festas de Pascua 2024. 

18.00h Inauguración da 51º Feira Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial. Ao lado da gardería municipal.

20.30h DJ Espiño. Praza de Macías

21.00h Pregón a cargo de Abel Caballero. Inauguración das Festas de Pascua, presentada por Belén Xestal e que terá como pregoeiro ao alcalde de Vigo. Praza de Macías.

22.00h Inicio das Festas de Pascua co primeiro pase do concerto da gran orquestra La Misión. Fondo de Vila.

23.30h Actuación da orquestra Unión y Fuerza. Paseo do Espolón.

01.15h Segundo pase de La Misión. Fondo de Vila.

02.45h Segundo pase de Unión y Fuerza. Paseo do  Espolón.

 

31 de marzo. Domingo de Pascua

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

09.00h 51ª Feira de Exposicións de Maquinaria Agrícola e Industrial. Ao lado da gardería municipal.

09.30h Retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos da Feira Cabalar. Campo da Barca.

10.00h Inicio dos concursos morfolóxicos da Feira Cabalar de cabalos de pura raza galega –puntuable para a XXIII Copa Galicia PRG–; de cabalos e eguas cruzados; de pura raza árabe (PRA) e autonómico de ponis Gran Premio Concello de Padrón.

11.30h Pasarrúas da Banda de Musica Municipal de Padrón.

12.30h Pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

13.30h Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón. Praza de Macías.

14.00h Pase de presentación do espectáculo de doma ecuestre da tarde no Campo da Barca.

17.00h Grande espectáculo de doma de alta escola, con cabalos de pura raza española, lusitanos, ponis shetland e pura raza galega, coa colaboración especial da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Barca.

21.00h Gran verbena coa orquestra Miramar. Detrás do campo de fútbol.

22.30h Actuación de Fillas de Cassandra.  Paseo do Espolón.

23.45h Actuación da orquestra Capitol. Fondo de Vila.

01.15h Segundo pase da orquestra Miramar. Detrás do campo de fútbol.

03.00h Segundo pase da orquestra Capitol. Fondo de Vila.

 

1 de abril. Luns de Pascua

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

11.00h Pasarrúas do grupo folclórico Rosalía de Castro, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

12.00h Pasarrúas da Banda Municipal de Padrón.

13.00h Día de Santiago en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Santiago. Praza de Ramón Tojo.

13.30h Concerto da Banda de Música de Santiago. Praza de Macías.

20.00h Actuación do Dúo Master. Paseo do Espolón.

22.30h Actuación da orquestra América. Detrás do campo de fútbol.

01.30h Actuación da orquestra París de Noia. Fondo de Vila.

2 de abril. Martes de Pascua

12.30h Pasarrúas do grupo folclórico A Foliada do Montiño que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas.

14.00h Sesión vermú a cargo dos Wavy Gravies. Praza Manuel Rodríguez Cobián (praza da igrexa).

19.00h Día de Rianxo en Padrón. Recepción á Excma. Corporación do Concello de Rianxo fronte á estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón.

19.45h Concerto da Banda Municipal de Rianxo. Praza de Macías.

22.00h Actuación da orquestra Los Satélites. Fondo de Vila.

 

Do 3 ao 5 de abril

17.00h XI Torneo de chave de Pascua. Torneo de chave no que se participará individualmente. O 3 e 4 de abril celebraranse as fases clasificatorias. A final disputarase o 5 de abril. Tamén haberá torneo infantil.

 

5 de abril. Venres de Pascuilla

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas.

20.30h Actuación da orquestra Los Player’s. Detrás do campo de fútbol.

22.00h Actuación da orquestra New York. Fondo de Vila.

23.30h Segundo pase da orquestra Player’s. Detrás do campo de fútbol.

01.00h Segundo pase da orquestra New York. Fondo de Vila.

02.30h DJ Open Air: Anxo Silva. Paseo do Espolón.

04.00h DJ Open Air: LOW. Paseo do Espolón.

6 de abril. Sábado de Pascuilla

  • Punto Lila no paseo do Espolón de 22.00 a 04.00 horas. 

12.30h Pasarrúas do grupo folclórico Arreixeira, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas do pobo.

13.00h Ciclismo. 61ª Clásica de Pascua XXXV Memorial Francisco Rodríguez Pazos. Carreira de 125 quilómetros que percorrerá os municipios de Padrón, Dodro, Rianxo e Rois.

13.40h Sesión vermú do grupo Boogies. Carpa da Praza Macías.

18.30h Actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro. Praza de Macías.

19.30h Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía. Praza de Macías.

22.00h Concerto de Celtas Cortos. Paseo do Espolón.

00.00h Grande exhibición de fogos de artificio. Paseo do Espolón.

00.15h Actuación da orquestra Olympus.  Fondo de Vila.

03.00h DJ Open Air: VR. Paseo do Espolón.

04.30h DJ Open Air: César Sánchez. Paseo do Espolón.

 

7 de abril. Domingo de Pascuilla

11.30h Pasarrúas do grupo folclórico O Pedrón, que acompañará os xigantes e cabezudos polas rúas.

11.40h Xuntanza integrada pola Corporación Municipal e a Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, así como as veciñas e veciños que o desexen. A continuación, a comitiva dirixirase ao paseo do Espolón para realizar unha ofrenda floral diante dos monumentos de Rosalía de Castro e de Camilo José Cela. Haberá ofrenda na praza  Pepe Domingo Castaño. Cantarase o Himno Galego e depositaranse coroas de loureiro.

12.30h Actuación do grupo folclorico Arreixeira. Praza de Macías.

13.30h Actuación do agrupación folclórica O Pedrón. Praza de Macías.

18.00h XIV Festival de Bandas Capital do Sar. Praza de Macías.

- Banda de Música Isabel II de Touro

- Banda de Música Municipal de Caldas de Reis

- Banda de Música Municipal de Padrón

21.00h Gran verbena e peche das festas de Pascua 2024 a cargo da orquestra Atenas. Fondo de Vila.

23.00h Actuación orquestra Marbella. Fondo de Vila.

13 de abril. Sábado

09.00h 17ª Andaina Bisbarra do Sar. Proba oficial da Liga Ibérica de sendeirismo de 50 km. Percorrido polos concellos de Padrón, Dodro e Rois, con distancias opcionais de 18 e 32 km. A proba poderase facer camiñando ou correndo. Máis información e inscricións en www.andainabisbarradosar.com

 

 

SEMANA SANTA PADRONESA 2024

 

15 de marzo. Venres. Pregón da Semana Santa 

20.00h Organizado pola Confraría do Santo Enterro, na igrexa parroquial. Pronunciado polo Dr. D. Ricardo Sanjurjo Otero, docente de Nuevo Testamento no Instituto Teolóxico Compostelán - Universidad Pontificia de Salamanca, delegado  episcopal de Pastoral Universitaria e da Cultura, párroco de Sta. María a Maior e Real de Sar (Santiago). Pecha o acto a intervención da Coral Polifónica Padronesa, que interpretará pezas de música sacra.

16 de marzo. Sábado. Setenario de Dores

19.30h Organizado pola Confraría da Virxe das Dores. Todos os días, Santo Rosario e rezo correspondente do Setenario.

20.00h Santa Misa, ofrecida polos devotos de N. Sra. das Dores.

22 de marzo. Venres de Dores

19.00h Organizado pola Confaría da Virxe das Dores. Santo Rosario e rezo do Setenario no seu último día. Antes da Santa Misa, coincidindo coa conmemoración do 25 aniversario de constitución da Confradría, farase entrega das Medallas de Honra da Confraría das Dores a D. Julián Barrio Barrio, arzobispo emérito de Santiago de Compostela, e, a título póstumo, ás cofrades difuntas

20.00h Misa solemne, seguida da Procesión coa Virxe Dorida.

 

23 de marzo. Sábado. Misa Confraría do Santo Enterro

20.00h A Santa Misa parroquial ofrecerase polos membros e colaboradores, vivos e defuntos, da Confraría do Santo Enterro.

24 de marzo. Domingo de Ramos

11.30h Liturxia de bendición das palmas e ramos de olivo con procesión, acompañando o paso da Entrada de Xesús en Xerusalén.

12.30h Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor.

20.00h Na capela da Venerable Orden Terceira de San Francisco, misa de Domingo de Ramos. Ao rematar, organizada pola V. O. T., en colaboración coa parroquia de Santiago e as súas Confrarías do Santo Enterro e da Virxe das Dores, sairá a procesión do Ecce Homo polo percorrido habitual.

28 de marzo. Xoves Santo

19.30h Santa Misa da Cea do Señor. 

20.30h Procesión do Encontro con esta orde: Procesión coa imaxe de Xesús Nazareno, flanqueada polos membros da Confraría do Santo Enterro e todas as persoas que o desexen. Procesión da Virxe das Dores, San Xoán Apóstolo e a Verónica, flanqueadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores e das persoas que o desexen. Agradécese a participación de mulleres ataviadas con mantilla española.Santo Encontro. Praza de Macías. Narrador o Rvdo. P. Fray Francisco Javier Honrubia Bonnín, OFM, e recollida.

Sobre as 22.30 sairá a Procesión da Santa Cruz do Calvario coas imaxes da Santa Cruz e o Ecce Homo, flanqueada polos membros da Confraría do Santo Enterro portando fachos, coa Banda de Tambores.

Ao regreso, a igrexa permanecerá pechada ata o venres ás 9:00 horas.

 

29 de marzo. Venres Santo

11.30h Vía Crucis. Invítase a participar de xeito particular aos membros de ambas as confrarías e ás persoas que queiran unirse a esta oración.

18.30h Santos Oficios da Paixón do Señor, seguidos da representación da escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo Rvdo. P. Francisco Javier Honrubia Bonín, OFM

20.00h Procesión do Santo Enterro. A Santa Urna do Cristo Xacente discorrerá flanqueada polos seus cofrades durante o percorrido.

21.00h Recollida a Procesión do Santo Enterro, Procesión da Soidade e dos Caladiños. Flanqueando a imaxe da Virxe das Dores na escena da súa soidade pola morte do seu Fillo, irán os membros da Confraría da Virxe das Dores e todas as persoas que queiran unirse á procesión. Prégase acudan mulleres tocadas con mantilla española.

30 de marzo. Sábado Santo

21.00h Solemne Vixilia de Resurrección do Señor coa que se abre o tempo litúrxico de Pascua.

 

Consulta o programa en PDF neste enlace

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…