Novas recentes

O Concello vén de acadar coa Deputación da Coruña dúas liñas de financiamento destinadas a fortalecer o equipo municipal, ampliar o Servizo de Axuda no Fogar e desenvolver durante 2026 diferentes programas de apoio social Entre outras medidas, adquiriranse reloxos de apoio e seguridade para reforzar a protección das profesionais do Servizo de Axuda no Fogar nos seus desprazamentos e na atención domiciliaria O Concello de Padrón continúa reforzando os seus Servizos Sociais co obxectivo de ofrecer unha atención máis próxima, áxil e adaptada ás necesidades da veciñanza. Para iso, solicitou á Deputación da Coruña dúas subvencións que permitirán consolidar…
A peza, composta por Antonio Hernández Carmona para banda, percorre musicalmente a lenda e o legado do trobador  ||   O cuarto movemento estreouse na inauguración das XXII Xornadas Medievais do Trobador Macías  ||   A cultura galega e a andaluza fusionáronse nun acto presidido polos alcaldes Anxo Arca e Luis Miguel Carmona  ||   Anxo Arca inaugurou en Arjonilla La Posada del Trovador  ||   Arjonilla agasallou a Padrón co poema sinfónico Macías o Namorado, unha obra para banda composta polo músico arjonilleiro Antonio Hernández Carmona que percorre a lenda e o legado do trobador. O cuarto movemento da peza…
O alcalde en funcións, Luis Mariño, asistiu ao acto de clausura celebrado este venres en Dodro Un cento de persoas dos municipios de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Valga e Catoira estiveron formándose durante nove meses   O alcalde de Padrón en funcións, Luis Mariño, participou este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos concellos de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga recibiron durante nove meses formación, orientación e acompañamento para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral. Ao remate desta edición, o 38 % das persoas…
A nova edil asumirá tamén Economía e facenda, Persoal, Promoción do emprego e traballo, e Benestar animal Tomou posesión no pleno ordinario deste mércores para cubrir a vacante deixada pola finada Ana Castro O alcalde, Anxo Arca, acomete unha ampla reorganización das áreas e das tenencias de alcaldía do goberno municipal A Corporación gardou un minuto de silencio en lembrada da finada concelleira Ana Castro     Yolanda Carbia Castro incorporouse ao Goberno municipal de Padrón tras tomar posesión como concelleira no Pleno ordinario da Corporación celebrado este 23 de setembro. A nova edil cubrirá a vacante producida polo pasamento…
As persoas empadroadas en Padrón poderán matricularse a partir do 9 de setembro e o prazo abrirase ao resto de maiores de 50 anos da comarca o día 23 As clases comezarán o 1 de outubro cunha ampla oferta de actividade física, formación, cultura e propostas creativas O programa mantén a súa presenza nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi Entre as propostas novidosas do curso inclúense adestramento de forza funcional e unha actividade sobre a influencia do mundo grecorromano na vida diaria As Aulas Sénior de Padrón preparan xa o curso 2026-2027 cunha ampla programación destinada a…
O programa incorpora como novidades unha escola deportiva de hockey e clases de bailes de salón e latino para persoas adultas O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns 7 de setembro o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais e nas actividades físico-deportivas programadas para o curso 2026-2027. Nesta primeira fase poderán formalizar a matrícula as persoas empadroadas no municipio, mentres que a partir do 16 de setembro as inscricións abriranse a todo o público. A programación municipal ofrece propostas para diferentes idades, desde actividades de iniciación para os máis pequenos ata modalidades deportivas para nenos, nenas…
O Concello licitou entre agosto de 2025 e agosto de 2026 quince actuacións por un total de 1,8 millóns de euros, a maioría delas destinadas á mellora da rede viaria, do saneamento e do abastecemento en zonas rurais O alcalde, Anxo Arca, destaca que este volume de investimento “evidencia o interese deste Goberno municipal polas aldeas e por seguir mellorando as infraestruturas e os servizos en todo o municipio”   O Concello de Padrón mobilizou no último ano arredor de 1,8 millóns de euros en obras a través de quince actuacións licitadas entre agosto de 2025 e agosto de 2026…
Os traballos prolongaranse durante dez días e contan con persoal e maquinaria especializados para reforzar a limpeza dos espazos públicos tras uns meses de intensa actividade festiva O alcalde, Anxo Arca, destaca que esta nova actuación “evidencia o compromiso do Concello por manter un pobo máis limpo e habitable empregando medios especializados e eficientes” O Concello de Padrón iniciou este mércores unha campaña especial de limpeza e desinfección en profundidade das rúas do casco urbano, unha actuación destinada a reforzar o mantemento e a posta a punto da vila. A intervención lévase a cabo unha vez finalizados uns meses marcados…
O Goberno local lamenta a perda da edil de Urbanismo e Medio Ambiente e traslada o seu apoio á familia e persoas achegadas O alcalde, Anxo Arca, destaca o seu compromiso co servizo público e asegura que o Executivo municipal continuará traballando "na senda de progreso" que ela defendía O Concello de Padrón lamenta profundamente o falecemento de Ana Belén Castro García, concelleira do Goberno municipal desde 2023, e acordou declarar dous días de loito oficial en sinal de respecto e homenaxe á edil. Ana Castro formaba parte do grupo municipal socialista e era responsable das áreas de Urbanismo, Vivenda…
A carballeira do convento acolleu a degustación dun dos produtos máis representativos da horta padronesa nunha das grandes citas gastronómicas do verán galego O comunicador Duarte Galbán reivindicou no seu pregón o valor do pemento de Herbón e o traballo das persoas que manteñen vivo o seu cultivo A Festa do Pemento de Herbón celebrou hoxe a súa 46ª edición, consolidada como unha das grandes citas gastronómicas do verán en Galicia. Milleiros de persoas achegáronse ata a carballeira do convento de Herbón para participar nesta celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, na que se repartiron máis de 3.000…
Páxina 1 de 89

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…