-->

Éxito de convocatoria no mercado ‘Voces Delas’ celebrado este sábado en Padrón

  • O bo tempo e a ampla oferta de actividades foron un reclamo para os centos de persoas que gozaron das diferentes propostas

  • A veciñanza e os visitantes desfrutaron dos postos de artesanía e de produtos de proximidade situados entre a rúa Longa e a praza da Igualdade 

  • A troula veu de man da música en directo coas DJ Riquinha e  Bonita&Sabrosa o Grupo Dalsi

20240323 mercado Voces Delas web (7)

O bo tempo acompañou á celebración este sábado do mercado ‘Voces Delas’ no Concello de Padrón. Esta cita, incluída dentro do programa elaborado pola Concellería de Igualdade e o CIM para conmemorar o Día Internacional da Muller, contou cunha extraordinaria resposta tanto pola veciñanza como polos moitos visitantes que gozaron dunha xornada chea de música, obradoiros e a venda de produtos de artesanía.

20240323 mercado Voces Delas web (11)

A concelleira de Muller e Igualdade, Mariló Saco, foi a encargada de ler o manifesto institucional e insistiu “na chamada á acción para empoderar ás mulleres de todas as idades e en todos os ámbitos da vida”. A edil afirma que só “con valentía e traballando xuntas poderase lograr un mundo máis inclusivo e equitativo”. “O compromiso debe ser individual pero tamén colectivo como sociedade”, engadiu Mariló Saco. Tamén tomaron a palabra Alba, integrante da ONG Aphoteca “enfocada á economía social que busca conectar con persoas que usan o seu traballo para proxectar un sentimento de solidariedade e amor cara os seus veciños”, así como Chus Iglesias. A fundadora da Asociación Paluso recordou que o obxectivo da súa asociación é “axudar a persoas en situación de vulnerabilidade social a aliviar a dureza das súas circunstancias repartindo alimentos cada semana ou mesmo roupa, pero sobre todo cariño e compañía”.

20240323 mercado Voces Delas web (8)

O acto contou coa presenza do alcalde, Anxo Arca, e dos concelleiros Luis Mariño e Ana Castro.

Son moitas as mulleres que amosaron o seu talento e creatividade nun percorrido que abarcou dende a rúa Longa ata a praza da Igualdade durante toda a xornada. A música e o baile acompañaron tamén durante todo o día de mercado, con actuacións en diferentes emprazamentos. A sesión vermú estivo a cargo da DJ Riquinha e, xa pola tarde, foi a quenda do Grupo Dalsi e da DJ Bonita&Sabrosa na praza da Igualdade.

20240323 mercado Voces Delas web (2)

Esta homenaxe ás mulleres en Padrón incluíu ademais os obradoiros ‘Dálle volta ao cubo’ coa finalidade de que os menores aprendan a crear diferentes historias que racharán cos roles de xénero instaurados e ‘Danza Río Aberto: movemento vital expresivo’ impartido pola terapeuta gestalt e bailarina Martha Franco.

20240323 mercado Voces Delas web (6)20240323 mercado Voces Delas web (3)20240323 mercado Voces Delas web (4)Diseño sin título (28)

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…