Padrón busca equipo para representar o noso municipio nas Olímpiadas Tecnolóxicas. Poderán formar parte deste equipo rapazas e rapaces de entre 7 e 17 anos, que aprenderán a programar en scratch para crear o seu propio videoxogo.
As clases, un total de nove, desenvolveranse entre o 10 de abril e o 5 de xuño na Aula Cemit en horario de 18.30 a 20.00 horas nas seguintes datas:
- Mércores 10 de abril
- Venres 19 de abril
- Mércores 24 de abril
- Venres 3 de maio
- Mércores 8 de maio
- Luns 13 de maio
- Martes 21 de maio
- Mércores 29 de maio
- Mércores 5 de xuño
As inscricións deberán realizarse chamando por teléfono, polas mañás e antes do martes 2 de abril, ao número 675 748 812.