Novas recentes
O alcalde, Antonio Fernández, e a concelleira Lorena Couso amosaron a súa satisfacción pola recuperación deste espazo durante a súa visita ao conxunto // A idea é converter o segundo andar nun museo que complete a visita á igrexa e ao seu retablo barroco // A rehabilitación do claustro do convento de Herbón, grazas a unha actuación da Xunta na que se investiron 420.000 euros e que rematou a finais do ano pasado, permitirá abrir ao público a parte máis antiga deste conxunto fundado no ano 1396. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso,…
Faise público o anuncio de requirimento de documentación do procedemento de Licitación das autorizacións para o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais no Concello de Padrón con motivo das festas de Pascua 2022 e 2023. O anuncio pode consultarse picando neste enlace.
O Concello de Padrón vén de lanzar a convocatoria para o Premio Literario Camilo José Cela, dotado con 1.500 euros para a obra gañadora. O certame é un dos máis consolidados no panorama das letras nacionais e chega neste ano 2022 á súa trixésimo segunda edición. O premio foi creado polo Concello de Padrón en 1989 como homenaxe perpetua á figura humana e literaria do escritor, Premio Nobel de Literatura ese mesmo ano. Trátase, en palabras do alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, dun "acto de xustiza con Cela, unha persoa que levou o nome da vila por todo o mundo,…
Máis dun cento de persoas realizan o percorrido guiado pola vila coñecendo as historias de dez mulleres vencelladas ao municipio // O auditorio acolle os actos do 8M coa lectura dun manifesto, a proxección do vídeo ‘Sororidade’ e unha actuación musical // Antonio Fernández destaca o “potencial feminino” de Padrón // Lorena Couso valora “os logros das mulleres que temos máis preto e que tamén son un referente para as novas xeracións” // Preto de 120 persoas asistiron onte no auditorio de Padrón á homenaxe ás Rumorosas 2022, protagonistas da exposición de rúa coa que o Concello conmemora este ano…
A formación, dirixida a persoas desempregadas, desenvolverase entre marzo e agosto // Os interesados deberán acudir ao instituto o mércores 16 de marzo ás 10 da mañá // O IES Macías o Namorado acollerá entre o 28 de marzo e o 3 de agosto un curso de Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial dirixido a persoas desempregadas e que estean en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente. O curso, que consta dun total de 510 horas, permitirá desempañarse como instalador electricista industrial ou electricidsta de mantemento de reparación de equipos de control, medida e precisión.…
A mostra resalta a historia de vida de dez “rumorosas” nacidas ou residentes en Padrón O auditorio municipal acollerá os actos institucionais do 8M coa lectura dun manifesto, a proxección do vídeo ‘Sororidade’ e unha actuación musical Lorena Couso destaca o “carácter colectivo” dunha conmemoración protagonizada por numerosas veciñas Unha exposición urbana, disposta nas rúas de Padrón, prolongará os actos cos que o Concello de Padrón conmemora este ano o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A inauguración da mostra será o primeiro evento dunha xornada na que se reivindicará a igualdade a través dun manifesto, un vídeo…
Seisrestaurantes do municipio elaborarán menús lampreeiros O Concello organiza actividades para todas as idades coas que coñecer mellor este produto singular da gastronomía padronesa O Convento franciscano de Herbón acollerá unha nova cita das ‘Tertulias clandestinas’ chegada da lamprea ao río Ulla polo mes de marzo, o Concello de Padrón organiza a oitava edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea. Seis restaurantes da localidade ofrecerán menús degustación coa lamprea como protagonista do 18 ao 27 de marzo, de venres a domingo. Ademais, o Concello padronés deseñou un programa de actividades culinarias, divulgativas e de ocio para promocionar a lamprea e a…
Trinta mozos e mozas de Malta, Hungría, Portugal, Italia, Illa de Martinica e España participan no encontro europeo “Igualdade de xénero en tempos da COVID”, do programa Erasmus Plus || Onte visitaron os atractivos turísticos de Padrón, o Centro de Información á Muller e as bodegas do Pazo de Arretén || O alcalde de Padrón destaca a necesidade deste tipo de accións que “fan medrar a conciencia europeísta entre a mocidade” || Trinta representantes de municipios, entidades educativas e asociacións procedentes de Malta, Hungría, Portugal, Italia, Illa de Martinica (Francia) e España fixeron onte parada en Padrón durante a visita…
A rapazada sorprendeuse cando viron aparecer os personaxes máis coñecidos dos debuxos animados || Numerosa presenza de familias no pavillón do Souto, que puideron moverse ao ritmo da música do DJ || Tatuaxes, pintacaras, globoflexia, doces e os hinchables estiveron moi concorridos durante toda a tarde || Os personaxes máis coñecidos por nenos e nenas das series de debuxos animados da televisión non quixeron faltar onte á festa infantil do Entroido que organizou o Concello de Padrón e que convocou a centos de persoas no pavillón do Souto. Durante toda a tarde pequenos e maiores participaron activamente…
Interpretárona por primeira vez íntegra a Banda de Música Municipal e o coro Gaos// Trátase dunha adaptación de Loliña Mosquera do poema ‘Miña casiña, meu lar’, que foi orquestrada por Braulio Cao// Raúl Andrade impulsou a iniciativa ao abeiro do Fondo Xacobeo// A concelleira de Cultura, Lorena Couso, reitera o compromiso de Padrón coa figura e a obra de Rosalía no peche dos actos polo seu aniversario// Cos numerosos asistentes postos en pé para aplaudir a peza musical Caldo de Gloria pecháronse hoxe ao mediodía os actos institucionais cos que o Concello de Padrón conmemorou este ano o Día de…