Novas recentes

A Oficina de Turismo de Padrón atendeu 37.300 persoas ao longo do ano pasado A capital do Sar intensifica estes días en Fitur o seu labor de promoción turística Máis de 37.000 persoas visitaron a Oficina de Turismo de Padrón durante o  pasado 2023, unha cifra que refrenda a recuperación postpandemia e evidencia tamén o tirón que o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo teñen para os visitantes, pois foron peregrinos os que formularon a maior parte das consultas (18.740) e, a maiores, rexistrouse un récord na expedición de certificados da Pedronía, cun total de 20.315. Tamén se entregaron…
Repartiranse máis de 5.400 euros entre as seis categorías establecidas, cada unha con tres premios en metálico || O desfile celebrarase coincidindo co sábado de piñata || As inscricións pódense facer no Centro Social e por correo electrónico ata o xoves 15 de febreiro, ás 14.00 horas || O Concello de Padrón convoca o concurso de disfraces do Entroido 2024 que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro, coincidindo co sábado de piñata, e que repartirá máis de 5.400 euros en premios. O concurso de disfraces, carrozas e comparsas do Entroido de Padrón, que se celebrará durante o desfile que…
O alcalde de Padrón inaugurou onte a exposición, que conta con paneis informativos, fotografías e obxectos vencellados á historia do tren  ||   Estará aberta de luns a sábado ata finais de febreiro  ||   A visita é unha excusa excelente para achegarse ata a Fundación Cela a ver a locomotora que tirou do primeiro tren galego  ||   A Casa dos Capeláns, en Iria Flavia, acolle desde este 19 de xaneiro a exposición ‘150 aniversario do primeiro ferrocarril galego’ coa que se recorda a chegada do tren a Galicia o 15 de setembro de 1873, día no que se realizou o…
O sábado 3 de febreiro celébrase a proba organizada polo Concello de Padrón As inscricións están abertas ata as 23:59 horas do mércores 31 de xaneiro  Os participantes gozarán dun desafío único mentres percorren un itinerario que destaca a beleza do municipio e os seus arredores   A XXI Padrón 10K volverá congregar o sábado 3 de febreiro á comunidade atlética asentada xa como un dos eventos máis destacables da axenda deportiva de Galicia. A cita, organizada polo Concello de Padrón coa colaboración da Deputación da Coruña, a Federación Galega de Atletismo e Kaiku-Protein, está aberta a todas as persoas,…
O gañador recibirá 1.500 euros, un diploma e a publicación na colección de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón Poderán presentarse obras inéditas en galego cunha extensión mínima de 400 versos A data límite para enviar os traballos é o 15 de marzo  O Concello de Padrón convoca a décimo edición do Certame Poético Rosalía de Castro co obxectivo de promover a poesía galega e homenaxear á figura da escritora galega máis universal. O prazo de presentación dos traballos finalizar á o 15 de marzo. A participación no concurso está aberta a calquera persoa, independentemente da súa nacionalidade.…
Os Reis Magos iniciaron o amplo percorrido dende a N-550 As Súas Maxestades cumpriron coa tradición de visitar o Belén vivinte e realizar a ofrenda ao neno Xesús na igrexa parroquial de Santiago O alcalde Anxo Arca xunto a Corporación municipal recibiron a comitiva na casa consistorial A festa rematou co reparto de doces e agasallos no polideportivo do Souto As Súas Maxestades de Oriente encheron de ilusión as rúas do Concello de Padrón nesta xornada do 5 de xaneiro tan especial para a cativada. Con nervios e sobre todo moita expectación, as nenas e os nenos agardaron a chegada…
Con motivo da convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o 18 de febreiro de 2024, de conformidade co art. 39.2 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, o Concello de Padrón expón ao público as listas do Censo Electoral entre os días 1 ao 8 de xaneiro de 2024, período durante o que calquera persoa poderá achegar a reclamación que estime pertinente en relación aos seus datos censuais. Mediante este trámite vostede poderá consultar a súa inscrición no censo electoral para exercer o seu dereito ao voto nas próximas eleccións. O lugar de exposición e consulta…
O alcalde de Padrón realizou a ofrenda a Santiago nunha cerimonia da Traslatio presidida por monseñor Julián Barrio  ||   Pediu máis solidariedade e respecto a todas as persoas e lembrou a quen sofre as consecuencias da guerra de Palestina  ||    O acto, que conta con carácter oficial dende 1646, conmemora o traslado dos restos do Apóstolo dende Palestina a Iria Flavia  ||       O alcalde de Padrón, Anxo Arca, renovou hoxe os votos da vila padronesa co Apóstolo na tradicional cerimonia da Traslatio coa que se conmemora o traslado do corpo de Santiago o Maior dende Palestina ata…
O Goberno Municipal saca adiante os primeiros orzamentos aprobados en tempo e forma  ||   Increméntanse as subvencións ás asociacións de carácter social, deportivas e culturais  ||     O Pleno de Padrón aproba por primeira vez en tempo e forma os orzamentos. O alcalde explicou que “a diferenza do anterior goberno municipal, priorizamos a aprobación para non perder ningunha liña de financiamento externa de cara a 2024”. O orzamento ascende nesta ocasión a 10.076.000€, superando sensiblemente o orzamento anterior. En relación ás subvencións nominativas, inclúense novas entidades sociais e culturais que ata agora non o estaban, como a Asociación…
A cabalgata partirá da N-550 ás 17.00 horas  As Súas Maxestades realizarán a ofrenda ao neno Xesús e serán recibidas pola Corporación Municipal O percorrido rematará no polideportivo do Souto co encontro coa cativada Xa queda menos para que as Súas Maxestades de Oriente visiten Padrón. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán o vindeiro venres 5 de xaneiro as rúas do concello nunha cabalgata que inclúe cambios no seu percorrido con respecto a outras edicións. A comitiva real chegará á vila está prevista para as 17.00 horas pola N-550 para compartir sorrisos, ilusión e sobre todo moita maxia entre a cativada…
Páxina 35 de 90

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…