Novas recentes

Participaron representantes de 18 países nas sesións de traballo celebradas en Cracovia no marco do programa Europe for Citizen / Antonio Fernández Angueira considera que a integración dos migrantes representa un desafío das capacidades institucionais de integración a nivel europeo /   O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, considera que a inmigración representa un desafío do desenvolvemento das capacidades institucionais a nivel europeas a medio e longo prazo. Así o manifestou durante a súa intervención esta fin de semana en Cracovia nun encontro europeo que xuntou a representantes de 18 países dentro do programa Europa for Citizen. Fernández Angueira…
As instalacións permanecerán abertas ata o 4 de setembro, en horario de 14.00 a 21.00 horas, de luns a domingo  || Establécense bonos de 20 entradas a 30 euros, para o público xeral, e de 10 euros para familias numerosas, xubilados, pensionistas e rapaces e rapazas de 14 a 17 anos || O Concello programa 3 sábados especiais para nenos e nenas de 4 a 12 anos das distintas parroquias, con servizo de autobús ||   Padrón. 1-07-2022.- As instalacións da piscina municipal descuberta da Escravitude (Padrón) abren hoxe as súas portas e o farán ata o 4 de setembro, en…
A actividade de conciliación desenvolverase no Convento de Herbón e terá temática medieval  || Os menores adentraranse nas diversas actividades da man de dous personaxes singulares: Frei Estradón e o Bardo Bernardo  || O programa, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, desenvolverase do 4 ao 17 de agosto  ||   O Concello de Padrón ven de abrir as inscricións para o Campamento Urbán 2022, que se desenvolverá do 4 ao 17 de agosto nas instalacións do Convento de Herbón. Nesta ocasión, o programa de conciliación dirixido a nenos e nenas do municipio de 6 a 12…
O peche comezará ás 08.30 do xoves 30 de xuño e está previsto que remate o venres, 1 de xullo, á 16.00 horas   O Concello de Padrón anuncia o peche ao tráfico da estrada AC-299 á altura da Trabanca, con motivo das obras de acondicionamento da vía. O corte comezará mañá, xoves 30 de xuño, ás 08.30 horas e permanecerá pechada ata o venres, 01 de xullo, ás 16.00 horas. O corte de tráfico afectarán á zona que vai desde Casa Pérez ata a Ponte do Carme. Deste xeito, os usuarios que circulen cara Padrón desde Rois pola AC-299…
O alcalde, Antonio Fernández, destaca a singularidade e importancia deste espazo verde // A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subliñou que Galicia conta con 182 pezas excepcionais do patrimonio natural de ata 79 especies diferentes // O municipio padronés conta con 9 destes elementos, 5 deles no xardín botánico-artístico //   A conselleira Ánxeles Vázquez e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presentaron hoxe no xardín botánico-artístico o libro Árbores e formacións senlleiras de Galicia, un volumen publicado pola Xunta que recolle 182 pezas excepcionais do patrimonio natural de Galicia de ata 79 especies diferentes, situados tanto…
A Escola de Música Municipal de Padrón pechou onte pola tarde o presente curso escolar cun festival. Polo escenario do auditorio municipal pasou unha representación dos máis de sesenta alumnos e alumnas que se formaron ao longo dos pasados meses amosando o traballo realizado nas distintas disciplinas.  Para moitas das rapazas e dos rapaces a de onte foi a primeira que se subían a un escenario e que actuaban ante o público. A emoción, os nervios e a ilusión estiveron presentes durante todo o acto. O alumnado veu recompensado o seu bo facer cos aplausos dun público entregado, entre os…
O programa de IV Ciclo da USC para maiores de 50 clausurouse onte en Santiago // O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, foi o encargado de recoller os correspondentes diplomas //   O Salón Noble do Colexio de Fonseca, en Santiago, acolleu onte a clausura do programa do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela Camiños de Coñecemento e Experiencia no que participaron un total de 21 alumnos e alumnas do municipio de Padrón maiores de 50 anos. O encargado de recoller os diplomas do alumnado padronés participante nesta acción formativa foi o alcalde, Antonio Fernández Angueira. O alcalde…
Preto de 140 rapaces e rapazas participaron na exhibición de clausura das escolas deportivas municipais do curso 21-22, celebrada no Pavillón Grupo Escolar de Padrón o martes 21 de xuño. O público asistente constatou os progresos dos deportistas noveis e aplaudiu con forza as exhibicións de tenis, xadrez, atletismo, fútbol sala, baloncesto, patinaxe artística, ximnasia rítmica e motricidade.  Ao remate da exhibición, a concelleira de Deportes Lorena Couso presidiu a entrega de medallas. As fotografías da gala pódense consultar na páxina de Facebook municipal, neste enlace: https://acortar.link/7kD5LR
21 de xuño de 2022 Queda publicada a lista de admitidos e admitidas para o campus deportivo 2022. Pódese consultar a información para ambas quendas no documento adxunto. Descarga aquí a lista de admisión do Campus Deportivo (PDF) 25 de maio de 2022 O Concello de Padrón organiza o Campus Deportivo 2022, dirixido ás rapazas e rapaces nados entre 2007 e 2016, ambos incluídos. Este conxunto de actividades abrangue fútbol sala, natación, ciclismo e baloncesto, entre outros, que serán impartidas no Pavillón Grupo Escolar, a piscina da Escravitude e o parque de entretementos Galipark. O Campus se realizará en dúas…
A actividade terá lugar o xoves, 23 de xuño, e desenvolverase no Santiaguiño do Monte O alumnado das escolas unitarias do municipio participará nunha iniciativa similar o 21 de xuño   O Concello de Padrón organiza unha recollida de herbas de San Xoán. A actividade, que se desenvolverá o xoves, 23 de xuño, ás 11.00 horas, está aberta a todo o público e terá por escenario o Santiaguiño do Monte. As persoas interesadas en participar deberán formular a súa inscrición na web de Turismo. Dende o Concello anímase a poboación a participar nesta fermosa tradición, na que, ademais de recoller as…
Páxina 37 de 76

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…