-->

Celebrado en Polonia o cuarto encontro do proxecto europeo liderado por Padrón para "Reforzar a identidade europea en tempos de crise"

A localidade polaca de Andrychow acolleu do 13 ao 16 de marzo de 2024 o cuarto encontro do proxecto europeo Reforzar a identidade europea en tempos de crise, liderado polo Concello de Padrón e financiado pola Unión Europea a través do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) da Rede de Cidades da UE. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou nesta xuntanza.

O evento, titulado "O papel das mulleres na Europa do século XXI", reuniu a 78 participantes de 16 países europeos. As actividades centráronse na igualdade de xénero e a participación cívica das mulleres, ademais de abordar os logros e desafíos da Unión Europea ao longo da súa historia, destacando a súa contribución á paz, prosperidade e cooperación global.

Durante o encontro, organizáronse conferencias, debates e obradoiros participativos, así como visitas culturais a proxectos financiados pola UE en Andrychow. O evento contou cunha ampla cobertura en redes sociais e medios locais, que destacaron a relevancia das discusións e das experiencias compartidas entre os participantes.

Este proxecto busca reforzar os valores comúns europeos e promover a cooperación entre as comunidades locais e os seus cidadáns, nun momento de grandes desafíos para Europa.

Máis información sobre o proxecto Reforzar a identidade europea en tempos de crise, nesta ligazón.

 

20240316 Encontro Europeo Polonia 2

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…