Novas recentes

Arrancan as accións informativas a pé de rúa O colector marrón estará colocado a partir do 1 de xullo O alcalde do concello de Padrón, Anxo Rei, e a concelleira de medio ambiente, Ana Belén Castro, inauguraron este luns 24 de xuño, na praza de Macías, a campaña de sensibilización e divulgación do novo contedor marrón dirixida a todas as familias do concello. O alcalde fixo fincapé na importancia de separar ben os residuos e animou á cidadanía a sumarse e utilizar axeitadamente este novo contedor. A poboación poderá dirixirse á carpa de ‘Ti tes a Chave’ en varias prazas…
Desde o Concello de Padrón queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, por iso para cumprir coa lexislación vixente é moi importante que comecemos a definir cal vai a ser o noso modelo ao respecto. O modelo que nos ofrece Sogama entendemos que se adapta ás necesidades da nosa cidade, por iso optamos por poñer en marcha un novo proxecto: o colector marrón.   O colector marrón, a quinta fracción, que ten…
O pavillón grupo escolar acolleu as diferentes exhibicións e a entrega de medallas  O alcalde, Anxo Arca, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, gozaron xunto á veciñanza das habilidades que adquiriu a rapazada ao longo dos últimos meses   O Concello de Padrón clausurou este xoves o curso 2023/24 das escolas deportivas municipais cun acto no pavillón polideportivo Grupo Escolar que incluíu unha exhibición e a entrega de medallas aos participantes nas diferentes modalidades deportivas. Durante a exhibición, os asistentes gozaron co talento e esforzo dos máis de 150 nenos e nenas que participaron nos últimos meses nas actividades…
A edición número 17 desta cita espertou unha gran expectación e provocou unha lista de agarda entre os artesáns que optan a instalar os seus postos A feira abrirá as súas portas o venres 5 de xullo a partir das 19.00 horas e pecharase o domingo 7 á medianoite O goberno local convida á veciñanza e aos visitantes a gozar deste evento que conmemora a rica historia e cultura da vila, ao tempo que axuda a dinamizar o turismo no municipio O Concello de Padrón anuncia o programa do esperado Mercado Medieval que se celebrará os días 5, 6 e…
O Concello anuncia o programa para os meses de xullo a setembro O grupo teatral Os Quinquilláns e Suso Martínez serán os encargados de guiar aos asistentes nos diferentes escenarios Todas as actividades son gratuítas e están abertas ao público previa inscrición na web de Padrón Turismo O Concello de Padrón anuncia o programa de visitas teatralizadas para esta tempada coas que ofrece aos residentes e turistas unha oportunidade única para explorar a rica historia e o patrimonio cultural da localidade. Estas actividades realizaranse en colaboración co grupo teatral Os Quinquilláns e con Suso Martínez quen achegarán o seu talento…
A concelleira de Turismo e Festejos, Chus Campos, e o de Deportes, Luis Mariño, entregáronlle agasallos a cada un dos grupos que este 15 de xuño participaron no XV Festival Folcklórico do Pedrón. A cita foi seguida por numeroso público, entre o que se topaban a alcaldesa en funcións, Ana Castro, e a concelleira Mariló Saco. Organizado pola A.F.C. O Pedrón de Padrón en colaboración co Concello de Padrón, o festival ten como obxectivo protexer e difundir o noso legado cultural mesturando o baile, as cantareiras e as pandeireteiras. Sobre o escenario da praza de Macías actuaron o Centro Cultural…
O Concello de Padrón organiza un novo campus deportivo para facilitar a conciliación no verán Vai dirixido á rapazada de 6 a 15 anos con dúas quendas dispoñibles: do 24 de xuño ao 10 de xullo e do 11 ao 30 de xullo Practicarán deportes e realizarán saídas ao Monte Santiaguiño, a Galipark, á piscina da Esclavitude e ao Aquapark de Cerceda As inscricións abren do 3 ao 9 de xuño para persoas empadroadas   17 de xuño de 2024 O Concello de Padrón publica as listaxes de participantes admitidos no Campus deportivo de verán 2024, tanto da primeira como…
O Concello de Padrón colabora coa Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón nunha cita chea de música e danza tradicional A partir das 20.30 horas actuarán, xunto ao grupo anfitrión, o Centro Cultural A Pontevella de Teo e a Agrupación Cultural Son d’Aquí da Coruña A praza de Macías de Padrón encherase de música e danza tradicional galega con motivo do XV Festival Folcklórico do Pedrón que se celebra o vindeiro sábado 15 de xuño. Este evento, organizado pola Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón en colaboración co Concello de Padrón, está xa arraigado na axenda do municipio co obxectivo de protexer…
A marcha non competitiva organizada polo Concello de Padrón xunta 80 persoas, a máis nova dun ano  ||   Vannessa Loureiro gañou a bicicleta que sorteou o Concello  ||     O Concello de Padrón celebrou este sábado o Día da Bicicleta, cunha marcha non competitiva na que participaron 80 persoas de todas as idades. Mario Alfonsín, que acaba de cumprir 81 anos, foi o máis veterano en rematar os 15 km de percorrido. O máis novo, tiña un ano de idade. Tras visitar as instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo e quentar pernas nunha xincana no paseo do Espolón, a comitiva…
Este ano participaron 274 persoas nas diferentes modalidades que ofertan de formación permanente para maiores  ||   Saco Vigo resalta o “dinamismo” das persoas participantes e díxolles: “Facedes un Padrón máis xeneroso”  ||   A exposición dos traballos realizados pódese ver ata o mércores no auditorio municipal  ||   Paula Sande agradécelle ao profesorado “os valores que compartides con todos nós para seguir mellorando”  ||   A concelleira de Terceira Idade, Mariló Saco Vigo, clausurou esta mañá o curso 2023-2024 das Aulas Ategal de Padrón, que seguen sendo as máis numerosas de Galicia con 274 persoas matriculadas maiores de sesenta anos. “É de…
Páxina 28 de 90

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…