Novas recentes
Trátase dunha das moitas accións que o goberno local desenvolve co gallo da celebración este sábado 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero || O programa completarase mañá venres coa proxección do vídeo institucional no que se recollen os casos reais de tres das 31 novas vítimas de violencia atendidas polo CIM Terras de Iria dende o ano 2020 || Tamén se inaugurará o monumento de homenaxe ás vítimas na praza da Igualdade, entregaranse os premios do III Certame de debuxos e desenvolverase un coloquio tralo visionado de ‘Matria’ || O Concello de Padrón instalou sinais…
Os integrantes da banda e a veciñanza agradecéronlle o seu traballo nos últimos quince anos || “Se algo nos deixas é un gran futuro por diante que espero que sexa exitoso para ti como non me cabe dúbida que tamén o será para a banda”, subliñou o alcalde de Padrón || Ademais de Anxo Arca, participaron na despedida a primeira tenente de alcalde, Chus Campos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da RAG, Anxo Angueira; ou Iván Estévez, presidente da Federación Galega de Bandas || Braulio Cao pechou a…
O Centro de Información á Muller atendeu un total de trinta e unha mulleres vítimas da violencia machista nos últimos tres anos// O Concello de Padrón publica hoxe un vídeo con testemuñas reais de tres mulleres da localidade vítimas de maltrato, que puideron reconducir as súas vidas logo de denunciar aos seus agresores o recibir o apoio de profesionais especializadas en violencia de xénero como as que traballan no Centro de Información á Muller Terras de Iria. Desde o ano 2020, o CIM localizado en Padrón atendeu un total de trinta e un novos casos de violencia machista. No audiovisual,…
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, resaltou a colaboración entre administracións e empresas para darlle unha oportunidade laboral a persoas desempregadas || Formáronse 107 homes e mulleres dos concellos de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures, Rianxo e Valga || O secretario territorial da Xunta resalta o triple obxectivo dos PIE: favorecer a aprendizaxe, a cualificación e a adquisición de experiencia laboral entre o alumnado || A Consellería de Promoción do Emprego financiou este programa con 250.000 euros || Os seis alcaldes agardan a concesión do novo programa de formación || O Programa integrado de emprego (PIE) no que se estiveron…
O certame busca enxalzar a beleza do patrimonio arquitectónico da vila e dinamizar a participación activa do comercio, da hostalería e da restauración Repartiranse 800 euros en premios para consumir nos establecementos locais A inscrición está aberta ata o 1 de decembro e as creacións quedarán expostas do 12 de decembro ata o 6 de xaneiro O Concello de Padrón convoca a cuarta edición do concurso Nadal na Rúa co obxectivo de animar á veciñanza a decorar os balcóns, ventás, escaparates, fachadas, xardíns ou elementos exteriores do rueiro de todo o municipio padronés, tanto no seu casco histórico coma…
O alcalde de Padrón lembra o papel da actriz santiaguesa nalgunhas das series máis populares emitidas en TVG || O xurado valorou o “dominio actoral da comedia a través do manexo do ritmo e dos tempos, así como da oralidade da lingua” da galardoada || Patricia Vázquez recolleu o premio antes de representar no auditorio municipal ‘O porco de pé’, da que é protagonista || O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entregoulle hoxe a Patricia Vázquez o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, a que cualificou como “un referente no mundo do teatro e…
Anxo Arca, alcalde de Padrón, defendeu o galego como lingua europea, remarcando os valores fundamentais da Unión Europea O proxecto, aprobado pola Comisión Europea, foi o único seleccionado e conta coa representación de 16 países europeos Os temas a tratar centráronse no benestar animal, na inclusión social e nas accións en prol da igualdade real O Concello de Padrón participou en Bordeos (Francia) no segundo evento do proxecto europeo “Reforzando a identidade europea en tempos de crise” (Strengthening european identity in times of crisis) aprobado pola Comisión Europea dentro do programa CERV (Cidadáns, igualdade, dereitos e valores) 2021-2027 .…
A compostelá ve recoñecido con este galardón o seu traballo na produción ‘O porco de pé’ así como a súa longa traxectoria sobre as táboas e ante as cámaras. O acto de entrega levarase a cabo no auditorio municipal a partir das 19.00 horas O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entregará este sábado 28 de outubro a Patricia Vázquez o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva no auditorio municipal de Padrón. O acto coincidirá coa representación da obra O porco de pé, de Excéntricas Producións, da que é protagonista a actriz santiaguesa, que ve recoñecido con este galardón tanto o…
A praza de Macías acollerá unha tarde chea de actividades con obradoiros de decoración de cabazas, pintacaras e ‘disco monstruosa’ A partir das 19.00 horas, repartiranse castañas de balde O Concello de Padrón organiza o vindeiro martes 31 de outubro unha gran festa de Samaín e de magosto á que convida a toda a veciñanza. Na praza de Macías sucederanse as actividades e as propostas nun programa que comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de decoración das cabazas que os nenos e nenas leven das súas casas, e ata as 19.00 horas tamén haberá animación e postos de pintacaras para…
O Concello reafirma o seu compromiso coa cultura e as artes escénica galegas cun amplo programa de citas ao longo dos vindeiros tres meses O 'Porco de Pé', 'Esas cousas maravillosas' ou 'Invisibles' serán algunhas das pezas teatrais que sairán a escena no auditorio municipal A música será protagonista cos Festivais de Santa Icía, de Nadal e de Panxoliñas Patricia Vázquez recibirá o galardón como gañadora do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva o 28 de outubro O Concello de Padrón mantén o seu compromiso coa cultura e as artes escénicas galegas poñendo en marcha un ano máis o Outono…