Novas recentes
Anxo Arca: “Este é un acto de compromiso cultural e reafirma o noso legado histórico e literario” || O alcalde andaluz, Luis Miguel Carmona, asinou no Libro de Honra de Padrón animando “a seguir cultivando a amizade sincera, a cultura e o respecto mutuo” || Fíxose unha ofrenda floral no Xardín Botánico diante da estatua de Macías e un intercambio de libros na biblioteca municipal || Os dous alcaldes inauguran mañá a Feira Medieval e asistirán ao concerto de Xoán Curiel, que interpretará poemas do trobado || “Este irmandamento é un acto de compromiso cultural,…
O Concello saca a contratación sete proxectos nos últimos 20 días || Anxo Arca: “Iniciamos unha fase centrada na licitación de obras que permitan mellorar significativamente o estado do noso viario e doutros espazos públicos que levan anos abandonados como consecuencia do desleixo e da incapacidade dos gobernos do Partido Popular” || O Concello de Padrón vén de dar un paso decisivo na execución de proxectos de mellora de infraestruturas ao licitar, nos últimos vinte días, un total de sete obras que supoñen un investimento conxunto de 1.594.541,45 euros. “Este volume de licitación marca o inicio dunha…
Macías o Namorado é o nexo de unión entre as localidades coruñesa e xienense O alcalde andaluz acompañará a Anxo Arca na inauguración da feira medieval O encontro pecharase cun concerto de Xoán Curiel no que interpretará poemas do trobador medieval padronés Os concellos de Padrón e Arjonilla (Jaén) oficializarán este venres o seu irmandamento nun acto de sinatura que protagonizarán os alcaldes de ámbalas localidades e que se desenvolverá o vindeiro venres, 4 de xullo, na Casa Consistorial padronesa. A delegación xienense aproveitará a visita para coñecer a capital do Sar e participar na inauguración da feira medieval…
A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, leu un manifesto no que insistiu na necesidade de apoiar ás persoas LGTBI para que vivan con orgullo, dignidade e libres de violencia Padrón comprométese a erradicar a LGTBIfobia e a construír unha sociedade máis inclusiva e respectuosa Veciños e veciñas participaron nun taller de Voguing Dance para celebrar a expresión e o empoderamento O Concello de Padrón celebrou este venres 27 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha programación impulsada pola Mesa Local contra a Violencia de Xénero, que combinou expresión artística, memoria colectiva e compromiso institucional. A cita desenvolveuse na…
O plan baséase en seis liñas clave: regulación turística, nova construción, vivenda pública, licenzas máis áxiles, rehabilitación e novos plans urbanísticos “Estamos sentando as bases para elevar a calidade de vida das padronesas e padroneses, e para que toda aquela persoa que queira vivir no noso municipio poida facelo con calidade e dignidade”, subliña Anxo Arca O Concello de Padrón fixo pública este mércores 25 de xuño a súa estratexia de habitabilidade e crecemento, unha folla de ruta clara e ambiciosa que ten como obxectivo resolver o problema estrutural de acceso á vivenda, dinamizar o urbanismo local e fixar…
A instalación permanecerá operativa de luns a domingo en horario de 14:00 a 21:00 horas A piscina municipal da Escravitude abrirá ao público este sábado, 28 de xuño, dando inicio á tempada de verán no Concello de Padrón. A instalación permanecerá operativa todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 14:00 a 21:00 horas. As tarifas para esta tempada 2025 mantense en 2,50 euros por entrada no caso das persoas maiores de 18 anos. Os xubilados, pensionistas, familias numerosas e mozos e mozas de 14 a 17 anos beneficiaranse dun prezo reducido de 1 euro…
A vila converterase nun mercado histórico ao aire libre do 4 ao 6 de xullo con música, artesanía, espectáculos e actividades para toda a familia Un dos actos centrais será o irmandamento entre Padrón e Arjonilla coa deusa Thea como guía simbólica da unión O evento aposta pola dinamización local, a participación cidadá e a recreación dos oficios e da vida medieval Do venres 4 ao domingo 6 de xullo, o corazón histórico de Padrón transformarase nun gran mercado medieval ao aire libre coa celebración da XVIII Feira Medieval da nobre Vila de Padrón. O evento, organizado polo Concello de…
Póñense a disposición das familias 305 prazas distribuídas entre tres iniciativas: Conciliación Verán Padrón, o Campus Deportivo de Verán e o novo Campamento Dixital Concilia verán aumenta esta ano a súa capacidade e horario A gran novidade é o Campamento Dixital, unha proposta gratuíta orientada a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos O Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa conciliación familiar e laboral durante os meses de verán cun aumento significativo de prazas nos seus programas estivais destinados a nenos e nenas do municipio. Este ano, ofrécense tres iniciativas: Conciliación Verán, Campus Deportivo de…
As actividades, con prazas limitadas, permitirán revivir o traslado do Apóstolo, a historia de Iria Flavia e o legado de Rosalía de Castro O Concello de Padrón presenta unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas para os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila. A iniciativa está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e co divulgador histórico Suso Martínez, e está dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visitan a localidade durante o verán. A programación inclúe tres propostas diferentes que permiten…
PP e BNG teñen un mes de prazo para presentar unha moción de censura. Se non o fan as contas quedarán aprobados automaticamente || O alcalde lembrou que os orzamentos de 11,1 millóns de euros supoñen un impulso fundamental para que o Concello siga avanzando || “Os partidos da oposición non presentaron ningunha emenda nin propostas construtivas para mellorar as contas”, di Anxo Arca || O Pleno da Corporación de Padrón rexeitou esta mañá a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais deste ano cos 7 votos en contra de PP (6) e BNG (1), e…
Galego
Español



