-->

Padrón acollerá o sábado 14 de xuño unha quedada fotográfica con visitas guiadas

  • A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que queiran participar e dispoñan dunha cámara ou dun móbil

  • Os participantes asistirán a un faladoiro sobre fotografía e visitarán a vila, o xardín botánico, o convento de Herbón e a Casa de Rosalía

  • As inscricións están xa abertas na páxina web de Padrón Turismo

A comunidade de creadores de fotografía e vídeo Fotowalk Galicia e Padrón Turismo programan unha quedada fotográfica para o sábado 14 de xuño, na que se inclúen diversas visitas guiadas e que está aberta a todas as persoas que queiran participar, independentemente dos seus coñecementos fotográficos e do equipo que teñan.

A actividade é gratuíta e o único requisito que deben cumprir os participantes é dispoñer dunha cámara ou dun teléfono móbil para poder facer as súas propias fotos.

Iniciará a xornada un faladoiro sobre nocións fotográficas a cargo dun dos responsables de Fotowalk Galicia, para despois dedicar o resto do día a levar estes coñecementos á práctica nas visitas que os participantes realizarán a algúns dos principais atractivos turísticos de Padrón.

O programa inclúe visitas guiadas á vila medieval padronesa, ao seu xardín botánico e ao convento de Herbón e o río Ulla. Ademais, o grupo poderá percorrer por libre a Casa de Rosalía.

A organización recorda que a comida correrá por conta dos asistentes e recomenda levala da casa para poder facer un pícnic.

As persoas interesadas en participar na quedada poden xa inscribirse mandando un correo cos seus datos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben cubrindo o formulario dispoñible no apartado de inscricións da páxina web de Padrón Turismo (www.padronturismo.gal/inscricions).

A hora de comezo da actividade será ás once da mañá e o punto de encontro queda fixado no auditorio municipal de Padrón, localizado no Campo do Souto.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…