Novas recentes

A tenente de alcalde Chus Campos e o concelleiro Luis Mariño deron a coñecer o nome dos gañadores a última hora da tarde  ||  ||Os espectáculos de lume do sábado e domingo fixeron gozar a milleiros de persoas  ||  A feira tivo récord de asistencia este ano con máis de 120 postos de artesanía e outros 30 en lista de agarda  ||     O espectáculo de lume Andanadas puxo este domingo o broche de ouro a unha Feira Medieval de Padrón que encheu as rúas do casco histórico de actividades e milleiros de persoas que gozaron cunha ampla oferta…
O alcalde de Padrón puxo en valor a “enorme beleza do mar de Arousa e da confluencia do río Sar e Ulla” e “o patrimonio natural riquísimo con que conta Galicia e que os galegos e galegas temos que ter en mente e defender sempre” Pontecesures acolleu á peregrinación organizada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla O alcalde de Padrón, Anxo Arca, formou parte da comitiva que recibiu esta tarde en Pontecesures aos participantes na 38ª Conmemoración da Traslatio. Organizada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, a cita deste sábado reuniu a…
“Convocar estas catro prazas foi unha das miñas primeiras decisións e o obxectivo é acadar canto antes un corpo de Policía Local con catorce integrantes para cubrir as 24 horas do día”, destaca o alcalde Anxo Arca Ademais de mellorar a seguridade e a orde no municipio, aumenta a presenza feminina no cadro de persoal pasando de ter unha a tres axentes mulleres  O Concello de Padrón segue avanzando no seu compromiso de aumentar a seguridade no municipio coa recente incorporación de catro novos axentes de policía local que comezaron o seu período de prácticas o pasado luns 1 de…
A Policía Local de Padrón será a encargada de supervisar o seu cumprimento As persoas que non respecten as normas de uso dos contedores serán identificadas e sancionadas conforme á normativa vixente O Concello de Padrón inicia dende hoxe mércores 3 de xullo unha campaña especial de vixilancia do depósito de residuos nos contedores de lixo co obxectivo de promover un entorno máis limpo e respectuoso co medio ambiente. A medida pretende evitar que a veciñanza deixe bolsas de lixo ou outros residuos fóra dos colectores asignados, o que causa problemas como malos cheiros, dificultade na recollida de lixo e…
A vila celebrou este venres o Día Internacional do Orgullo LGTBI cunha festa infantil e a actuación do grupo The Teta’s Van A concelleira de Igualdade Mariló Saco leu o manifesto institucional reafirmando o compromiso do goberno local coa promoción da igualdade, da diversidade e dos dereitos humanos O Concello de Padrón celebrou este venres 28 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBI baixando o pano a todo un mes de xuño cheo de propostas e de actividades co obxectivo de reivindicar a igualdade, a inclusión, o respecto e a aceptación de todas as persoas. A cativada tamén foi …
A actuación incluíu a retirada de residuos, a poda de vexetación excesiva e a reparación de camiños e sinalizacións Esta senda, de 15 quilómetros, comeza e remata no paseo do Espolón e inclúe diferentes puntos de interese dos municipios de Padrón, Dodro e Rois  O Concello de Padrón vén de realizar traballos exhaustivos de limpeza e acondicionamento na ruta de sendeirismo Rosalía nos camiños para que veciños e visitantes poidan gozar do seu percorrido durante o verán. A actuación incluíu a retirada de residuos, a poda de vexetación excesiva e a reparación de camiños e sinalizacións. Ademais, realizouse a mellora…
Arrancan as accións informativas a pé de rúa O colector marrón estará colocado a partir do 1 de xullo O alcalde do concello de Padrón, Anxo Rei, e a concelleira de medio ambiente, Ana Belén Castro, inauguraron este luns 24 de xuño, na praza de Macías, a campaña de sensibilización e divulgación do novo contedor marrón dirixida a todas as familias do concello. O alcalde fixo fincapé na importancia de separar ben os residuos e animou á cidadanía a sumarse e utilizar axeitadamente este novo contedor. A poboación poderá dirixirse á carpa de ‘Ti tes a Chave’ en varias prazas…
Desde o Concello de Padrón queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, por iso para cumprir coa lexislación vixente é moi importante que comecemos a definir cal vai a ser o noso modelo ao respecto. O modelo que nos ofrece Sogama entendemos que se adapta ás necesidades da nosa cidade, por iso optamos por poñer en marcha un novo proxecto: o colector marrón.   O colector marrón, a quinta fracción, que ten…
O pavillón grupo escolar acolleu as diferentes exhibicións e a entrega de medallas  O alcalde, Anxo Arca, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, gozaron xunto á veciñanza das habilidades que adquiriu a rapazada ao longo dos últimos meses   O Concello de Padrón clausurou este xoves o curso 2023/24 das escolas deportivas municipais cun acto no pavillón polideportivo Grupo Escolar que incluíu unha exhibición e a entrega de medallas aos participantes nas diferentes modalidades deportivas. Durante a exhibición, os asistentes gozaron co talento e esforzo dos máis de 150 nenos e nenas que participaron nos últimos meses nas actividades…
A edición número 17 desta cita espertou unha gran expectación e provocou unha lista de agarda entre os artesáns que optan a instalar os seus postos A feira abrirá as súas portas o venres 5 de xullo a partir das 19.00 horas e pecharase o domingo 7 á medianoite O goberno local convida á veciñanza e aos visitantes a gozar deste evento que conmemora a rica historia e cultura da vila, ao tempo que axuda a dinamizar o turismo no municipio O Concello de Padrón anuncia o programa do esperado Mercado Medieval que se celebrará os días 5, 6 e…
Páxina 20 de 82

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…