-->

Padrón pecha o curso das Aulas Sénior con 316 participantes e un acto cheo de gratitude, arte e convivencia

  • O Concello consolida o seu liderado en Galicia sumando este ano 42 inscritos e cun programa de formación e lecer cada vez máis amplo

  • A programación da xornada incluíu exposicións, actuacións musicais e un xantar de clausura 

  • “Sodes depositarios dun gran coñecemento e talento que non podemos permitirnos perder”, subliñou o alcalde Anxo Arca

20250606 clausura Ategal (22)

O Auditorio Municipal de Padrón acolleu este venres o acto de clausura do curso 2024–2025 das Aulas Sénior de Galicia (Ategal), nunha xornada marcada pola emoción, o recoñecemento e o compromiso co envellecemento activo.
Padrón revalida un ano máis a súa posición como o municipio galego con maior participación neste programa de formación permanente para maiores de 60 anos, cun total de 316 persoas inscritas, o que supón 42 alumnos e alumnas máis ca no curso anterior.
O acto contou coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca; a concelleira de Terceira Idade, Mariló Saco Vigo; o director de Ategal, Ángel Fagilde; e a directora das Aulas de Padrón, Cruz Taboada, que felicitaron ao alumnado polo seu compromiso ao longo do curso e agradeceron ao profesorado a súa dedicación e profesionalidade.
20250606 clausura Ategal (28)
Durante a súa intervención, Ángel Fagilde destacou a longa traxectoria de Ategal, que cumpre xa 47 anos ao servizo das persoas maiores, cun modelo baseado en catro áreas fundamentais: cultura, ocupación, saúde e lecer. “Os maiores somos un colectivo diverso e plural. Xubilámonos do traballo, pero non da vida”, afirmou.
Pola súa banda, o alcalde Anxo Arca amosouse especialmente orgulloso da alta participación e implicación do alumnado sénior padronés, con actividades repartidas en distintas parroquias como Carcacía, Cruces ou Extramundi. “O que somos hoxe as xeracións máis novas é grazas a vós, ao voso esforzo. Sodes depositarios dun gran coñecemento e talento que non podemos permitirnos perder”, afirmou.
20250606 clausura Ategal (12)
O rexedor fixo fincapé na aposta decidida do goberno municipal polo envellecemento activo e destacou que nos orzamentos que o goberno local someterá a unha cuestión de confianza, tras non obter os apoios necesarios para a súa aprobación inicial, a partida destinada á Terceira Idade duplicouse de 6.300 a 13.000 euros. “É unha inversión útil e necesaria. Continuaremos traballando para que sigades formando parte activa da sociedade padronesa”, engadiu.
 
Exposición, música e convivencia para pechar o curso
 
A programación da mañá incluíu unha coidada exposición de traballos realizados durante o curso nos obradoiros de pintura ao óleo, bordado, manualidades pinturas en tela e labores. Tamén se proxectou unha vídeo-memoria das actividades desenvolvidas, destacando momentos vividos nas sesións formativas, saídas culturais e obradoiros de benestar.
O broche musical puxérono o trompetista Raúl Andrade e o pianista Fernando Briones, cunha emotiva actuación musical que emocionou aos presentes.
20250606 clausura Ategal (32)
A xornada rematou cun xantar de confraternidade no Restaurante Scala, onde máis de 200 participantes compartiron experiencias e xa comezaron a contar os días para o inicio do novo curso.
As Aulas Sénior de Padrón ofrecen cada ano un amplo e diverso programa formativo, que abrangue desde alfabetización dixital, expresión artística ou cociña saudable, ata seminarios de desenvolvemento persoal, actividades interxeracionais, visitas termais ou viaxes culturais, consolidando un modelo que sitúa a Padrón como referente galego no ámbito da formación e o lecer para persoas maiores.
20250606 clausura Ategal (44)
 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…