-->

O alcalde Anxo Arca e a subdelegada do Goberno inauguran a Padrón Game Party

  • As concelleiras Laura Horta e Chus Campos e o concelleiro Luis Mariño acompañaron ao rexedor e a María Rivas no percorrido polos diferentes stands

  • A cita que se celebra durante todo o fin de semana combina lecer dixital, creatividade artística e compromiso social 

 20250510 Padron Game Party (47)

 

O Concello de Padrón inaugurou este sábado 10 de maio a Padrón Game Party, un evento centrado no lecer dixital e a cultura xuvenil que se celebra durante toda a fin de semana no pavillón do Souto, con acceso libre e gratuíto. A programación inclúe actividades de videoxogos, ilustración, música e reflexión social, nun formato inclusivo e aberto a toda a veciñanza.

20250510 Padron Game Party (21)

O acto institucional de apertura celebrouse ao mediodía e contou coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca, da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, e das concelleiras de Dixitalización e Novas Tecnoloxías, Laura Horta, de Turismo Chus Campos, e do concelleiro de Deportes Luis Mariño. Xuntos fixeron un amplo percorrido polo recinto compartindo experiencias e anécdotas coas persoas participantes e mesmo mercando nos stands e xogando coas propostas dispoñibles. A subdelegada felicitou ao Concello por levar a cabo esta cita cultural e de ocio na comarca e por impulsar, mediante este tipo de iniciativas, unha palanca económica e dixital “con actividades para todos os gustos e promoviendo a inclusión e a igualdade no sector gaming”.

20250510 Padron Game Party (23)

Pola súa banda, Anxo Arca agradeceu a presencia da subdelegada María Rivas e destacou o esforzo do Concello de Padrón e do Goberno de España por fomentar eventos e espazos pensados para a xuventude que "son o presente e o futuro da nosa sociedade". Ademais, o alcalde destacou o traballo da concelleira de Dixitalización e novas tecnoloxías, Laura Horta, que "traballou arreo para conseguir que as e os xóvenes de Padrón puideran desfrutar deste evento no noso pobo".

20250510 Padron Game Party (24)

Ao longo desta primeira xornada tiveron lugar diversas actividades destacadas, como a conferencia-demostración da profesional da caracterización Ntifta, especializada en perrucas e postizos para cine e cosplay; o obradoiro de ilustración hiperrealista con bolígrafos Bic a cargo de Belén Diz; ou o relatorio sobre TDAH e inclusión nos videoxogos a cargo da Asociación TDAH Salnés, entre outras propostas. A música tamén estivo presente coa actuación do grupo Freak GZM, que interpretou en directo versións de bandas sonoras de anime, videoxogos e cinema.

20250510 Padron Game Party (57)

Outro dos momentos salientables da xornada foi o Concurso de Cosplay, no que un xurado profesional valorou a caracterización e posta en escena das persoas participantes. Entre as integrantes do xurado atopábanse as recoñecidas artistas Ntifta e Ayumi, esta última fundadora da marca galega Nebula Needle.

20250510 Padron Game Party (58)

A programación continuou o domingo con novas actividades centradas na creatividade e a ilustración. A conferencia de confección con Sayumi, o obradoiro de cómic con Marta e Meri, creadoras do webcómic El Bertedero, o taller de creación de cartas Pokémon 3D e a actuación musical de Yell0, compositor e produtor especializado en remixes de videoxogos, acapararon a atención dos moitos visitantes que se achegaron ao pavillón. 

WhatsApp Image 2025 05 10 at 22.01.12

Game Party busca consolidarse como un evento de referencia para a mocidade galega, combinando tecnoloxía, formación, entretemento e valores sociais. A iniciativa está subvencionada polo Instituto de la Juventud (INJUVE) e a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), no marco da convocatoria de axudas a entidades locais 2024-2025.

20250510 Padron Game Party (42)

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…