Novas recentes

A gañadora, de 18 anos e natural de Santa Comba, recibirá unha achega económica de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa Nesta trixésimo cuarta edición recibíronse 123 relatos, superándose a cifra do pasado ano O xurado elixiu esta obra pola “peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, e pola súa visión marxinal da sociedade” O Concello de Padrón anuncia que Amalia Blanco Pose, veciña de Santa Comba, resultou gañadora da trixésimo cuarta edición do Premio Literario Camilo José Cela coa obra No neghro da ialma. Este certame de narrativa, creado en 1989, recibiu este ano 123 relatos, unha…
O Concello de Padrón acendeu este domingo a iluminación de Nadal, a pesar de que o forte temporal rexistrado provocou numerosas incidencias, entre elas cortes no alumeado público e na decoración de Nadal en distintas zonas do termo municipal. Os equipos de mantemento traballaron arreo toda a xornada para restablecer o servizo, pero algunhas das principais atraccións da iluminación non estiveron operativas debido a problemas técnicos ocasionados pola tormenta. Con todo, no casco urbano funcionaron as instaladas na maioría das rúas, así como as estruturas decorativas situadas na praza de Macías, Fondo de Vila e Baltar. Ademais, tamén funcionou a…
Os 25.000 euros aportados por sete firmas permitirán ampliar a iluminación no rural e no casco histórico, axudando a dinamizar o  pequeno comercio e hostalaría local  ||   “Os avances na colaboración público privada en beneficio da cidadanía permiten que Padrón sexa punto de referencia do Nadal en Galicia”, asegura o alcalde  ||   O domingo 1 de decembro acenderanse as luces ás 18.30 horas. Suspéndense os espectáculos programados en Fondo de Vila polas previsións de choiva  ||       A concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, e o alcalde, Anxo Arca, agradecen a implicación de sete grandes empresas de…
O Concello e o CIM Terras de Iria pechan os actos de conmemoración do 25N reafirmando o seu compromiso contra as violencias machistas A xornada comezou cun emotivo acto institucional no que se recordou a cada unha das mulleres e menores asasinados  O auditorio acolleu a representación teatral de ‘Mariposas no aire’, a lectura do manifesto institucional, e a entrega de premios de debuxo aos escolares “Sería un soño non ter que celebrar esta xornada, pero é necesario poñer o foco sobre o padecemento de todas estas mulleres que sofren o machismo na súa pel”, subliñou a concelleira de Muller…
O alcalde, Anxo Arca, informou ao pleno que esta achega do Fondo de Cooperación Local representa o 50% do orzamento  ||   O Concello aportará o resto dos fondos para a reforma integral dun servizo esencial para a cidadanía  ||       O alcalde de Padrón informou onte ao Pleno da Corporación que o Concello conseguiu unha subvención que cubrirá a metade do orzamento para a rehabilitación integral da escola infantil municipal, un servizo que o goberno local considera esencial para a cidadanía. O Concello aportará o resto dos fondos necesarios para executar este proxecto. Anxo Arca asegurou que…
O Clube Xadrez Padrón organiza a segunda edición desta competición que reparte máis de 500 euros en premios  O obxectivo é consolidarse como un evento destacado no panorama deportivo galego   O Concello de Padrón colabora co Clube Xadrez Padrón na organización da segunda edición do Torneo de Xadrez Rosalía de Castro, que terá lugar o sábado 21 de decembro no polideportivo municipal. O evento está aberto a participantes de todas as idades, desde a categoría sub-8 ata veteráns maiores de 55 anos, demostrando o carácter interxeracional deste deporte. Nesta edición, o torneo repartirá máis de 500 euros en premios,…
A lista de propostas están pensadas para todos os públicos, destacando o carácter familiar e gratuíto de todas as actividades O acendido das luces este domingo día 1, ás 19:30 horas, inaugurará o inicio das festas que culminarán coa gran Cabalgata de Reis o domingo 5 de xaneiro O Concello de Padrón, a través das súas Concellerías de Festexos e Cultura, presenta unha programación de Nadal deseñada para encher as rúas da vila de maxia, música e tradición. O obxectivo principal é ofrecer a veciñanza e visitantes actividades pensadas para todos os públicos, destacando o carácter familiar e gratuíto de…
• Intégrase nesta asociación que recoñece aquelas poboacións únicas grazas ao seu patrimonio, tradicións e paraxes naturais //• A distinción impulsará o seu desenvolvemento turístico formando parte de diferentes proxectos conxuntos de promoción // Xa é oficial. Padrón convértese na primeira localidade da provincia da Coruña en integrarse na rede de Pobos Máxicos de España, organización que ten como obxectivo o desenvolvemento turístico de pobos únicos e vivos, que destacan polo seu patrimonio cultural e natural, polas seus costumes e tradicións e pola súa hospitalidade. Padrón é unha das catorce poboacións que se incorporarán o vindeiro ano 2025 á rede…
O alcalde de Padrón participou esta mañá no acto de clausura xunto ao alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o xefe do Servizo de Emprego do Departamento Territorial da Coruña Un total de 20 alumnos e alumnas formáronse en áreas de urbanización e xardinería O rexedor padronés destacou a pegada positiva que deixa no municipio coa intervención en Fondo de Vila, moi aplaudida entre os comerciantes O Obradoiro Dual de Emprego Comarca do Sar 2023, promovido polos Concello de Padrón, Rois e Dodro, clausurouse hoxe no auditorio municipal de Padrón nun acto no que participaron o alcalde de Padrón, Anxo…
Dende hoxe luns 18 de novembro os monumentos máis emblemáticos do municipio permanecerán iluminados de cor lila O venres 29 terá lugar a xornada central cun acto de homenaxe na praza da Igualdade, a representación da obra teatral ‘Mariposas en el aire’, a lectura do manifesto institucional e a entrega dos premios do IV Certame de Debuxos O xoves 12 de decembro o auditorio acolle a charla-coloquio titulada ‘Adolescencia e violencia sexual na contorna dixital: dos videoxogos á pornografía’   O Concello de Padrón presenta unha programación especial para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as…
Páxina 14 de 81

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…