-->

O Concello de Padrón celebra o Día da Bicicleta o sábado 31 de maio

  • A programación inclúe unha marcha de 15 quilómetros para maiores de 6 anos e unha xincana infantil

  • Ás 10:00 horas haberá unha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo

  • As inscricións realizaranse no Paseo do Espolón a partir das 10:30 horas

 

 20250531 dia bicicleta post igg
 

O Concello de Padrón celebra o sábado 31 de maio unha nova edición do Día da Bicicleta, unha xornada lúdico-deportiva pensada para gozar en familia e promover o uso da bicicleta como medio de transporte sostible.

A xornada comezará ás 10:00 horas cunha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo, un espazo de referencia no mundo do ciclismo galego. As persoas interesadas nesta actividade deberán anotarse previamente na oficina municipal de Deportes, situada no Centro Social, ou a través do teléfono 981 811 329.

A partir das 10:30 horas abrirase o prazo de inscrición para a marcha ciclista e a xincana infantil no paseo do Espolón, punto neurálxico do evento. Ás 11:30 horas, dará comezo a marcha ciclista non competitiva de 15 quilómetros, dirixida a persoas maiores de 6 anos. O uso do casco será obrigatorio durante todo o percorrido.

Para os máis pequenos, o Concello preparou unha xincana lúdica e educativa, pensada para iniciarse no manexo da bicicleta en contornas seguras e divertidas.

Ao remate da marcha, arredor das 13:00 horas, procederase ao sorteo de material deportivo e diferentes agasallos entre todas as persoas participantes.

A actividade está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Oliveira Bike, Casa Grobas, Deportes Estornela, CC Padronés Cortizo, A de Mario, Apiario Mazara-Rial e Onnyx Eyewear.

Desde o Concello anímase a toda a cidadanía a participar nesta festa do deporte e da mobilidade sostible, que ano tras ano reúne á veciñanza e aos visitantes nun ambiente familiar e festivo.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…