Novas recentes

O Concello de Padrón recibirá da Deputación da Coruña un total de 61.903,04€ 46.903,04€ destinarase ao fondo de axudas de emerxencia que ten como obxectivo cubrir necesidades básicas esenciais O Programa Babel, para a integración de persoas migrantes e mulleres en situación de vulnerabilidade, recibirá 15.000€ Na sesión plenaria extraordinaria do Concello de Padrón, celebrada o luns 13 de xaneiro de 2025, aprobouse por unanimidade a proposta do executivo local que destinaba 61.903,04€ do POS+ Adicional a apoiar ás persoas máis vulnerables. Unha parte da cantidade aportada pola Deputación da Coruña (46.903,04€) destinarase ao fondo de axudas de emerxencia social.…
O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de xullo de 2025   O Concello de Padrón convoca a XXXV edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, un certame de referencia no panorama literario nacional que se celebra ininterrompidamente desde 1989 en homenaxe permanente ao escritor padronés, Premio Nobel de Literatura. O concurso está dotado cun premio de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e escritos en galego ou castelán, cunha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou escritos en formato word a dobre…
Completaron o podio Sofía Freaza, Nati García, Jorge Puig e Mehdi Elnabaoui  ||   Na 5K os gañadores foron Xoana Rodil, Isabel Soutullo e Inés Papín; Iván Puentes, Antonio Teijido e Brais García  ||    Lassana Troure e Thierno Sacko, dous dos inmigrantes do centro de acollida de Padrón, participaron na proba  ||   Público e participantes puideron degustar saborosos petiscos na foodtrack de Galicia Sabe Amar  ||     Uxía Pérez e David de la Fuente foron os gañadores absolutos da Padrón 10K, unha proba na que participaron os dous como preparación para o Campionato de España no que competirán proximamente. Esta XXII edición…
Un total de 614 atletas completarán os 10 quilómetros e 415 farano na categoría escolar  Ás catro da tarde tomarán a saída participantes na categorías de pitufos e prebenxamíns, ás 16.50 horas comeza a 5K e ás 17.40 a carreira de dez quilómetros O Concello limita o aparcamento e haberá cortes de circulación que afectarán ao Campo do Souto, á rúa Travesía Feira, accesos, paseo e carril bici da desembocadura do río Sar, rúa Agro do Medio, Praza da Leña e rúa Castelao Xa está todo listo para dar a saída mañá sábado, 15 de febreiro, á tradicional carreira 10K,…
Os actos comezarán ás 13:30 horas co desfile dos xigantes de Rosalía e de Castelao cedidos polo Concello de Rianxo  Os establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións do Caldo de Gloria A tradicional ofrenda floral diante da estatua de Rosalía de Castro no paseo do Espolón será ás 18:00 horas   Padrón, berce da escritora máis universal de Galicia, conmemorará o vindeiro domingo 23 de febreiro o Día de Rosalía cunha completa programación organizada polo Concello de Padrón que se completará coas realizadas dende a Fundación Rosalía de Castro. A xornada incluirá actos institucionais, degustacións gastronómicas e actividades culturais co obxectivo de…
O desfile, que se celebra o sábado 8 de marzo ás 17:00 horas, completará o seu percorrido tradicional A inscrición estará aberta ata o xoves 6 de marzo ás 14:00 horas  Na categoría de comparsas/grupos de máis de 20 membros a contía do galardón pasa a ser de 1.200 euros para o primeiro clasificado, 800 euros para o segundo e 600 euros para o terceiro   O Concello de Padrón organiza unha nova edición do concurso de disfraces, carrozas e comparsas con motivo do Entroido 2025 que se celebrará o sábado 8 de marzo, coincidindo co sábado de piñata. Este…
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, tivo hoxe palabras de agradecemento para as traballadoras e traballadores municipais que durante estes días estiveron traballando arreo para minimizar os efectos do temporal, para garantir a seguridade e atender ás emerxencias que se produciron.  Anxo Arca fixo extensivo este recoñecemento ao cadro de persoal das emprsaas privadas que se encargan do mantemento de diferentes servizos municipais. Nunha reunión celebrada este 29 de xaneiro no salón de Plenos, Anxo Arca conversou cunha representación do cadro de traballadores municipais. En nome de toda a veciñanza trasladoulles o agradecemento e recoñecemento pola súa implicación durante estes…
O alcalde, Anxo Arca, recibiu a escritora e perruqueira padronesa e animouna a continuar publicando  !!   “É un orgullo para min poder ver a miña obra na biblioteca do meu pobo”, asegura a autora  !!   Publicada por Avant Editorial, a obra aborda a historia de amor dunha viúva e dun famoso artista musical  !!     O alcalde Anxo Arca agradeceulle á escritora e perruqueira padronesa Miryam Vidal que lle regalase tres exemplares do seu primeiro libro á biblioteca municipal para compartir a súa obra con toda a veciñanza. Romeo y yo trata sobre a historia de amor entre unha escritora viúva…
A enquisa será a base para a elaboración dun proxecto que se presentará ao Instituto da Mocidade (INJUVE) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para acceder a unha axuda económica A enquisa é completamente anónima  O obxectivo do Concello de Padrón é programar actividades para a xuventude que durante anos estivo esquecida O Concello de Padrón, a través dos departamentos de Novas Tecnoloxías, Mocidade e Voluntariado, pon en marcha unha enquisa dirixida á mocidade padronesa co obxectivo de coñecer as súas inquietudes, ideas e suxestións sobre diversos aspectos da localidade. Esta iniciativa busca cubrir un baleiro detectado…
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta formación cunha subvención de 220.000 euros  ||   Neste programa participan os concellos de Padrón, Rois, Dodro, Valga, Catoira e Pontecesures  ||         O alcalde de Padrón, Anxo Arca, asistiu este 17 de xaneiro ao acto de inauguración do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Dodro 2024-25, no que participan os municipios de Padrón, Rois, Dodro, Catoira, Pontecesures e Valga para formar a 100 persoas demandantes de emprego destes municipios. O acto oficial celebrouse no salón de plenos do Concello de Pontecesures, presidido pola súa alcaldesa, Maite Tocino.…
Páxina 13 de 82

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…