-->

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

  • O alcalde avanza que levará ao vindeiro Pleno a suba da taxa por ocupación de vía pública de 0,68 a 0,81 euros por metro e día

  • O Concello destinará a financiar e mellorar o servizo de limpeza viaria os 60.000 euros que prevé recadar con esta medida

  • O goberno local tamén quere establecer unha taxa por expedir a Pedronía

 Lixo mercadillo dominical Rio Horizontal

 

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves a intención do goberno local de someter á consideración do Pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de moitos vendedores do mercado dominical. Cada domingo, rematado o mercado, a imaxe do noso pobo é absolutamente lamentable, algo que non estamos dispostos a tolerar”.

Para avanzar na mellora da limpeza da vila o Goberno levará ao Pleno ordinario do vindeiro xoves o aumento da taxa por ocupación da vía pública que pagan os propietarios dos postos do mercado dominical para incrementala dos 0,68 euros metro cadrado día ata os 0,81 euros.

Segundo o alcalde, “o custe da limpeza derivada da falta de civismo de moitos feirantes non pode recaer nas padronesas e nos padroneses. Con esta medida serán os feirantes quen financien o incremento do custo que supón a recollida deste exceso de lixo”, asegura. 

As medidas que prevé implementar o goberno padronés van máis alá da subida da taxa. “Tamén aumentaremos a vixilancia no mercado e traballamos no endurecemento das sancións por depositar lixo na vía pública. Todo o mundo debe mentalizarse de que Padrón debe quedar limpo”, aclara o alcalde.

Ademais, o goberno municipal levará ao Pleno deste mes o establecemento dunha nova taxa pola expedición da Pedronía, o documento que acredita ter visitado certos lugares e monumentos de Padrón, moi popular entre os peregrinos e peregrinas, así como polo tubo para gardala. 

Anxo Arca avanza que se proporá ao Pleno cobrar 2 euros pola Pedronía e 3 euros polo tubo. Deste xeito “os visitantes e as visitantes comezarán a contribuír ao Concello, que destinará os recursos obtidos con esta taxa ao mantemento de infraestruturas públicas e ao financiamento das actividades de fomento do turismo”. 

O alcalde destaca que estas taxas “non afectan ás padronesas e aos padroneses”, e “axudarán a que Padrón dispoña de máis recursos públicos para seguir avanzando”.

 Lixo Mercado Dominical Espolon

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…