-->

Publicadas as listaxes de participantes admitidos no campus deportivo de verán

  • Vai dirixido á rapazada de 6 a 15 anos e celebrarase en dúas quendas: do 23 de xuño ao 9 de xullo e do 10 ao 29 de xullo

  • Combina as propostas deportivas e lúdicas con saídas ao Monte Santiaguiño, á piscina da Esclavitude e ao Aquapark de Cerceda

20250522 Campus Deportivo Veran 2025

16 de xuño de 2025

O Concello de Padrón publica as listaxes de participantes admitidos no Campus deportivo de verán 2025, tanto da primeira como da segunda quenda. 

Así mesmo, lembra que o custo por quenda é de 30€ por participante, 25€ para segundo/a irmán/á e 20€ para terceiro/a irmán/á e posteriores.

O pago da actividade deberá realizarse no número de conta: ABANCA ES13 2080 5493 1631 1010 0019, indicando no concepto CDV - nome e apelidos do/a neno/a

Por último, o xustificante de pago deberá entregarse na oficina de Deportes do centro social antes do inicio do campus.

Listaxe admitidos/as na 1ª quenda

Listaxe admitidos/as na 2ª quenda

 

23 de maio de 2025

O Concello de Padrón organiza unha nova edición do Campus Deportivo de Verán, unha actividade que cada ano reúne a ducias de nenos e nenas para desfrutar do deporte, da natureza e da convivencia durante o período estival. O campus desenvolverase entre o 23 de xuño e o 29 de xullo, en horario de luns a venres, e estará dividido en dúas quendas: a primeira irá do 23 de xuño ao 9 de xullo, e a segunda do 10 ao 29 de xullo.

Está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2019, ámbolos dous incluídos, e contará cun total de 120 prazas, repartidas entre as dúas quendas. A matrícula terá un custe de 30 euros por participante e por quenda, aínda que se aplicarán descontos no caso de irmáns: 25 euros para o segundo e 20 euros para o terceiro e seguintes.

As inscricións deberán realizarse no rexistro do Concello de Padrón. Entre o 2 e o 8 de xuño estará aberto o prazo para persoas empadroadas no municipio, mentres que do 9 ao 15 de xuño poderán inscribirse participantes doutros concellos. A listaxe de admitidos e admitidas publicarase o 17 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello e tamén na páxina web municipal.

Para formalizar a inscrición, os pais, nais ou titores deberán entregar a ficha de inscrición cuberta e asinada. No caso de solicitar matrícula reducida para irmáns, tamén deberán aportar unha fotocopia do libro. Unha vez admitidos, será necesario realizar o pago na conta de ABANCA ES13 2080 5493 1631 1010 0019 e entregar o xustificante de pago na oficina de deportes do Centro Social antes do inicio do campus.

Ao longo do campus, os rapaces e rapazas poderán participar nun amplo abano de actividades como multideporte, xogos populares, marchas en bicicleta, sendeirismo ou actividades acuáticas na piscina da Esclavitude. Tamén se realizarán saídas especiais á área recreativa de Lamas, en Extramundi; propostas de aventura en Galipark; e, como colofón en cada quenda, unha excursión ao Aquapark de Cerceda, con transporte incluído.

O punto de partida habitual será o Pavillón Grupo Escolar, agás nos casos das actividades que teñan lugar noutras instalacións como a piscina da Esclavitude, Galipark ou a área recreativa de Lamas, onde os participantes deberán ser levados e recollidos polas familias. Para o correcto desenvolvemento das actividades, recoméndase levar roupa deportiva, gorra, auga e protección solar, así como roupa de baño, chanclas e toalla ou bicicleta e casco para as xornadas específicas.

O calendario de actividades, as bases de participación e a ficha para inscribirse poden descargarse na páxina web municipal, nesta ligazón:

Bases, calendario de actividades e solicitude de inscrición.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…