-->

Éxito de participación no Día da Bicicleta 2025 en Padrón, con 181 inscritos de todas as idades

  • José Ramón Vigo, de 83 anos, homenaxeado como ciclista máis veterano nunha marcha multitudinaria

  • Esta cita consolídase como un dos eventos familiares máis participativos do ano na vila

 20250531 Dia bicicleta Padron (45)

Padrón viviu esta mañá unha auténtica festa da bicicleta e da mobilidade sostible con motivo da celebración dunha nova edición do Día da Bicicleta, que reuniu a 181 persoas inscritas de todas as idades nunha xornada marcada polo bo tempo, o espírito deportivo e o excelente ambiente familiar.

20250531 Dia bicicleta Padron (31)

Desde primeiras horas da mañá, o paseo do Espolón converteuse no punto neurálxico da cita. A actividade arrancou ás 10:00 h cunha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo, referente do ciclismo en Galicia. A continuación, os máis pequenos e pequenas foron os protagonistas da mañá cunha xincana infantil, que lles permitiu iniciarse no manexo da bicicleta dun xeito seguro e divertido antes da saída oficial.

20250531 Dia bicicleta Padron (7)

Ás 11:30 h deu comezo a marcha ciclista de 15 quilómetros, non competitiva e dirixida a maiores de 6 anos, cun percorrido pensado para gozar do deporte e da contorna ao seu paso por Padrón, Estramundi, Iria, Paseo da Constitución (onde estaba o punto de avituallamento) e as brañas de Lestrove.

Ao longo da mañá reinou o compañeirismo, a alegría e a camaradería, nun evento no que tamén participaron o alcalde Anxo Arca, o concelleiro de Deportes Luis Mariño, e as concelleiras Chus Campos e Laura Horta. Cómpre destacar que tanto Chus Campos como Luis Mariño completaron a marcha xunto ao grupo en bicicleta.

20250531 Dia bicicleta Padron (23)

Un dos momentos máis emotivos chegou coa entrega dun agasallo ao participante máis veterano deste ano: José Ramón Vigo Ferradás, de 83 anos. Tamén participou, como é habitual, Mario Alfonsín, de 82 anos, que fixo o percorrido acompañado do seu fillo e os seus netos, deixando unha imaxe para o recordo.

20250531 Dia bicicleta Padron (51)

A emoción e as risas foron protagonistas na entrega dos numerosos agasallos achegados polos patrocinadores, entre os que se atopan Oliveira Bike, Casa Grobas, Deportes Estornela, CC Padronés Cortizo, A de Mario, Apiario Mazara-Rial e Onnyx Eyewear, ademais da Deputación da Coruña.

20250531 Dia bicicleta Padron (15)

O Concello de Padrón agradece especialmente o traballo da agrupación de Protección Civil, así como de todo o persoal voluntario, colaboradores e patrocinadores que fixeron posible unha cita segura e ben organizada.

Esta actividade continua a afianzar o compromiso do goberno de Padrón cunha mobilidade máis sostible e unha vida activa.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…