Novas recentes
O material facilitado pola AGASP mellorará a capacidade de resposta en situacións de emerxencia O equipo de Protección Civil do Concello de Padrón recibiu un kit de ferramenta eléctrica entregado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), no marco da Orde do 22 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. Esta orde establece as bases para a adxudicación de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes para a dotación de equipos de emerxencias. O novo material mellorará a capacidade de resposta do equipo de Protección Civil en situacións…
O alcalde Anxo Arca, acompañado da concelleira Laura Horta, deu a benvida á delegación e explicou aos mozos e mozas o funcionamento do Concello e a historia da vila Trátase da terceira viaxe que persoas desta rexión nipoa realizan á vila rosaliana desde a firma do acordo de amizade entre ambas localidades Padrón recibiu a visita dun grupo de estudantes xaponeses procedentes da prefectura de Wakayama, que chegaron ao municipio no marco do irmandamento entre Padrón e Shingu. Trátase da terceira viaxe que persoas desta rexión xaponesa realizan á vila rosaliana desde a firma do acordo de amizade entre…
O proxecto contempla unha nova oficina de turismo con espazo polivalente para peregrinos, showcooking e exposicións, ademais de melloras estruturais na praza O Concello traballa para conseguir financiamento e levar a cabo a renovación integral deste espazo clave para a economía local O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, amosou o seu interese e valorou positivamente a iniciativa O Concello de Padrón continúa avanzando no seu proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos, unha actuación estratéxica que permitirá revitalizar este espazo emblemático combinando a súa esencia tradicional cunha oferta turística e gastronómica moderna e atractiva. O obxectivo principal é…
A proposta será presentada no Pleno que se celebrará o xoves 27 de marzo A medida, que responde á Lei de Memoria Democrática, inclúe a devolución da Medalla de Ouro e un rexeitamento ao réxime franquista “É un acto de xustiza e reparación necesario”, subliña o alcalde Anxo Arca O goberno municipal levará ao próximo Pleno do Concello, que se celebra o xoves 27 de marzo, a proposta para a retirada das honras e distincións concedidas ao ditador Francisco Franco como parte do compromiso coas obrigas establecidas na Lei 20/2022, de Memoria Democrática. A decisión chega tras a confirmación dun…
As persoas que desexen participar terán ata o 16 de abril para inscribirse na proba que se celebrará o sábado 19 A inscrición é gratuíta para as categorías escolares, mentres que para a proba absoluta o custo é de 7 € Como é tradicional, a saída terá lugar dende a praza de Macías a partir das 10:30 horas A probra foi incluida no XI Circuíto de Carreras Deputación da Coruña A Carreira Popular de Pascua, organizada polo Concello de Padrón, abre hoxe 20 de marzo o prazo de inscrición para a súa 44ª edición que se celebrará o sábado 19…
Coincidindo con este recoñecemento tamén se presentou o libro galardoado, publicado na colección Poesía Rosalía de Castro O alcalde Anxo Arca recoñeceu a calidade artística da obra que ofrece unha visión renovada sobre a represión franquista O Auditorio da Fundación Rosalía de Castro acolleu este venres 14 de marzo a entrega do Premio do Certame Poético Rosalía de Castro, que nesta décima edición recoñeceu a obra Actas de sospeita do escritor e pintor Xurxo Alonso García. Coincidindo con este recoñecemento, tamén se presentou o libro galardoado, publicado na colección Poesía Rosalía de Castro. O xurado do certame destacou esta…
• A cineasta asistiu á proxección do seu documental ‘El Proxeneta’ e participou no debate posterior• A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, recorda que este acto dálle continuidade o traballo que se comezou hai meses nos institutos co visionado de ‘Chicas nuevas 24 horas’ Mabel Lozano, cineasta e activista na loita contra a explotación sexual das mulleres, avogou este venres, 14 de marzo, en Padrón pola abolición da prostitución durante o debate que seguiu á proxección de ‘El proxeneta. Paso corto, mala leche’, documental no que se achega ao sórdido mundo da prostitución a través do duro testemuño dun tratante…
O Convento do Carme de Padrón acolle a IX Exposición da Camelia e do Bonsái os días 29 e 30 de marzo
O prazo de inscrición para expositores remata o luns 18 de marzo A entrada é libre e gratuíta para todas as actividades A inauguración é o sábado ás 13.00 horas e inclúe un acto de irmandade coa Exposición da Camelia do Concello de Vedra A cita inclúe un programa diverso con mostras de escultura e pintura, talleres, demostracións e visitas guiadas O Concello de Padrón organiza a IX Exposición da Camelia e do Bonsái que terá lugar os días 29 e 30 de marzo no Convento do Carme. O evento, de entrada libre e gratuíta, reunirá expositores, afeccionados e…
Melloráronse as condicións da instalación cun novo chan, iluminación LED, o illamento da cuberta e bombas de calor A veciñanza poderá gozar dun espazo máis eficiente e sostible A actuación responde á aposta do goberno municipal pola modernización das infraestruturas municipais para reverter o seu estado de deterioro O Concello de Padrón vén de completar unha serie de melloras no Pavillón do Souto para garantir unhas instalacións deportivas modernas, eficientes e adaptadas ás necesidades da veciñanza. Esta actuación responde á aposta do goberno municipal por modernizar e mellorar a calidade das infraestruturas municipais, que se atopaban nun evidente estado de…
Os establecementos Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, O Santiaguiño e Chef Rivera ofrecerán menús especiais elaborados para a ocasión A programación inclúe unha charla sobre a lamprea como organismo ancestral, un roteiro polo río e unha sesión inmersiva en Bandín que inclúe un paseo e a creación de pezas con arxila Padrón acolle a undécima edición das Xornadas Gastronómicas da lamprea que se desenvolverán os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de marzo. Durante este período, prevese unha programación que combinará divulgación, natureza e gastronomía en torno a este prezado produto. Os establecementos colaboradores ofrecerán menús especiais…
Galego
Español



