Novas recentes
O programa atende a nove persoas con deterioro cognitivo leve ou diagnóstico de demencia, con actividades que promoven o benestar físico e emocional O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Servizos Sociais, Marió Saco, visitaron este luns 22 de setembro o centro de estimulación cognitiva que acolle a Casa dos Capeláns, en Iria Flavia. Desde a súa inauguración en decembro de 2024, o programa de estimulación cognitiva que ofrece Agadea Alzhéimer en Padrón segue consolidándose como un recurso de referencia na atención a persoas con deterioro cognitivo ou diagnóstico de demencia. Esta iniciativa naceu da colaboración entre…
As clases están abertas a persoas de todas as idades e desenvolveranse entre outubro de 2025 e xuño de 2026 As inscricións permanecerán abertas ata dez días antes de cada actividade O Concello de Padrón continúa apostando pola formación dixital da veciñanza e pon en marcha un completo programa de cursos gratuítos de informática e novas tecnoloxías, abertos a persoas de todas as idades, que se desenvolverán entre outubro de 2025 e xuño de 2026. A iniciativa contempla unha sesión ao mes, que se impartirá tanto na Aula CeMIT de Padrón (Campo do Souto nº2) como noutras parroquias do…
O alcalde de Padrón participou esta mañá no acto de clausura xunto a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e aos alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e Dodro, Xavier Castro || Formáronse en atención sociosanitaria a domicilio e acabados ríxidos e urbanización || Dos 20 alumnos e alumnas participantes, 4 xa están traballando || O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradeceu esta mañá o esforzo das 20 persoas desempregadas que participaron no obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2024 e amosou a súa confianza de que pronto todas elas se incorporen ao mercado laboral…
O alcalde Anxo Arca entrégalle ao presidente Tanis Vázquez unha figura de Sargadelos “en recoñecemento a súa traxectoria e a grande aportación ao deporte padronés” || Tanis Vázquez resalta que o club leva o nome de Padrón e é un dos máis potentes da provincia, con máis de 70 licencias || Ao acto asistiu tamén o deputado de Deportes da Deputación, Antonio Leira || O Concello de Padrón rendeulle este luns unha homenaxe ao Club Ciclista Padronés Cortizo polos numerosos éxitos deportivos acadados nos seus case setenta anos de historia. O alcalde, Anxo Arca, o concelleiro de Deportes, Luis…
O Concello executou traballos de mellora para a posta a punto das instalacións antes da volta ás aulas O obxectivo é garantir que alumnado e profesorado dispoñan de espazos seguros, cómodos e renovados para desenvolver a súa actividade diaria O alumnado de Padrón incorporouse este luns, 8 de setembro, ao novo curso escolar en centros que presentan un mellor aspecto grazas ao plan de traballos de acondicionamento impulsado polo Concello durante o verán. O goberno local programou diferentes actuacións co obxectivo de que os colexios estivesen listos e en óptimas condicións para a volta ás aulas. As intervencións abrangueron labores…
Beatriz Maroño, José Luis Domínguez, Ana Vázquez e Alain Miñones resultaron gañadores nas catro categorías do certame Os premios inclúen libros de Camilo José Cela, un bono para practicar paddel surf e lotes de produtos gastronómicos A primeira edición contou coa participación de 60 persoas e o Concello agradece a acollida da iniciativa O Concello de Padrón deu a coñecer os gañadores da primeira edición da quedada fotográfica organizada en colaboración coa comunidade de creadores FotoWalk Galicia, celebrada o pasado 14 de xuño e na que participaron arredor de sesenta persoas. Nesta ocasión, o certame propuxo catro bloques temáticos ligados…
As clases comezarán o mércores 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2026 As actividades combinarán ximnasia, pilates, ioga, informática, pintura e manualidades para maiores de 50 anos. As clases desenvolveranse tanto no núcleo urbano como nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi. O programa complétase con club de lectura, viaxes culturais e voluntariado Ategal para fomentar a participación cidadá As Aulas Sénior de Padrón, orientadas a fomentar un envellecemento activo, arrancan un novo curso cunha programación variada de actividades saudables, culturais e de lecer. O programa, xestionado por Ategal en colaboración co Concello…
As clases comezarán o 29 de setembro e rematará o 17 de xuño O prazo de matrícula abrirase o 10 de setembro para persoas empadroadas no municipio e o 17 de setembro para o público en xeral O Concello de Padrón anuncia a posta en marcha da súa programación anual de Escolas Deportivas Municipais e Actividades Físico-Deportivas, que se desenvolverá entre o 29 de setembro de 2025 e o 17 de xuño de 2026. A iniciativa, coordinada pola Concellaría de Deportes, pretende ofrecer á veciñanza unha ampla variedade de disciplinas deportivas adaptadas a todas as idades, desde a infancia…
O Concello de Padrón continúa a traballar na mellora e modernización do comercio local a través de accións formativas que responden ás novas necesidades do sector. Tras a experiencia dos cursos impulsados pola Deputación da Coruña, a raíz do evento organizado pola Oficina Acelera Pyme da Deputación da Coruña o pasado 4 de xuño de 2024, baixo o título Conectando cos teus clientes a través das RRSS, no ano 2025 desenvolveuse un novo programa formativo en Padrón. Durante catro semanas consecutivas, os comerciantes tiveron a oportunidade de participar en sesións prácticas centradas en: Fotografía aplicada ás estratexias dixitais e ao negocio…
A veciñanza padronesa poderá viaxar de xeito individual ao municipio xinenense os días 26 e 27 de setembro A programación, incluída a comida de fraternidade, está coordinada polos concellos O prazo de inscrición está aberto ata o 8 de setembro na Oficina de Turismo de Padrón Unha representación da corporación municipal, encabezada polo alcalde Anxo Arca, tamén participará na viaxe O obxectivo é fortalecer os seus lazos de amizade e cooperación cultural arredor da figura de Macías o Namorado O Concello de Padrón organiza os días 26 e 27 de setembro a Caravana da Irmandade a Arjonilla, unha viaxe coa…
Galego
Español



