Novas recentes

• A cineasta asistiu á proxección do seu documental ‘El Proxeneta’ e participou no debate posterior• A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, recorda que este acto dálle continuidade o traballo que se comezou hai meses nos institutos co visionado de ‘Chicas nuevas 24 horas’ Mabel Lozano, cineasta e activista na loita contra a explotación sexual das mulleres, avogou este venres, 14 de marzo, en Padrón pola abolición da prostitución durante o debate que seguiu á proxección de ‘El proxeneta. Paso corto, mala leche’, documental no que se achega ao sórdido mundo da prostitución a través do duro testemuño dun tratante…
O prazo de inscrición para expositores remata o luns 18 de marzo A entrada é libre e gratuíta para todas as actividades A inauguración é o sábado ás 13.00 horas e inclúe un acto de irmandade coa Exposición da Camelia do Concello de Vedra A cita inclúe un programa diverso con mostras de escultura e pintura, talleres, demostracións e visitas guiadas   O Concello de Padrón organiza a IX Exposición da Camelia e do Bonsái que terá lugar os días 29 e 30 de marzo no Convento do Carme. O evento, de entrada libre e gratuíta, reunirá expositores, afeccionados e…
Melloráronse as condicións da instalación cun novo chan, iluminación LED, o illamento da cuberta e bombas de calor  A veciñanza poderá gozar dun espazo máis eficiente e sostible A actuación responde á aposta do goberno municipal pola modernización das infraestruturas municipais para reverter o seu estado de deterioro O Concello de Padrón vén de completar unha serie de melloras no Pavillón do Souto para garantir unhas instalacións deportivas modernas, eficientes e adaptadas ás necesidades da veciñanza. Esta actuación responde á aposta do goberno municipal por modernizar e mellorar a calidade das infraestruturas municipais, que se atopaban nun evidente estado de…
Os establecementos Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, O Santiaguiño e Chef Rivera ofrecerán menús especiais elaborados para a ocasión A programación inclúe unha charla sobre a lamprea como organismo ancestral, un roteiro polo río e unha sesión inmersiva en Bandín que inclúe un paseo e a creación de pezas con arxila   Padrón acolle a undécima edición das Xornadas Gastronómicas da lamprea que se desenvolverán os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de marzo. Durante este período, prevese unha programación que combinará divulgación, natureza e gastronomía en torno a este prezado produto. Os establecementos colaboradores ofrecerán menús especiais…
A concelleira de Igualdade e Muller, Mariló Saco, leu o manifesto do 8M destacando a importancia desta data como un día de reivindicación polos dereitos das mulleres e de loita contra todas as formas de discriminación por razón de sexo O Auditorio Municipal acolleu tamén a actuación de Catro Cores, un grupo de catro mulleres que forman o único cuarteto de trompas de Galicia O alcalde volveu amosar o compromiso do Concello de Padrón “na loita pola igualdade” e por darlle o protagonismo que merecen Rendeuse homenaxe a María José Castro, Beatriz Vázquez Lorenzo, Elena Villaverde, Isabel Oliveira, Martina López,…
Anxo Arca acompañou á conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez na visita ás obras de ampliación da ETAP A obra, que se prevé rematar no primeiro trimestre de 2026, elevará a capacidade de 450 a 610 litros por segundo, garantindo o abastecemento para os dez concellos da ría de Arousa O alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto aos membros do goberno local, acompañou esta mañá á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, na visita ás obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Padrón. Esta actuación, que se prevé finalizar no primeiro trimestre…
Desde este momento no lugar ondeará a bandeira constitucional xunto a un libro pétreo co preámbulo da Carta Magna gravado  A nova denominación do paseo reflicte o compromiso do goberno local cos valores democráticos e coas institucións que fixeron posible o progreso do país   O Concello de Padrón anuncia a modificación da denominación da ata agora coñecida como Área Recreativa da Confluencia dos ríos Sar e Ulla, que pasará a chamarse Paseo da Constitución. Segundo o decreto asinado polo alcalde, Anxo Arca, esta decisión busca poñer en valor o legado da Carta Magna de 1978 e transmitir ás futuras…
O galardón recoñece a interpretación da actriz arzuana na obra  ‘Iribarne’, papel que lle valeu a candidatura aos Premios Max  O xurado, presidido polo alcalde Anxo Arca, destaca a súa versatilidade interpretativa e a calidade do seu traballo escénico   Lidia Veiga foi recoñecida co XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón en recoñecemento a súa interpretación na obra Iribarne. O seu papel nesta peza co-producida pola compañía Butaca Zero e polo Centro Nacional Dramático valeulle a candidatura aos Premios Max á Mellor Interpretación Feminina, así como a nominación aos premios María Casares como…
A iniciativa, promovida xunto co CIM Terras de Iria, recoñece a traxectoria de oito mulleres que marcaron a historia local  Nesta edición renderase homenaxe a María José Castro, Beatriz Vázquez Lorenzo, Elena Villaverde Sóñora, Isabel Oliveira, Martina López, Miriam Cortizo, Noa Vázquez e ao CIM Terras de Iria   O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller co lanzamento de Rumorosas 2025, unha iniciativa que pon en valor a traxectoria e o legado de oito mulleres da vila que destacaron en diferentes ámbitos. A exposición e…
O Mercado ‘Voces Delas’, os Premios Rumorosas e os talleres de formación dixital forman parte das propostas da programación A lectura do manifesto institucional será o sábado no Auditorio Municipal ás 12:00 horas   O Concello de Padrón volve reivindicar o papel das mulleres cunha programación especial para conmemorar o 8M. A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) deseñaron unha serie de actividades abertas á participación de toda a veciñanza co obxectivo de fomentar a igualdade e poñer en valor a contribución das mulleres en distintos ámbitos. O programa comezou a desenvolverse xa este domingo…
Páxina 6 de 76

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…