Novas recentes

O programa inclúe ximnasia de mantemento e camiñadas saudables adaptadas á poboación maior O prazo de inscrición abre o próximo mércores 13 de maio   O Concello de Padrón, en colaboración con ATEGAL, pon en marcha un novo ciclo de actividades deportivas dirixidas á poboación sénior durante os meses de xuño e xullo, no marco do programa das Aulas Sénior de Padrón. A proposta está deseñada para fomentar o benestar físico e emocional das persoas maiores, ofrecendo dúas modalidades adaptadas ás súas necesidades. Por unha banda, a actividade de ximnasia de mantemento, que contará con dous grupos en horario de…
A actuación, financiada polo POS+ da Deputación da Coruña, permitiu modernizar unhas instalacións desgastadas tras máis de dúas décadas de uso A reforma incluíu a renovación do céspede artificial, así como do sistema de rego e do valado perimetral do terreo de xogo O Concello de Padrón completou a intervención con melloras nos vestiarios, incorporando un espazo específico para xogadoras O alcalde celebra que, “ás portas do seu centenario, co campo renovado, o Sar continuará facendo historia e sendo un orgullo para Padrón”   Este domingo, 3 de maio, inaugurouse o novo campo de fútbol do Sar, tras a completa…
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e desenvolverase durante os meses de xullo e agosto Inclúe actividades educativas, lúdicas e saídas, favorecendo a conciliación das familias no período estival   O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns 4 de maio o prazo de inscrición para participar no programa Concilia Verán 2026, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período estival. A actividade desenvolverase no CEIP Flavia e está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, cun horario de 7.45 a 15.15…
‘Desfruta o Padrón Xacobeo co teu can’ consistirá nunha ruta guiada de 3 km, gratuíta e pensada para as persoas que queiran desfrutala na compañía dos seus animais Con esta proposta innovadora, Padrón dá un paso máis cara a un modelo turístico máis sostible, inclusivo e adaptado ás novas demandas, “pois cada vez máis persoas viaxan coas súas mascotas e buscan experiencias de calidade e en contacto coa natureza”, destaca a concelleira de Turismo, Chus Campos O Concello de Padrón, en colaboración coa axencia de viaxes pet friendly Rekunchos, presenta unha nova proposta turística innovadora baixo o título Desfruta o…
A iniciativa inclúe rutas culturais, visitas guiadas, actividades gastronómicas e propostas de turismo activo ao longo de todo o ano O Concello reforza a colaboración con entidades e empresas locais para consolidar un modelo turístico sostible e de calidade   O departamento de Turismo do Concello de Padrón deseñou para 2026 un ambicioso programa integral de promoción turística que inclúe máis de 50 accións e actividades ao longo de todo o ano, orientadas á dinamización do territorio, á posta en valor do patrimonio e á promoción dun turismo sostible e responsable. Esta planificación abrangue propostas que combinan cultura, natureza, gastronomía…
O uso do móbil, a reflexión educativa e o documentalismo fotográfico centran os seminarios O programa desenvolverase do 8 ao 15 de xuño, con matrícula gratuíta O programa universitario de maiores IV Ciclo da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en xuño ao Concello de Padrón cunha nova edición dirixida ás persoas maiores de 50 anos, ofrecendo formación universitaria gratuíta e de calidade. A iniciativa desenvolverase entre os días 8 e 15 de xuño, en horario de 16.30 a 18.00 horas, e inclúe tres seminarios temáticos de dúas sesións cada un. A matrícula é gratuíta e pode formalizarse no…
A xornada comezará ás 11.45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón A veciñanza que queira asistir ao xantar para maiores de 60 anos e pensionistas deberá retirar a súa invitación no centro social ata o día 4 de maio e realizar un ingreso de 10 euros   O Concello de Padrón celebrará o vindeiro mércores 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio, unha das citas máis arraigadas no calendario local, que cada ano combina tradición relixiosa, música e un espazo de encontro para a veciñanza. A programación dará comezo ás 11.45 horas coa…
O auditorio municipal acolleu a terceira edición deste acto que reafirma o compromiso institucional do Concello co recoñecemento das vítimas da represión franquista “Esta cita consolídase porque Padrón necesitaba espazos para deixar constancia de aquilo que durante moitas décadas permaneceu silenciado polo medo”, destacou o alcalde Anxo Arca desculpouse en nome das institucións públicas que compoñen o Estado polo sufrimento causado a Manuel Agrasar e á súa familia. “Un perdón que chega moi tarde, pero que non por iso deixa de ser moi necesario”, subliñou O Auditorio Municipal de Padrón acolleu esta tarde o acto central da terceira edición do…
A vila seguiu ateigada de xente e do mellor ambiente festivo durante o sábado e o domingo de Pascuilla A orquestra canaria Nueva Línea encheu o venres paseo do Espolón, e os grupos folclóricos locais e o Festival de Bandas ateigaron na fin de semana a praza de Macías O deporte tamén foi protagonista coa celebración dunha edición moi especial da Clásica de Pascua, que gañou Mats Wencel O alcalde, Anxo Arca, celebra que a Pascua 2026 “confirma que Padrón é quen de organizar eventos de gran nivel á altura das cidades, e entre todos fixemos posible unhas festas históricas”…
O Concello organiza un obradoiro creativo, un contacontos e unha mostra bibliográfica para fomentar a lectura entre a veciñanza As actividades desenvolveranse ao longo do mes de abril con propostas para público familiar, infantil e xuvenil   O Concello de Padrón celebra durante este mes de abril o Mes do Libro cunha programación cultural pensada para achegar a lectura á veciñanza de todas as idades, con especial atención ao público infantil, familiar e xuvenil. As actividades desenvolveranse na Biblioteca Municipal e inclúen propostas participativas e de animación lectora que buscan converter este espazo nun punto de encontro arredor dos libros.…
Páxina 5 de 90

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…