-->

A San Silvestre Padronesa 2025 convida á veciñanza a despedir o ano cunha carreira solidaria de 5,7 km

  • A carreira terá lugar o mércores 31 de decembro ás 17.00 horas

  • O propósito principal desta proba non competitiva é recoller alimentos para as familias máis necesitadas

  • As inscricións realizaranse no paseo do Espolón entre as 15.45 horas e 10 minutos antes do inicio

  • Ao finalizar, todos os participantes serán agasallados cun chocolate con churros

San Silvestre PADRONESA (Post de Facebook)

O Concello de Padrón convoca un ano máis á veciñanza a participar na San Silvestre Padronesa, unha carreira non competitiva, solidaria e aberta a todas as idades, que terá lugar o mércores 31 de decembro ás 17.00 horas.

O percorrido, de aproximadamente 5,7 quilómetros, comezará no paseo do Espolón, que tamén será o punto de inscrición. A proba pode completarse camiñando, correndo ou en bicicleta, fomentando a participación familiar, e as persoas menores deberán ir sempre acompañadas dun adulto responsable.

As inscricións realizaranse no mesmo Paseo do Espolón entre as 15.45 horas e 10 minutos antes do inicio. Cada participante deberá entregar un quilo de alimento non perecedoiro, que será destinado a entidades sociais do municipio, reforzando así o carácter solidario da cita. Ao finalizar a carreira, todos os participantes serán agasallados cun chocolate con churros, consolidando unha tradición que une deporte, convivencia e celebración para pechar o ano.

A San Silvestre Padronesa está organizada polo Concello de Padrón, coa colaboración de Cáritas Padrón, o Club Ciclista Padronés Cortizo, Protección Civil de Padrón e a Deputación da Coruña.

Esta cita deportiva reflicte o compromiso do Concello coa promoción do deporte, a vida saudable e a participación veciñal, enmarcándose na programación de Nadal do municipio. O Concello anima á veciñanza a sumarse a esta actividade que cada ano reúne centos de persoas e contribúe a crear un ambiente festivo, solidario e comunitario.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Oficina de Deportes do Centro Social no teléfono 981 811 329.

Consulta o regulamento premendo neste enlace

Repasa o percorrido desta edición neste plano. plano sansilvestrepadronesa2025

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…