-->

O Concello de Padrón presenta o programa do 25N baixo o lema ‘Corta cos roles que matan, corta coa violencia’

  • As actividades desenvolveranse do 14 ao 28 de novembro con propostas culturais, educativas e de sensibilización contra a violencia machista

  • O V Certame de Debuxos, a representación teatral ‘Golpes’ e a actividade ‘Latexos de Son Violeta’ son algunhas das propostas

 

O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, pon en marcha un programa de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, promover a igualdade e contribuír á erradicación de todas as formas de violencia machista.

Baixo o lema Corta cos roles que matan, corta coa violencia, a programación inclúe accións culturais, educativas e de participación social que se desenvolverán entre o 14 e o 28 de novembro.

Como en edicións anteriores, os traballos do estudantado dos centros educativos que participou no V Certame de Debuxos exporanse entre o 14 e o 28 de novembro nos escaparates de comercios, bares e establecementos de restauración de Padrón, mostrando así o compromiso da comunidade educativa e do tecido empresarial coa igualdade.

O luns 17 de novembro procederase ao alumeado de cor lila dos monumentos máis emblemáticos do municipio, como símbolo da loita contra a violencia machista e do apoio ás vítimas.

Unha das propostas máis singulares será a actividade Latexos de Son Violeta que terá lugar o martes 25 de novembro ás 19.00 h no hall do Auditorio Municipal. Impartido por Ana Vidal, trátase dun encontro de mulleres para conectar corpo e mente a través do son, a relaxación e a calma compartida. A participación é gratuíta, con inscrición previa ata o 24 de novembro no teléfono 611 003 472 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O venres 28 de novembro celebrarase o acto central da programación cunha homenaxe ás vítimas na Praza da Igualdade a partir das 17.30 h. A continuación, no Auditorio Municipal, terá lugar a representación teatral da obra Golpes, da compañía Antena, e a lectura do manifesto a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Mariló Saco. Nese mesmo acto entregaranse os premios ás persoas gañadoras do V Certame de Debuxos.

Este programa está financiado polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…