Novas recentes

A música será un ano máis a gran protagonista e eixe central duns festexos que se celebran do 27 de marzo ao 12 de abril  9Louro actuará o domingo de Pascua ás 21.00 horas e Nueva Línea, o venres de Pascuilla ás 23.30  París de Noia, Panorama, Olympus, Los Satélites e La Fórmula lideran o cartel de actuacións xunto ás orquestras locais Unión y Fuerza, Charleston, e os grupos Máster, Atenas e UF75  A programación está pensada para todos os gustos e idades, incluíndo noites dedicadas á mocidade con DJs e tamén citas coa música clásica da man das tradicionais…
O 27 de marzo comezarán as Festas de Pascua de Padrón 2026 coa apertura das atraccións das Pascua. O programa completo das festas é o seguinte:   27 de marzo. Venres 17.00h Apertura das atraccións das Festas de Pascua.   28 de marzo. sábado 09.00h XXXVII Raid Cabalar Pascua 2026. Proba puntuable para o Campionato Galego. Probas de 40km, 60km e 80km. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois con saída no Monte Santiaguiño.   Do 29 de marzo ata o sábado 4 de abril 10.00h Campionato de Tenis de Pascua 2026. Categorías absoluta, júnior, local e veterana. As finais celebraranse o sábado 4 de…
  A moza de Estramundi representa os cabaliños de Hernaiz, “como forma de volver á memoria colectiva e tamén á propia”  O alcalde e a concelleira de Festexos presentan o cartel dunhas festas que abren a temporada das grandes celebracións galegas  París de Noia, Panorama, La Fórmula e Olympus lideran o cartel de actuacións, xunto coas orquestras locais Unión y Fuerza e Charleston  Os concertos do muradán 9Louro, Nueva Línea, Assia e DJ Matrek Show son os pratos fortes da programación musical  A Feira Cabalar, o Festival de Bandas e as actuacións dos grupos folclóricos locais completan un programa para…
A actuación realizarase grazas a unha subvención de 79.938,01€ dos fondos NextGenerationEU da Unión Europea O Concello de Padrón está a executar actualmente as obras de reparación e posta en funcionamento dos depósitos de auga de Arretén, unhas instalacións que levan case vinte anos avariadas e en desuso tras quedar seriamente danadas polas riadas do ano 2006. Durante todo este tempo, estas infraestruturas permaneceron sen funcionamento, o que obrigou ao sistema municipal de abastecemento a depender en maior medida de captacións externas. Coa actuación que se está a levar a cabo, o Concello pretende recuperar unha infraestrutura propia que resulta…
A décima edición reunirá o 21 e o 22 de marzo 70 expositores chegados desde toda Galicia  ||  A inauguración será o sábado ás 13.00 horas, e inclúe unha homenaxe ao gran coleccionista de Rois Ramón Abalo  ||  O certame conta cun amplo programa de actividades de balde, desde obradoiros e visitas guiadas ata un escape room para a rapazada   O Convento do Carme de Padrón acollerá a fin de semana do 21 e 22 de marzo a X Exposición da Camelia e do Bonsái, un evento que chega ao seu décimo aniversario consolidado como unha das citas máis destacadas do…
Mariló Saco reafirma o compromiso do Concello coa erradicación da violencia machista, a promoción da igualdade laboral, a educación en valores e a visibilización do papel das mulleres  ||   Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León recolleron o galardón Rumorosas 2026  ||   Alcalde e subdelegado do Goberno presiden a entrega de galardóns nunha gala organizada en colaboración con CIM Terras de Iria  ||     O Concello de Padrón reafirmou hoxe o “compromiso firme e innegociable coa igualdade real e efectiva” durante o acto institucional do Día Internacional da…
A proba celebrarase o sábado 4 de abril con saída dende a praza de Macías a partir das 10.30 horas O prazo para anotarse remata o mércores 1 de abril ás 23.59 horas A inscrición é de balde nas categorías escolares e de 7 euros na proba absoluta O Concello de Padrón abriu o prazo de inscrición para participar na XLV Carreira Popular de Pascua, que se celebrará o sábado 4 de abril e que volverá converter a vila nun punto de encontro para centos de atletas de todas as idades. A cita, xa plenamente consolidada no calendario deportivo galego…
A programación desenvolverase os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo combinando divulgación, natureza e experiencias sensoriais Seis establecementos da vila ofrecerán propostas gastronómicas especiais durante as xornadas   Padrón acollerá os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo a duodécima edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea, unha cita xa consolidada no calendario padronés que pon en valor este produto emblemático do río Ulla desde unha perspectiva gastronómica, cultural e medioambiental. Durante dúas fins de semana, o programa combinará actividades divulgativas, roteiros interpretativos e experiencias inmersivas pensadas maioritariamente para o público familiar, co obxectivo…
A iniciativa, impulsada xunto ao CIM Terras de Iria, pon en valor a traxectoria de oito veciñas que son referentes en sectores como a ciencia, o deporte, a empresa ou o voluntariado Nesta edición as protagonistas son Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco Abad e Eneida León   O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller coa presentación de Rumorosas 2026. Esta iniciativa institucional busca visibilizar e recoñecer o papel fundamental de mulleres que, co seu esforzo…
O Concello organiza o día 23 unha xornada institucional que inclúe a lectura de poemas por parte do alumnado dos institutos locais e a tradicional alborada A hostalaría padronesa volve ser protagonista coas iniciativas ‘Caldo de Gloria’ e ‘Café con Verso’, implicando a preto dunha vintena de establecementos   O Concello de Padrón desenvolverá o vindeiro 23 de febreiro unha programación especial con motivo do Día de Rosalía, unha cita sinalada no calendario cultural galego que converterá a vila nun espazo de encontro arredor da poesía, a música e a tradición gastronómica. A xornada en Padrón comezará ás 10.00 horas…
Páxina 7 de 90

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…