-->

Empresarios padroneses colaboran co Concello aportando máis de 21.000 euros para o alumado de Nadal

  • O alcalde agradece a aportación das once firmas, que permite mellorar a iluminación no rural e no casco histórico, axudando a dinamizar o  pequeno comercio e a hostalaría local

  • “A colaboración público privada beneficia a cidadanía e fai de Padrón un punto de referencia do Nadal en Galicia”, di Anxo Arca

20251127 Padron alcalde recibe empresarios colaboran Alumeado Nadal 5

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, recibiron esta mañá na alcaldía a representantes das once empresas que este ano aportan máis de 21.000 euros para financiar o alumeado de Nadal. Unha colaboración que permitirán ampliar a iluminación, encher de luz o municipio e dinamizar o comercio e a hostelería local.

As empresas que participan nesta iniciativa son Cortizo, Hotel Scala, Finsa, Grúas Estación, Elatisnor, Mármoles Orosa, Élite, Codega, Jardimaq, Tecven e Construcciones Sobrerrivas. Con esta aportación, o Concello poderá ampliar os espazos decorados tanto no casco urbano como na zona rural, con novos conxuntos e unha mellor iluminación en todo o municipio.

“Unha vez máis vemos como a colaboración público privada beneficia a toda a cidadanía e permite reforzar en Padrón as iniciativas que dende o Concello lle propoñemos ás empresas da contorna”, asegura Anxo Arca. O alcalde resalta que os empresarios e empresarias “están sempre dispostos a botar unha man”, unha actitude que facilitará, “un ano máis, que Padrón volva ser un punto de referencia do Nadal en Galicia”.

Chus Campos, pola súa banda, destaca a implicación de empresas que son referente no municipio para potenciar o Nadal en Padrón. “Debemos resaltar que estas firmas poñen recursos para axudar ao pequeno comercio e á hostalaría do noso pobo”, asegura a concelleira de Turismo, facendo referencia a que unha maior e mellor iluminación vai ser beneficiosa para o comercio local.

Alcalde e concelleira, xunto cos integrantes do goberno municipal, recibiron este xoves a representantes das empresas na casa consistorial. Tras facerse unha foto de familia no salón de Plenos, desprazáronse ata a rotonda da N-550 preto do hotel Scala, dende a que se recibe a todos os visitantes cun “Bo Nadal Padrón”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…