Novas recentes

A xornada dará comezo ás 11:45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón  Para asistir ao xantar será preciso retirar invitación no centro social ata o día 2 de maio e realizar un ingreso de 10 euros   O Concello de Padrón celebrará o vindeiro martes 6 de maio a tradicional festividade de San Xoán do Raio, unha cita con fonda raíz popular e relixiosa que inclúe actos solemnes, música e un xantar de confraternidade para maiores. A xornada dará comezo ás 11:45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón. Ás 11:55 horas terá…
O alcalde, Anxo Arca, e integrantes do goberno presiden os actos da Irmandade, que entregou os recoñecementos anuais ||   Emotiva homenaxe ao fundador de Picusa tras as ofrendas a Rosalía e Camilo José Cela ||   Moito público no certame que xuntou as bandas de Padrón, Vilalba e Antas de Ulla ||   O paseo do Espolón vibrou co tributo a El Canto del Loco e co concerto da Banda da Loba, que presentou o seu disco ‘Lovismo’ ||     Padrón despide unhas das Festas de Pascua máis femininas dos últimos anos, que comezaron co pregón da triatleta local Martina López…
O patrimonio do río Ulla, a participación social e a historia da fotografía centran os seminarios O programa desenvolverase do 2 ao 10 de xuño, con matrícula gratuíta O programa da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en xuño ao Concello de Padrón para ofrecerlles formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos. Esta iniciativa inclúe tres seminarios temáticos de dúas sesións cada un, que se desenvolverán entre o 2 e o 10 de xuño, de catro e media a seis da tarde. A matrícula é gratuíta e pode realizarse no Centro Social de Padrón, en horario de 9.00…
Anxo Arca agradécelle a Goretti Sanmartín a axuda para formar os tribunais do proceso de estabilización de persoal do concello padronés O rexedor tivo tamén palabras de condolencia polo pasamento do papa Francisco, ao que cualificou de “reformista no seo da Igrexa” A alcaldesa compostelá lembrou hoxe “ás mulleres que non saen nos libros, que non escriben na historia, pero sempre a fixeron” O dous municipios renovan unha unión que se celebra dende hai máis de sesenta anos Padrón e Santiago volveron reforzar este Luns de Pascua os vínculos de irmandande que ámbolos municipios veñen celebrando dende hai máis de…
A inscrición superou o medio cento de exemplares e repartíronse máis de 3.000 euros en premios // Puntuable para a Copa Galicia, o certame de cabalos e éguas de pura raza galega foi o máis concorrido // O Concello de Padrón impulsou como novidade a categoría de percheróns e bretóns, os máis comúns na comarca // Nenas e nenos, un de tan só tres anos, competiron en ponis // O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos participaron na entrega de trofeos // Pechou a cita un espectáculo de doma e exercicios ecuestres // Ganderías de toda Galicia e…
A deportista destacou no seu discurso a honra de representar ao seu pobo e puxo en valor o papel das mulleres locais como referentes para as novas xeracións O Concello reafirmou o seu compromiso coa igualdade e o talento feminino nun acto conducido pola creadora de contido Sara Seco A praza de Macías acolleu o pregón e o comezo oficial dunhas festas que continuarán ata o 27 de abril co domingo de Pascuilla Nesta intensa xornada tamén se celebrou a XLIV Carreira de Pascua, a 52ª Feira de Maquinaria e os concertos das orquestras La Fórmula e Unión y Fuerza…
Preto de 700 atletas participaron nunha xornada marcada pola choiva, o compañeirismo e o espírito deportivo Atletismo Sar revalida o título com club con maior participación de atletas  Martina López e Martín Lestido, foron os primeiros atletas locais en cruzar a meta O atleta máis veterano en completar a carreira foi o ferrolán Jesús Bernal, que aos seus case 78 anos segue a demostrar a súa paixón polo atletismo    Tina Fernández Barreiros, da SD Compostela Atletismo, e Nicolás Domínguez García, do CA Sar, proclamáronse gañadores absolutos da XLIV Carreira Popular de Pascua organizada polo Concello de Padrón, nunha edición…
O auditorio municipal acolleu a segunda edición deste acto que reafirma o compromiso institucional co recoñecemento das vítimas e coa retirada da simboloxía franquista “Esta vila seguirá camiñando cara á verdade, xa sen medo, co apoio do Concello e do Estado”, destacou o alcalde Anxo Arca   O Auditorio Municipal de Padrón acolleu este luns 14 de abril o acto central da segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, unha cita institucional impulsada polo Concello para honrar a todas aquelas persoas represaliadas polo franquismo e promover os valores da xustiza, da liberdade e da memoria. O acto, no que…
O acto terá lugar no auditorio municipal a partir das 18:00 horas Contará coa participación da Banda Municipal de Padrón, a lectura de textos por parte da asociación feminista Moradaura e a actuación do dúo de acordeóns Ad Libitum Ofrecerase unha homenaxe a Alberte de Esteban Gracia   O Concello de Padrón celebrará este luns 14 de abril a segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, un evento institucional creado en 2024 para honrar ás vítimas da represión franquista e promover valores como a xustiza e a liberdade. O acto, que se celebra no Auditorio Municipal ás 18:00 horas,…
O evento conta cunha ampla programación de concursos morfolóxicos, exhibicións e un gran espectáculo ecuestre Repartiranse máis de 3.000 euros en premios nos concursos morfolóxicos O Concello de Padrón acollerá o domingo 20 de abril a súa tradicional Feira Cabalar da Pascua, unha cita centenaria que se consolida como unha das máis relevantes no calendario ecuestre galego. Centos de gandeiros, criadores, afeccionados e visitantes reuniranse no Campo da Barca para participar nun evento que combina tradición, competitividade e espectáculo. A xornada arrancará ás 9:30 horas coa retirada de dorsais na mesa da organización para os concursos morfolóxicos de todas as…
Páxina 8 de 81

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…