-->

O alcalde de Padrón visita en Teo os traballos de exhumación dunha fosa con corpos de membros da resistencia antifranquista

  • Os traballos, dirixidos polo grupo de Histagra da USC, recuperaron os restos de catro guerrilleiros, entre os que posiblemente se atopen os dun veciño de Iria Flavia

  • Anxo Arca destaca a importancia desta actuación para dignificar a memoria dos represaliados e devolverlles ás familias os corpos co respecto que merecen

20251119 visita fosa Teo 8

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado da concelleira Mariló Saco, desprazouse esta mañá ao cemiterio de Santa María de Luou, en Teo, para coñecer os traballos de estudo e exhumación que o grupo de investigación Histagra (Historia Agraria e Política do Mundo Rural) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a realizar nunha fosa da resistencia armada antifranquista.

Durante a intervención estanse a recuperar os restos de catro guerrilleiros, entre os que probablemente se atope Manuel Agrasar Cajaraville, veciño da Matanza (Iria Flavia), así como Ricardo Fernández Carlés, natural de Pontecesures. Xunto a eles, foron localizados Florentino Menéndez Palacios, de Sama de Langreo, e Vicente López Novo, de Santa Uxía de Ribeira. Todos pertencían á V Agrupación guerrilleira, dirixida por Benigno Andrade, ‘Foucellas’, abatidos o 19 de maio de 1948 durante un enfrontamento en Loureiro (Luou), segundo distintas hipóteses históricas e testemuñas veciñais.

No cemiterio estiveron presentes tamén hoxe o xenro, a neta e a bisneta de Manuel Agrasar Cajaraville, que puideron seguir de cerca o proceso e recibir información directa do equipo investigador.

 ALI6507

Durante a visita, Anxo Arca e Mariló Saco coñeceron de preto o proceso de escavación e análise forense de mans de Lucía Santiago, coordinadora en campo e investigadora de Histagra, e de Sergio Sánchez, director da intervención arqueolóxica.

O alcalde resaltou o valor deste achado para preservar a lembranza das persoas ás que lles foi arrebatada a súa vida pola súa orientación ideolóxica, por defender o dereito á liberdade e para devolver ás familias os corpos co respecto que merecen. Destacou tamén a relevancia desta exhumación para Padrón e a contorna, ao recuperar a memoria de posibles veciños que participaron na resistencia antifranquista.

Arca volveu trasladar o apoio de Concello ao grupo investigador e solicitoulle que, unha vez concluída a investigación, poida celebrarse unha conferencia en Padrón para dar a coñecer os achados, situar a intervención no seu contexto histórico e honrar a memoria destas vítimas da represión franquista.

20251119 visita fosa Teo 10

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…