Novas recentes

A iniciativa, que se celebrará os días 6 e 7 de febreiro, está aberta á participación de bares e restaurantes da vila  Os establecementos interesados deberán confirmar a súa inscrición antes do 16 de xaneiro   O Concello de Padrón, a través de Padrón Turismo, pon en marcha Sabores de Padrón: a ruta da croqueta, unha nova iniciativa gastronómica que nace co obxectivo de poñer en valor a creatividade da hostalería local e dinamizar a vida social e económica da vila cun evento singular e pioneiro en Galicia. A ruta celebrarase o venres 6 e sábado 7 de febreiro, convertendo…
Centos de persoas acompañaron a Melchor, Gaspar e Baltasar nun percorrido que combinou actos simbólicos, participación veciñal e encontro coa cativada   A tarde deste 5 de xaneiro deixou en Padrón imaxes para o recordo coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis, unha cita que transformou as rúas da vila nun espazo de encontro, emoción e maxia compartida entre xeracións. Ás 17.00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron a súa entrada na Avenida de Compostela, dando comezo a un percorrido que continuou por As Lágrimas e o paseo do Espolón. Ao longo do traxecto, a música, a animación e os…
A proba recadou máis de 500 quilos de alimentos para Cáritas de Padrón e converteuse nunha festa deportiva e familiar Máis de 500 persoas participaron na segunda edición da San Silvestre Padronesa, unha cita deportiva e solidaria que se consolidou no calendario de Nadal do Concello de Padrón e que permitiu despedir o ano 2025 dun xeito saudable, participativo e comprometido coa solidariedade. A iniciativa tivo tamén un importante compoñente social, xa que Cáritas de Padrón recibiu un quilo de alimentos non perecedoiros por cada persoa participante, superando así os 500 quilos recadados para apoiar ás familias que máis o…
A Xunta de Goberno Local do Concello de Padrón aprobou, na súa sesión celebrada o pasado 23 de decembro de 2025, as datas oficiais de celebración da Festa da Pascua 2026, en cumprimento do establecido na condición 11 do prego que rexe a licitación das autorizacións para o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais durante o período 2024-2027. Segundo o acordo adoptado, a planificación das festas será a seguinte: inicio da montaxe das instalacións terá lugar o 22 de marzo de 2026, a partir das 19.00 horas, unha vez recollido o mercado dominical e…
A Igrexa de Santiago acolleu a tradicional conmemoración, que reuniu veciñanza e persoas visitantes arredor dun dos sinais de identidade máis recoñecibles da vila  ||   O deán da Catedral de Santiago, Manuel Jesús Formoso, oficiou a misa solemne coa participación da Coral Polifónica Padronesa  ||   A Banda Municipal de Padrón ofreceu un concerto de Nadal e permitiuse o acceso á cámara do Pedrón, peza clave da tradición xacobea  ||     O Concello de Padrón celebrou na tarde deste martes a Conmemoración da Traslatio do Apóstolo Santiago, un dos episodios máis emblemáticos da tradición xacobea, que lembra a chegada por…
Os atuendos propios destas datas puxeron a nota de cor nun percorrido de ao redor de 9 quilómetros por distintas paraxes do municipio // Os peques gozaron dunha xincana infantil no Paseo do Espolón // Ao remate da proba, os asistentes compartiron unha chocolatada e participaron no sorteo de distintos agasallos // Preto de 200 persoas participaron esta mañá na primera Papanoelada Ciclista de Padrón. A cita reuniu persoas de todas as idades, con moitas familias e o concelleiro de Deportes Luis Mariño entre os asistentes, dispostas a gozar dunha actividade deportiva e festiva ao aire libre nunha mañá de…
A oferta de emprego público de 2025, aprobada este venres, inclúe cinco postos: un oficial xefe e dous axentes de Policía Local, un oficial e un peón condutor de obras // O luns aprobouse tamén a convocatoria dunha praza de traballador/a social e outra de administrativo/a //   O Concello de Padrón reforzará a súa estrutura municipal coa aprobación da oferta de emprego público correspondente ao ano 2025, que se suman á convoctoria doutras dúas prazas máis, iniciativas que teñen como fin mellorar a atención á cidadanía e a capacidade de xestión dos servizos municipais. Este venres, 26 de decembro,…
O percorrido comezará as 17.00 horas na Avenida de Compostela, para seguir por As Lágrimas e o paseo do Espolón O cortexo real visitará ao Belén vivente na Igrexa de Santiago e será recibido no Concello pola Corporación Municipal  Dende este luns poderán recollerse os vales para subir de balde no carrusel de cabaliños   O Concello de Padrón prepárase para vivir unha das tardes máis agardadas do ano. O vindeiro luns, 5 de xaneiro de 2026, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas da vila nunha celebración que conxuga o fervor das tradicións locais coa…
A carreira celebrarase o 7 de febreiro de 2026 con saída e chegada dende o Campo do Souto A da limite para apuntarse é mércores 4 de febreiro de 2026 ás 23.59 horas  A participación é gratuíta ata a categoría sub14, mentres que paras as carreiras de 5K e 10K establécense dous tramos de prezo O Concello de Padrón abre hoxe martes, 16 de decembro, o prazo de inscrición para a XXIII edición da Padrón 10K, unha cita xa plenamente consolidada como referente no calendario atlético galego, que se celebrará o sábado 7 de febreiro de 2026 con saída e…
O Concello de Padrón distingue ‘A lingua dos ósos’ entre as 168 obras presentadas  O xurado destacou a complexidade temática, o estilo depurado e a forza dunha voz literaria que combina crudeza, lirismo e mirada universal  O autor, inmensamente agradecido, dedica o relato ás súas vivencias profesionais en Serbia O escritor Fran Fernández Davila resultou gañador do XXXV Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, convocado polo Concello de Padrón, coa obra titulada A lingua dos ósos. O xurado destacou “a complexidade temática do relativo, o estilo pulido e a combinación dunha voz que combina a crudeza dunha realidade afastada…
Páxina 9 de 90

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…