Novas recentes

A iniciativa desenvolverase entre hoxe e o 30 de maio e sorteará 1.000 euros en tarxetas prepago entre as persoas participantes   O Concello de Padrón, xunto ao de Rois e de Dodro participarán desde hoxe venres, 15 de maio, nunha nova edición da campaña autonómica Merca no teu Comercio, unha iniciativa impulsada pola Federación de Comercio da Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar as compras no comercio de proximidade e dinamizar a actividade económica local. A campaña desenvolverase ata o 30 de maio de 2026 e levarase a cabo simultaneamente…
A vila acollerá do 18 ao 20 de maio charlas e obradoiros en diferentes locais hostaleiros para achegar a ciencia á cidadanía dun xeito ameno e participativo Nesta innovadora iniciativa falarase sobre temas de interese coma os incendios, a medicina personalizada, a realidade virtual ou os pementos de Padrón O programa inclúe actividades gratuítas para todas as idades, con talleres infantís e para adultos e divulgación sobre mulleres científicas O Concello de Padrón súmase por primeira vez ao festival internacional Pint of Science, convertendo a vila durante tres días nun punto de encontro entre ciencia e cidadanía ao transformar varios…
Música, teatro e tradición coral protagonizan unha programación aberta á veciñanza durante o mes de maio Comezará o venres 15 co espectáculo para público familiar ‘Brincadeiras da lingua’, de Migallas Teatro, e pecharase o sábado 30 co concerto de Uxía ‘Indómitas. Cancións begoñísimas’ O Festival das Letras Galegas, organizado pola Coral Polifónica Padronesa, terá lugar o sábado 16 de maio   O Concello de Padrón presenta a programación das Letras Galegas 2026, unha proposta cultural diversa e participativa coa que se rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño Rascado, figura á que este ano se lle dedica a celebración…
O programa inclúe ximnasia de mantemento e camiñadas saudables adaptadas á poboación maior O prazo de inscrición abre o próximo mércores 13 de maio   O Concello de Padrón, en colaboración con ATEGAL, pon en marcha un novo ciclo de actividades deportivas dirixidas á poboación sénior durante os meses de xuño e xullo, no marco do programa das Aulas Sénior de Padrón. A proposta está deseñada para fomentar o benestar físico e emocional das persoas maiores, ofrecendo dúas modalidades adaptadas ás súas necesidades. Por unha banda, a actividade de ximnasia de mantemento, que contará con dous grupos en horario de…
A actuación, financiada polo POS+ da Deputación da Coruña, permitiu modernizar unhas instalacións desgastadas tras máis de dúas décadas de uso A reforma incluíu a renovación do céspede artificial, así como do sistema de rego e do valado perimetral do terreo de xogo O Concello de Padrón completou a intervención con melloras nos vestiarios, incorporando un espazo específico para xogadoras O alcalde celebra que, “ás portas do seu centenario, co campo renovado, o Sar continuará facendo historia e sendo un orgullo para Padrón”   Este domingo, 3 de maio, inaugurouse o novo campo de fútbol do Sar, tras a completa…
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e desenvolverase durante os meses de xullo e agosto Inclúe actividades educativas, lúdicas e saídas, favorecendo a conciliación das familias no período estival   O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns 4 de maio o prazo de inscrición para participar no programa Concilia Verán 2026, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período estival. A actividade desenvolverase no CEIP Flavia e está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, cun horario de 7.45 a 15.15…
‘Desfruta o Padrón Xacobeo co teu can’ consistirá nunha ruta guiada de 3 km, gratuíta e pensada para as persoas que queiran desfrutala na compañía dos seus animais Con esta proposta innovadora, Padrón dá un paso máis cara a un modelo turístico máis sostible, inclusivo e adaptado ás novas demandas, “pois cada vez máis persoas viaxan coas súas mascotas e buscan experiencias de calidade e en contacto coa natureza”, destaca a concelleira de Turismo, Chus Campos O Concello de Padrón, en colaboración coa axencia de viaxes pet friendly Rekunchos, presenta unha nova proposta turística innovadora baixo o título Desfruta o…
A iniciativa inclúe rutas culturais, visitas guiadas, actividades gastronómicas e propostas de turismo activo ao longo de todo o ano O Concello reforza a colaboración con entidades e empresas locais para consolidar un modelo turístico sostible e de calidade   O departamento de Turismo do Concello de Padrón deseñou para 2026 un ambicioso programa integral de promoción turística que inclúe máis de 50 accións e actividades ao longo de todo o ano, orientadas á dinamización do territorio, á posta en valor do patrimonio e á promoción dun turismo sostible e responsable. Esta planificación abrangue propostas que combinan cultura, natureza, gastronomía…
O uso do móbil, a reflexión educativa e o documentalismo fotográfico centran os seminarios O programa desenvolverase do 8 ao 15 de xuño, con matrícula gratuíta O programa universitario de maiores IV Ciclo da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en xuño ao Concello de Padrón cunha nova edición dirixida ás persoas maiores de 50 anos, ofrecendo formación universitaria gratuíta e de calidade. A iniciativa desenvolverase entre os días 8 e 15 de xuño, en horario de 16.30 a 18.00 horas, e inclúe tres seminarios temáticos de dúas sesións cada un. A matrícula é gratuíta e pode formalizarse no…
A xornada comezará ás 11.45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón A veciñanza que queira asistir ao xantar para maiores de 60 anos e pensionistas deberá retirar a súa invitación no centro social ata o día 4 de maio e realizar un ingreso de 10 euros   O Concello de Padrón celebrará o vindeiro mércores 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio, unha das citas máis arraigadas no calendario local, que cada ano combina tradición relixiosa, música e un espazo de encontro para a veciñanza. A programación dará comezo ás 11.45 horas coa…
Páxina 4 de 89

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…