-->

O Concello de Padrón abre o prazo de inscrición para a XXIII Padrón 10K

  • A carreira celebrarase o 7 de febreiro de 2026 con saída e chegada dende o Campo do Souto

  • A da limite para apuntarse é mércores 4 de febreiro de 2026 ás 23.59 horas 

  • A participación é gratuíta ata a categoría sub14, mentres que paras as carreiras de 5K e 10K establécense dous tramos de prezo

10K Padrón   03.02.2024  792

O Concello de Padrón abre hoxe martes, 16 de decembro, o prazo de inscrición para a XXIII edición da Padrón 10K, unha cita xa plenamente consolidada como referente no calendario atlético galego, que se celebrará o sábado 7 de febreiro de 2026 con saída e meta no Campo do Souto.

A competición, organizada polo Concello de Padrón coa colaboración da Deputación da Coruña, a Federación Galega de Atletismo e Kaiku-Protein, está aberta a persoas corredoras de todas as idades, con ou sen licenza federativa, e contará co control do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. A proba forma parte do Calendario Oficial da FGA.

Percorridos homologados e ampla participación

Un ano máis, a Padrón 10K ofrecerá carreiras adaptadas a todas as idades, desde os 60 metros das categorías pitufo ata os 10 quilómetros absolutos, incluíndo tamén a proba de 5K.

As carreiras escolares abrirán a xornada deportiva a partir das 16.00 horas, mentres que a 5K dará comezo ás 16.50 h e a proba estrela, a 10K, iniciarase ás 17.40 h.

As categorías pitufo e prebenxamín manterán o seu carácter non competitivo, promovendo a participación e o deporte base, mentres que o resto das categorías, desde sub10 ata máster, competirán con clasificacións oficiais. Os circuitos de 5K e 10K están homologados pola Real Federación Española de Atletismo, polo que as marcas obtidas computarán para os rankings oficiais.

Inscricións abertas ata o 4 de febreiro

As inscricións poderán realizarse ata as 23.59 horas do mércores 4 de febreiro de 2026 a través da plataforma www.emesports.es

A participación nas categorías escolares ata sub14 será de balde, mentres que para as carreiras de 5K e 10K establécense dous tramos de prezo; 7 € ata o 23 de xaneiro de 2026, e 9 € do 24 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026. Cada participante poderá inscribirse nunha única distancia, 5K ou 10K.

Premios en metálico e trofeos

A carreira de 10K contará con premios en metálico para a clasificación absoluta masculina e feminina, con 250 €, 150 €, 75 € e 50 € para os catro primeiros postos, ademais dun premio especial de 50 € para o mellor corredor ou corredora local.

Tamén se entregarán trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, aos mellores equipos, ao club ou centro educativo con maior participación, ao participante de máis idade que remate a proba e aos mellores atletas das carreiras de 5K. As categorías escolares recibirán medallas e obsequios.

A entrega de premios celebrarase no Auditorio Municipal do Centro Social ás 19.15 horas, unha vez finalizadas as probas absolutas.

A organización porá á disposición das persoas participantes servizos de cronometraxe por chip, avituallamento, gardarroupa, duchas nos pavillóns municipais, atención sanitaria, seguro deportivo, fotografía profesional e sinalización completa do percorrido.

O Concello de Padrón organiza a XXIII Padrón 10K como un evento que transcende a simple competición deportiva, consolidándose como unha celebración do atletismo popular, fomentando hábitos de vida saudables, a convivencia interxeracional e a proxección deportiva do municipio.

Podes consultar o regulamento e as bases premendo neste enlace.

Consulta os percorridos: 

PLANOS PERCORRIDOS PADRON10K page 0001

PLANOS PERCORRIDOS PADRON10K page 0002

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…