-->

O Concello de Padrón impulsa ‘Sabores de Padrón: a ruta da croqueta’ para dinamizar a hostalería local

  • A iniciativa, que se celebrará os días 6 e 7 de febreiro, está aberta á participación de bares e restaurantes da vila 

  • Os establecementos interesados deberán confirmar a súa inscrición antes do 16 de xaneiro

 

O Concello de Padrón, a través de Padrón Turismo, pon en marcha Sabores de Padrón: a ruta da croqueta, unha nova iniciativa gastronómica que nace co obxectivo de poñer en valor a creatividade da hostalería local e dinamizar a vida social e económica da vila cun evento singular e pioneiro en Galicia.

A ruta celebrarase o venres 6 e sábado 7 de febreiro, convertendo Padrón nun punto de encontro arredor dun produto tan popular como versátil: a croqueta. Trátase dun clásico da gastronomía que goza dunha ampla aceptación entre todos os públicos e que servirá como fío condutor para atraer veciñanza e visitantes durante varios días.

A participación está aberta a todos os bares e restaurantes da localidade, cun formato sinxelo e flexible, pensado para facilitar a implicación do sector. Cada establecemento poderá elaborar a súa propia croqueta, escollendo libremente o sabor ou a proposta culinaria que desexe presentar.

En canto ao funcionamento da ruta, proponse un prezo de venda de 2,50 euros, sendo cada local quen decida se ese importe corresponde a unha única croqueta ou a unha ración composta por varias unidades. O horario establecido será o venres de 20.00 a 23.00 horas, e o sábado de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas

Os establecementos interesados en participar deberán confirmar a súa inscrición antes do 16 de xaneiro a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Desde o Concello de Padrón e Padrón Turismo anímase á hostalería local a formar parte desta proposta colectiva, que busca sumar esforzos, fomentar a colaboración e crear unha experiencia gastronómica atractiva que contribúa a reforzar a imaxe de Padrón como destino de referencia tamén no ámbito culinario.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…