-->

A I Papanoelada Ciclista de Padrón xunta preto de 200 persoas de todas as idades nunha mañá solleira

  • Os atuendos propios destas datas puxeron a nota de cor nun percorrido de ao redor de 9 quilómetros por distintas paraxes do municipio //

  • Os peques gozaron dunha xincana infantil no Paseo do Espolón //

  • Ao remate da proba, os asistentes compartiron unha chocolatada e participaron no sorteo de distintos agasallos //

Preto de 200 persoas participaron esta mañá na primera Papanoelada Ciclista de Padrón. A cita reuniu persoas de todas as idades, con moitas familias e o concelleiro de Deportes Luis Mariño entre os asistentes, dispostas a gozar dunha actividade deportiva e festiva ao aire libre nunha mañá de frío pero na que luciu o sol. Os disfraces e atuendos propios destas datas puxeron a nota de cor e animaron a xornada, remarcando o seu carácter festivo. O alcalde, Anxo Arca, seguiu dende o público o desenvolvemento da proba.

O día solleiro foi o acompañante perfecto para pedalear e facer algo de exercicio percorrendo distintas paraxes do municipio padronés nun itinerario de ao redor de 9 quilómetros con saída e meta no Espolón. A maiores, os máis peques puideron gozar dunha xincana  infantil que lle deu dúas voltas ao paseo.

Ao remate da Papanoelada, todos os ciclistas tiveron ocasión de compartir unha chocolatada con rosca que serviu para quentar o corpo e recuperar forzas. Ademais, participaron en distintos sorteos de agasallos relacionados co mundo da bicicleta, doados polo Club Ciclista Padronés Cortizo, así como dunha cesta de Nadal ofrecida pola empresa de telecomunicacións Fibritel.

O Concello de Padrón quere agradecer a colaboración da Policía Local e de Protección Civil, que acompañaron a proba para garantir o seu bo desenvolvemento e a seguridade das persoas participantes.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…