-->

Máis de 500 persoas despediron o ano na II San Silvestre Padronesa cun marcado carácter solidario

A proba recadou máis de 500 quilos de alimentos para Cáritas de Padrón e converteuse nunha festa deportiva e familiar

20251231 Padron Mais 500 persoas na San Silvestre 38

Máis de 500 persoas participaron na segunda edición da San Silvestre Padronesa, unha cita deportiva e solidaria que se consolidou no calendario de Nadal do Concello de Padrón e que permitiu despedir o ano 2025 dun xeito saudable, participativo e comprometido coa solidariedade.

A iniciativa tivo tamén un importante compoñente social, xa que Cáritas de Padrón recibiu un quilo de alimentos non perecedoiros por cada persoa participante, superando así os 500 quilos recadados para apoiar ás familias que máis o precisan.

Persoas de todas as idades, moitas delas en familia, completaron os case seis quilómetros do percorrido, ben correndo, andando, en bicicleta ou mesmo en patinete, nun ambiente festivo no que non faltaron os disfraces, sendo especialmente numerosos os gorros de Papá Noel.

Ao remate da proba, as persoas participantes puideron repoñer forzas con churros e chocolate quente, poñendo o peche a unha xornada marcada pola convivencia, o deporte e o espírito do Nadal.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o concelleiro Luis Mariño estiveron presentes na saída da proba, na que tamén participou a tenente de alcalde, Chus Campos Varela, mostrando así o apoio institucional a unha actividade que fomenta hábitos de vida saudables e valores solidarios.

Desde o Concello de Padrón destacan o éxito de participación e agradecen a colaboración de todas as persoas participantes, entidades implicadas e voluntariado.

20251231 Padron Mais 500 persoas na San Silvestre 44

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…