-->

O Programa Integrado de Emprego Dodro 2024-25 logra a inserción laboral do 41% do alumnado

  • O alcalde en funcións, Luis Mariño, asistiu ao acto de clausura celebrado este luns en Dodro

  • Durante nove meses estivéronse formando un cento de persoas dos municipios de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Valga e Catoira

20250925 Padron Rois clausura Programa Integrado Emprego 2024 25 9O alcalde en funcións de Padrón, Luis Mariño, asistiu esta mañá ao acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2024-25 no que participan os concellos de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures, Catoira e Valga. Un cento de persoas desempregadas de diferentes colectivos estivéronse formando durante nove meses e, ao remate do PIE, o 41% delas estaban xa traballando.

Luis Mariño destacou a importancia da colaboración entre diferentes administracións que permite poñer en marcha iniciativas que axudan á veciñanza dos seis concellos atopar un posto de traballo. Mariño felicitou o alumnado que atopou un posto de traballo neste programa integrado de emprego.

Tamén o alcalde de Dodro, Xabier Castro, incidiu na importancia da colaboración entre os seis concellos para desenvolver esta iniciativa, e anunciou que xa están traballando para solicitarlle á Xunta unha nova edición do programa integrado de emprego, que sería a undécima. Tamén agradeceu a colaboración das empresas da comarca por facilitar tanto que o alumnado puidese facer prácticas durante a súa formación como por darlle unha oportunidade laboral. “Este é o ano que conseguimos unha maior taxa de inserción laboral entre o alumnado, con 41 contratos xa formalizados”, explicou Xabier Castro.

No acto tamén interviñeron a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino; a tenente de alcalde de Rois, Mercedes Bastante; e a directora xeral de Emprego e Formación da Xunta, Zeltia Lado.

As autoridades entregaron os diplomas de profesionalidade que acadaron as persoas que participaron neste programa integrado de emprego. Ao remate do PIE, 41 das 100 persoas que se formaron conseguiron incorporarse ao mercado laboral, superando deste xeito o 37% de inserción laboral que esixía a Xunta de Galicia, que financiou este programa cunha achega de 220.000 euros da Consellería de Emprego.

Antes da clausura oficial do PIE, o alumnado participou nunha xornada na que representantes de seis empresas da comarca lles explicaron que perfís profesionais están a buscar, déronlles orientacións para presentar os currículos e consellos para que lles sexa máis doado atopar un posto de traballo. Nesta sesión participaron representantes  de Conservas Cerqueira, Stac, Cortizo, Finsa, Ana Muñiz e Servicios Integrais de Formación.

O Programa Integrado de Emprego Dodro 2024-2025 ofreceulle ao alumnado un amplo abano de actuacións, como información e asesoramento laboral personalizado, formación en sectores clave como a industria alimentaria, fabricación mecánica, téxtil, administración e xestión, comercio, hostalería, turismo, servizos á comunidade, sociosanitarios e de imaxe e son. O alumnado tamén participou en obradoiros de coaching e de intelixencia emocional, desenvolvemento habilidades sociais, entrevistas laborais e prácticas non laborais, así como accións de fomento ao autoemprego e de colaboración con empresas da zona.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…