-->

O Concello de Padrón encarga un proxecto para converter a antiga escola de Pazos en vivendas sociais

  • O edificio, pechado pola Xunta en 2017, podería acoller ata catro vivendas sociais

  • A actuación busca recuperar o inmoble máis grande das antigas escolas unitarias do municipio

1

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, informou esta mañá da intención do goberno padronés de transformar o edificio da antiga escola infantil de Pazos en varias vivendas sociais. Para este fin, o concello encargou xa a redacción dun proxecto que permita “volver darlle vida e utilidade a este edificio que leva anos abandonado”.

O estado de deterioro e abandono no que se atopa o inmoble pode constatarse nas fotografías aportadas polo Concello.

A antiga escola de Pazos foi pechada pola Xunta no ano 2017 e, desde esa data, permaneceu sen actividade nin labores de mantemento, o que acelerou o seu deterioro. Cómpre lembrar que se trata da antiga escola unitaria co edificio máis grande das existentes no municipio.

2

Tendo en conta a carencia de vivenda social en Padrón, semella axeitado e necesario volver a darlle utilidade a espazos que actualmente só aportan unha imaxe de decadencia.

O proxecto contempla a posibilidade de albergar ata catro vivendas, dúas na planta baixa e dúas no primeiro andar. Non obstante, no caso de reservar parte do inmoble para uso público, a capacidade reduciríase a tres ou a dúas vivendas na planta superior.

Nunha próxima xira de xuntanzas do Goberno municipal coa veciñanza, o alcalde escoitará a opinión da veciñanza de Pazos a este respecto para que a actuación conte cun carácter participativo.

Con esta iniciativa, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa vivenda e coa recuperación do patrimonio municipal en desuso que os anteriores gobernos do Partido Popular deixaron completamente abandonados.

4

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…