-
As clases están abertas a persoas de todas as idades e desenvolveranse entre outubro de 2025 e xuño de 2026
-
As inscricións permanecerán abertas ata dez días antes de cada actividade
O Concello de Padrón continúa apostando pola formación dixital da veciñanza e pon en marcha un completo programa de cursos gratuítos de informática e novas tecnoloxías, abertos a persoas de todas as idades, que se desenvolverán entre outubro de 2025 e xuño de 2026.
A iniciativa contempla unha sesión ao mes, que se impartirá tanto na Aula CeMIT de Padrón (Campo do Souto nº2) como noutras parroquias do municipio, concretamente en Queiruga, A Ponte, Estramundi, Carcacía, Pazos, Cortiñas e Bascuas.
Os contidos están pensados para responder a necesidades prácticas da vida diaria. Inclúense aspectos como o uso seguro de internet en diferentes franxas de idade, o manexo de aplicacións e ferramentas dixitais, a realización de trámites en liña e o uso da banca dixital. Tamén se abordarán recursos creativos, proxectos vinculados á intelixencia artificial e iniciación ao uso básico da rede.
As sesións terán lugar en horario de 17:00 horas e requirirán un grupo mínimo de 12 persoas. As persoas asistentes poderán empregar o seu propio dispositivo ou utilizar os ordenadores dispoñibles no local.
As inscricións permanecerán abertas ata dez días antes de cada actividade e poderán formalizarse presencialmente na Aula CeMIT, a través da páxina web www.padron.gal, no teléfono 675 748 812, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou mediante o código QR que figura no cartel informativo.
O programa está financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e conta coa colaboración de Cibervoluntarios.org, YoConecto.org e o Programa Generación D.
_page-0001.jpg)
_page-0002.jpg)
Galego
Español 



