-->

Padrón consolida o programa de estimulación cognitiva de Agadea Alzheimer na Casa dos Capeláns

  • O programa atende a nove persoas con deterioro cognitivo leve ou diagnóstico de demencia, con actividades que promoven o benestar físico e emocional

20250922 Padron Anxo arca marilo saco visitan servizo Agadea Alzheimer 2

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Servizos Sociais, Marió Saco, visitaron este luns 22 de setembro o centro de estimulación cognitiva que acolle a Casa dos Capeláns, en Iria Flavia. Desde a súa inauguración en decembro de 2024, o programa de estimulación cognitiva que ofrece Agadea Alzhéimer en Padrón segue consolidándose como un recurso de referencia na atención a persoas con deterioro cognitivo ou diagnóstico de demencia. Esta iniciativa naceu da colaboración entre o Concello e a asociación para dar resposta á crecente demanda da veciñanza, que requiría atención especializada para mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias e ofrecer apoio ás súas familias.

A Casa dos Capeláns ten xa, por tanto, un uso social útil e regular, albergando esta iniciativa que redunda en beneficio tanto dos nosos maiores como das súas familias.

A Concelleira de Servizos Sociais, Mariló Saco, confirma o alto grao de satisfacción tanto das persoas usuarias como do goberno municipal. “A xente está moi contenta e creemos que estamos a cumprir co obxectivo que nos marcamos coa súa posta en marcha. Sabiamos que era un recurso moi necesario nun concello como o noso, cunha poboación envellecida que precisa coidados, así como para as familias que tamén necesitan un tempo de respiro para conciliar coa súa rutina profesional e persoal”.

Esta iniciativa desenvólvese na Casa dos Capeláns, en Iria Flavia e foi posible grazas á colaboración do Concello de Padrón, “tanto desde a alcaldía como desde os Servizos Sociais, que decidiron dedicar un espazo adecuado, deseñado especificamente para favorecer actividades que promoven a estimulación cognitiva e o benestar emocional dos participantes”, indica Lucía Fandiño, coordinadora do servizo que ofrece Agadea Alzhéimer.

Actualmente, o programa atende a un grupo de nove persoas con deterioro cognitivo leve ou diagnóstico de demencia, contando cun equipo formado por unha educadora social e unha xerocultora que ofrecen atención diaria personalizada. Ademais, recibe o respaldo dunha neuropsicóloga e dunha traballadora social, encargadas das valoracións de ingreso e do seguimento continuo dos usuarios e das súas familias. “O perfil dos usuarios permite que continúen activos na súa vida diaria sen requirir atención en centros de día, e podemos traballar cun máximo de doce persoas con características similares”, engade Lucía Fandiño.

Entre as actividades que se realizan destacan exercicios de orientación témporo-espacial, tarefas cognitivas individuais e grupais, xerontoximnasia e ocio recreativo. O programa tamén fomenta a integración coa comunidade mediante actividades interxeracionais coa escola infantil de Padrón e visitas culturais, como ao Museo de Camilo José Cela ou ao Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas.

Mariló Saco engade que “esta iniciativa é un exemplo do compromiso do goberno municipal por mellorar a calidade de vida da veciñanza, adaptando recursos ás necesidades reais do concello e apoiando ás familias en situacións complexas”. A concelleira admite que “se trata dun primeiro paso; seguimos a traballar para ampliar a atención e mellorar as condicións, garantindo que cada iniciativa do Concello siga centrada nas persoas e no benestar da comunidade”.

20250922 Padron Anxo arca marilo saco visitan servizo Agadea Alzheimer 5

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…