-->

Padrón garante un inicio de curso escolar con centros educativos renovados e en óptimas condicións

  • O Concello executou traballos de mellora para a posta a punto das instalacións antes da volta ás aulas

  • O obxectivo é garantir que alumnado e profesorado dispoñan de espazos seguros, cómodos e renovados para desenvolver a súa actividade diaria

Diseño sin título

O alumnado de Padrón incorporouse este luns, 8 de setembro, ao novo curso escolar en centros que presentan un mellor aspecto grazas ao plan de traballos de acondicionamento impulsado polo Concello durante o verán. O goberno local programou diferentes actuacións co obxectivo de que os colexios estivesen listos e en óptimas condicións para a volta ás aulas.

As intervencións abrangueron labores de pintado e mantemento de infraestruturas, como as realizadas no CEIP A Ponte, onde se pintaron aulas, se arranxaron caleiro e accesos, ou no Rosalía de Castro, onde se renovaron tres aulas e xa se está a tramitar a substitución do caleiro do patio cuberto.

Outro bloque de traballos centrouse na mellora de instalacións e servizos básicos, como no CEIP Arretén, onde se renovaron enchufes, se arranxou a casiña do patio e o Concello colaborou con man de obra de fontanaría, albanelería e electricidade para o acondicionamento da cociña do comedor.

En materia de espazos exteriores e zonas de lecer, destaca a intervención integral no CEIP Flavia, que incluíu a retirada de palmeiras, a ampliación do aparcamento do profesorado, a posta en valor do antigo horto como zona de xogos e a renovación do mobiliario urbano con bancos, papeleiras, mesas e macetas novas.

Xunto con estas melloras, continuouse co labor ordinario de coidado das zonas verdes e dos areeiro.

20250809 actuacions centros escolares 27

O Concello ten previsto pechar nos vindeiros días pequenas melloras noutros centros, como a colocación de estores no CEIP de Extramundi ou o arranxo de persianas na Escravitude.

Con este conxunto de actuacións, o Concello de Padrón reitera o seu compromiso coa comunidade educativa e destaca o esforzo realizado, que combina investimentos, planificación e traballos de mantemento continuo. O obxectivo é garantir que alumnado e profesorado dispoñan dunhas instalacións seguras, cómodas e renovadas para desenvolver a súa actividade diaria.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…