-->

Padrón celebra o 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio cun programa que mestura tradición relixiosa, música e confraternidade

  • A xornada comezará ás 11.45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón

  • A veciñanza que queira asistir ao xantar para maiores de 60 anos e pensionistas deberá retirar a súa invitación no centro social ata o día 4 de maio e realizar un ingreso de 10 euros

 

O Concello de Padrón celebrará o vindeiro mércores 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio, unha das citas máis arraigadas no calendario local, que cada ano combina tradición relixiosa, música e un espazo de encontro para a veciñanza.

A programación dará comezo ás 11.45 horas coa recepción oficial das autoridades na Casa do Concello. A continuación, ás 11.55 h, terá lugar a tradicional procesión do santo patrón ata a igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne, que contará coa participación da Coral Val do Sar, encargada de poñer o acompañamento musical á liturxia. Ao remate, ás 12.45 horas, a praza de Macías converterase no escenario da sesión vermú, amenizada polos padroneses UYF’75, o Grupo Unión y Fuerza fundado en 1975.

Outro momento importante da xornada será o tradicional xantar de confraternidade, para persoas maiores de 60 anos e pensionistas, que se celebrará ás 14.30 horas no Hotel Scala. Para participar nesta comida será necesario retirar previamente a invitación no centro social ata o día 4 de maio e realizar un ingreso de 10 euros no número de conta que se facilitará no propio centro. No caso das persoas non empadroadas, o custo do xantar será de 41 euros e as invitacións deberán recollerse directamente no Hotel Scala.

A programación completarase ás 21.00 horas cunha nova actuación musical do grupo UYF’75, que volverá subir ao escenario da praza de Macías para animar a bailar.

Desde o Concello de Padrón convídase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta celebración, que cada ano mestura tradición, música e convivencia nunha xornada pensada para todas as idades.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…