-->

Padrón acolle en xuño unha nova edición de ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ para maiores de 50 anos

  • O uso do móbil, a reflexión educativa e o documentalismo fotográfico centran os seminarios

  • O programa desenvolverase do 8 ao 15 de xuño, con matrícula gratuíta

20260417 Caminhos de conhecemento (2)

O programa universitario de maiores IV Ciclo da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en xuño ao Concello de Padrón cunha nova edición dirixida ás persoas maiores de 50 anos, ofrecendo formación universitaria gratuíta e de calidade.

A iniciativa desenvolverase entre os días 8 e 15 de xuño, en horario de 16.30 a 18.00 horas, e inclúe tres seminarios temáticos de dúas sesións cada un. A matrícula é gratuíta e pode formalizarse no Centro Social de Padrón, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 81 13 29.

20260417 Caminhos de conhecemento (1)

O primeiro dos seminarios terá lugar os días 8 e 9 de xuño baixo o título O uso do móbil, sácalle partido, impartido por Álvaro Dosil Rosende, profesor do Programa Universitario de Maiores da USC. Nesta proposta abordaranse as posibilidades que ofrecen os dispositivos móbiles no día a día, favorecendo un uso práctico e accesible da tecnoloxía.

A continuación, os días 10 e 11 de xuño, desenvolverase o seminario Pedagoxía, educación e desenvolvemento: (Re)pensar o papel da educación na actualidade, a cargo de Marcos Pequeño Goris, investigador da Facultade de Ciencias da Educación. A actividade convida á reflexión sobre o papel da educación nun contexto social en constante transformación.

A programación completarase os días 12 e 15 de xuño co seminario O documentalismo fotográfico: do Photo-Secession ás redes sociais, impartido pola investigadora Katia Cino Rouco, quen analizará a evolución da fotografía documental desde as súas orixes ata a súa presenza na era dixital.

O programa Camiños de coñecemento e experiencia forma parte do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC, unha iniciativa orientada á democratización do coñecemento e á promoción do envellecemento activo. Conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, e desenvólvese en quince concellos galegos.

Con esta proposta, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa formación ao longo da vida, ofrecendo á veciñanza oportunidades de aprendizaxe adaptadas aos seus intereses e necesidades.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…